Partido Nacionaldemocrático de Alemaña
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Partido Nacionaldemocrático de Alemaña | |
---|---|
Acrónimo | NPD |
Tipo | political party in Germany e Beobachtungsobjekt |
Ideoloxía | Neonazismo, nacionalismo étnico, Panxermanismo, populismo de dereita, Nacionalismo alemán, ultranacionalismo, Euroescepticismo, nacionalismo e antiglobalismo de dereita |
Área de operación | Alemaña |
Data de fundación | 28 de novembro de 1964 |
Nomeado en referencia a | Heimat |
Presidente/a | Peter Schreiber (en) (2024-) |
Secretario/a | Peter Marx |
Nº de membros | 6.701 (1990) |
Eventos/Actividades | NPD prohibition procedure e NPD prohibition procedure |
Sede | Berlín |
País | Alemaña |
Na rede | |
https://npd.de/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Partido Nacionaldemocrático de Alemaña (en alemán: Nationaldemokratische Partei Deutschland) é un partido político alemán de extrema dereita fundado o 28 de novembro de 1964 como sucesor do Partido do Imperio Alemán.
Historia
[editar | editar a fonte]Entre 1966 e 1969 entrou en sete Landtage, Baviera (15 deputados), Baden-Württemberg (12), Baixa Saxonia (10), Bremen (8), Renania-Palatinado (4) e Schleswig-Holstein (4). Nas eleccións federais de 1969 quedou sen representación no Bundestag co 4.3% dos votos e o partido entrou en crise quedando a partir de 1972 sen representación en ningún parlamento estatal.
Desde 1996 está dirixido por Udo Voigt e o NPD experimentou un avance electoral e estableceu acordos electorais con outro partido da extrema dereita, a Unión do Pobo Alemán para non competir electoralmente, así o NPD entrou no parlamento de Saxonia en 2004 co 9% dos votos e en 2006 (12 deputados) no de Mecklemburgo-Antepomerania co 7.3%. Nas eleccións federais de 2005 recibiu o 1.6% dos votos, conta con arredor de 6000 militantes (2006).
No ano 2003 o goberno e as dúas cámaras do parlamento tentaron ilegalizar o partido pero tras unha investigación descubriuse que unha parte dos dirixentes nacionais do partido eran axentes infiltrados do Ministerio do Interior e o Tribunal Constitucional non puido establecer cales eran as decisións xenuínas do partido e cales influenciadas polos axentes infiltrados para favorecer a súa ilegalización.
O NPD está contra a OTAN, é crítico coa Unión Europea e está contra a incorporación de Turquía nela, avoga por revisar as fronteiras de Alemaña para establecer o límite oriental na Liña Oder-Neisse.