Parador de Santo Estevo
O Parador de Santo Estevo é un Parador xestionado pola rede estatal de Paradores, que ocupa un antigo mosteiro beneditino en Nogueira de Ramuín, Ourense, na Ribeira Sacra.
O Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, de tres claustros, é, xunto cos de Celanova e Oseira, un dos cenobios máis importantes de Ourense e até de Galicia.
Edificado nunha terra de eremitas, a Ribeira Sacra a súa orixe remóntase ao século VI e está relacionado con Martiño de Dumio, o "Apóstolo dos suevos".[1]
Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional en 1923.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.
O ano 921 o rei Ordoño II cédeo ao abade Franquila, que o restaura e inicia unha etapa de esplendor. A fama de observancia relixiosa de Santo Estevo traspasou fronteiras e chegou a ser tan grande que nove bispos santos, que tiveron que abandonar as súas sedes a causa da invasión musulmá, elixírono para retirarse nel durante os séculos X e XI. Este feito fixo do mosteiro lugar de peregrinación, ao que acudían os fieis en busca dun milagre, que pedían aos bispos santos alí xacentes, ante o cofre de prata que contiña os seus aneis. Na súa honra construíuse no século XIII o Claustro dos Bispos, o máis antigo do cenobio.
No século XVI iníciase un proceso de transformación que culmina coa construción dos dous claustros renacentistas. O mosteiro pasa a ter un Colexio de Artes no que, até o século XIX, se formaron moitos monxes, entre eles o padre Feixoo.
A desamortización de Mendizábal, en 1835, supuxo o fin da vida monacal de Santo Estevo e acabou co seu esplendor. O mosteiro pasou a mans do Estado un ano despois.
En 1988, a iniciativa de Aurelio Miras Portugal, e de acordo co bispo de Ourense monseñor Carlos Osoro, acometeuse pola Xunta de Galicia a súa rehabilitación integral para uso hostaleiro, con proxecto do arquitecto Alfredo Freixedo Alemparte. En 2004, mediante un convenio, o Estado Español instala nel un Parador de Turismo para a dinamización turística da Ribeira Sacra.[2]
Coa inauguración do Parador de Santo Estevo comezou a posta en marcha do conxunto dos Paradores museo que xestiona a empresa Paradores Nacionais de Turismo, e que foi seguida polo Parador de Santiago e, despois, polos de Granada, Oropesa (Toledo), Cardona (Barcelona), Úbeda (Xaén) e León, até o momento actual.[3]
Informacións do Parador
[editar | editar a fonte]Servizos xerais
[editar | editar a fonte]- Aire acondicionado
- Bar
- Calefacción
- Cambio de moeda
- Garaxe
- Restaurante
- Salóns de conferencias e reunións
Nota: Non se admiten animais
Cuartos
[editar | editar a fonte]- Caixa forte
- Cuartos con salón: 1
- Cuartos duplos con dúas camas : 50
- Cuartos duplos con cama de matrimonio: 25
- Cuartos individuais: 1
- Minibar
- Teléfono
- Televisión
- Prazas totais: 153
Lecer e relax
[editar | editar a fonte]- Spa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Santo Estevo de Ribas de Sil Arquivado 25 de agosto de 2013 en Wayback Machine. (en castelán) Consultada o 5/2/2012.
- ↑ Parador. Museo. Santo Estevo de Ribas de Sil Arquivado 25 de agosto de 2013 en Wayback Machine. (en castelán) Consultada o 5/2/2012.
- ↑ Parador. Museo Arquivado 24 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán) Consultada o 5/2/2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio do Parador de Santo Estevo (en castelán) Consultada o 5/2/2012.