París-Niza
Tipo | carreira por etapas |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Organizador | Amaury Sport Organisation |
Localización e Datas | |
País | Francia |
Vixencia | 1933 – |
Calendario da tempada | marzo – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Cancelo | #ParisNice |
Páxina web oficial | paris-nice.fr |
París-Niza (en francés Paris-Nice) é unha carreira ciclista francesa por etapas creada en 1933 por Albert Lejeune, director do xornal Le Petit Niçois. É coñecida como a Carreira do Sol pola mellora meteorolóxica que adoita acompañalo tránsito da carreira do norte ao sur de Francia.
Por mor da segunda guerra mundial, a París-Niza desaparece trala edición de 1939. En maio de 1946 vólvese a celebrar, pero non ten continuidade os anos seguintes.
En 1951, o xornalista Jean Leulliot recupera a carreira, que dende entón se disputa ininterrompidamente cada mes de marzo. Entre 1951 e 1953 toma o nome de « Paris-Côte-d'Azur ». En 1954 retoma o nome orixinal de « París-Niza », que só se modifica en 1959 cando se disputa como París-Niza-Roma. Esta foi a edición máis longa da historia da carreira, con 1955 km percorridos en 11 etapas.
Dende 1982 ata 1999, Josette Leulliot, filla de Jean Leulliot, asume a dirección da carreira, que é traspasada a Laurent Fignon en 2000 e 2001. Dende 2002, a carreira de París-Niza é propiedade da sociedade A.S.O., organizadora do Tour de Francia e o París-Dakar entre outros eventos deportivos.
Dende a súa creación, a París-Niza foi unha das probas máis importantes do calendario, e por iso, entre os seus gañadores se atopa un gran número de ciclistas ilustres, entre os que destacan Sean Kelly (vencedor de sete edicións consecutivas de 1982 a 1988), Jacques Anquetil, Fred De Bruyne, Eddy Merckx, Raymond Poulidor, Joop Zoetemelk, Miguel Indurain, Tony Rominger, Laurent Jalabert ou Alberto Contador.
A pesar do seu nome, a carreira non sempre comeza en París senón en cidades próximas ou do sur da capital francesa. Dende 1998, a última etapa finaliza no paseo da Promenade des Anglais de Niza. Con anterioridade, dende 1973 ata 1995, a carreira terminaba nunha cronoescalada ao Col d'Eze. Como transición, as edicións de 1996 e 1997 finalizaron cun sector contra o reloxo entre Antibes e Niza. A derradeira ou penúltima etapa acostuma ter un longo percorrido de montaña pasando polo alto da Turbie e a Col d'Eze. Outro fin de etapa habitual é o Mont Faron, nas proximidades de Toulon.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Palmarés por equipos
[editar | editar a fonte]País | Vitorias |
---|---|
Francia | 21 |
Bélxica | 14 |
Irlanda | 8 |
Países Baixos | 6 |
España | |
Alemaña | |
Italia | 3 |
Suíza | |
Reino Unido | |
Colombia | |
Kazakhstán | 2 |
Estados Unidos | |
Australia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: París-Niza |