Saltar ao contido

Pandulfo I de Benevento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPandulfo I de Benevento
Biografía
Nacementoséculo X Editar o valor en Wikidata
Mortemarzo de 981 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPrince of Salerno (en) Traducir (978–981)
Duke of Spoleto (en) Traducir (967–981)
Prince of Benevento (en) Traducir (961–981)
Prince of Capua (en) Traducir (961–981) Editar o valor en Wikidata
FamiliaLandulfids (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAloara Editar o valor en Wikidata
FillosAtenolfo, Pandulfo II de Salerno, Laidulf of Capua, Landenulf II of Capua, Landulfo IV de Benevento Editar o valor en Wikidata
PaiLandulfo II de Benevento Editar o valor en Wikidata
IrmánsLandulfo III de Benevento Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Benevento-14

Pandulfo I Testa de Ferro[1] (morreu en marzo de 981) foi Príncipe de Benevento e Capua desde 943 (ou 944) ata a súa morte. Foi designado Duque de Spoleto e Camerino en 967 e tomou a sucesión como Príncipe de Salerno en 977 ou 978. foi un nobre importante na loita contra os bizantinos e sarracenos polo control do Mezzogiorno nos séculos que seguiron ao colapso da autoridade longobarda e carolinxia na Península Itálica. Impúxose sobre a case totalidade da metade meridional de Italia antes da súa morte en marzo de 981.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa nai foi Yvantia. Cogobernou co seu pai, Landulfo II, desde 943, cando morreu o seu avó Landulfo I, e co seu irmán Landulfo III desde 959. nalgún momento preto de 955, o Papa Xoán XII guiou un exército de romanos, toscanos, e espoletanos contra Landulfo II e Pandulfo, pero Xisulfo I de Salerno veu na súa axuda e non se librou batalla ningunha. O papa e Xisulfo asinaron un tratado en Terracina. Xisulfo e Pandulfo mantiveron unha firme alianza desde aquela.

En 961 morreu Landulfo II e Pandulfo e o seu irmán convertéronse en príncipes en solitario, aínda que o Pandulfo máis vello era con moito o máis dominante. O Chronicum Salernitanum afirma a correxencia, con todo, e o principio da indivisibilidade da unión Capua-Benevento tal e como o declarara Atenulfo I en 900, cando dixo Beneventanorum principatum eius filii Pandolfum et Landulfum bifarie regebant . . . communi indivisoque iure, isto é "o principado de Benevento era rexido conxuntamente por Pandulfo e Landulfo baixo xurisdición común indivisible". Con todo, este sistema co tempo fracasou e Pandulfo gobernaba en Capua mentres que Landulfo o facía en Benevento.

A finais de 965, unha rebelión en Roma destronou o papa Xoán XIII, quen foi arrestado e levado á cadea en Campania. Non se sabe se deu escapado ou foi liberado, pero chegou a Capua non moito despois, procurando a protección de Pandulfo, quen lla deu de boa gaña. En contrapartida, e polo favor dos cidadáns, erixiu Capua a arquidiocese e deu o palio a Xoán, irmán de Pandulfo. Tras dez meses de exilio, outra revolta en Roma deulle a oportunidade de volver e Pandulfo mandou de volta ao papa cunha escolta de Capua.

En 967, o emperador Odón I baixou a Roma e outorgou a Pandulfo o vacante Ducado de Spoleto e Camerino e encargoulle que proseguise a guerra conta o Imperio Bizantino. Pandulfo e Landulfo tomaron parte na campaña de 968, pero Landulfo retirouse enfermo e morreu en Benevento deixando dous fillos: Pandulfo e Landulfo. O Chronicum di que Pandulfo tenuit principatum una cum suo germanus annos octo, isto é, "mantivo o principado xunto co seu irmán oito anos." Entón expulsou os seus sobriños do seu patrimonio, converteuse en príncipe único, e asociou ao trono ao seu propio fillo Landulfo, e reiniciou a campaña imperial. Nese ano, Odón levantou o cerco de Bari do que se ocupaba Pandulfo, pero o longobardo foi capturado polos bizantinos na Batalla de Bovino (969) e engaiolado en Constantinopla. En 970, durante a súa ausencia, os bizantinos cercaron Capua e Mariño II de Nápoles arrasou o territorio. Máis tarde foi liberado no convenio no que o emperador bizantino Xoán Tzimisces deu a Teófano en matrimonio ao fillo de Odón Odón II. Durante a súa ausencia, o gran principado foi administrado por Landulfo I, Arcebispo de Benevento, e o xove Landulfo, coa axuda da súa nai, a muller de Pandulfo, Aloara. Benevento elevárase a arquidiocese en 969.

Na década de 960, Bizancio estivera intentando suplanta r a influencia xermana en Salerno e con este fin tramaron a rebelión que destronou temporalmente a Xoán XIII, un papa pro-xermánico. O príncipe Xisulfo de Salerno, con todo, era aliado tanto dos gregos como do seu veciño longobardo Pandulfo, a quen rescatara algúns anos atrás e que era incondicionalmente de feito pro-xermánico e antigrego. Cando Xisulfo foi deposto por unha insurrección relixiosa liderada polo seu irmán Landulfo en 974, Pandulfo repúxoo como vasalo seu. Cando Xisulfo morreu sen fillos en 977 ou 978, Pandulfo sucedeuno en Salerno como acordaran previamente. A política dos gregos foi un fracaso total e Pandulfo (e os seus xermanos) foi o vencedor na Italia meridional. Unificara os tres principados longobardos -Benevento, Capua, e Salerno – e mesmo gañara Spoleto e Camerino. Gobernou un amplo conxunto de territorios que atinxía polo norte ata Toscana e polo sur ata o Golfo de Taranto.[2]

As terras de Pandulfo foron repartidas entre os seus fillos, quen loitaron se fin pola herdanza. O seu fillo Landulfo IV recibiu Capua e Benevento e Pandulfo II recibiu Salerno. Odón II baixou a Roma en 981, con todo, e Spoleto foi entregado a Trasimundo IV, Duque de Camerino. Entón, ao sobriño de Pandulfo, Pandulfo concedéuselle Benevento na partición do territorio de Landulfo, no que Landulfo gardou Capua. Finalmente, Manso I de Amalfi depuxo a Pandulfo de Salerno e foi confirmado polo emperador.

Pandulfo tiña outros fillos: Landenulfo, quen sucedeu a Landulfo IV en Capua; Laidulfo, quen sucedeu a Landenulfo; e Atenulfo, quen morreu na Batalla de Stilo o 13 de xullo de 982.

  1. Tamén escrito Randulf, Bandulf, Pandulph, Pandolf, Pandolfo, Paldolf, ou Paldolfo. O seu alcuño é Testa di Ferro, Testaferrata, ou Capodiferro en italiano e Capi(te)ferreus en latín.
  2. "desde Ancona ata os límites de Calabria" en Wickham, 156.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Wickham, Chris. Early Medieval Italy: Central Power and Local Society 400-1000. MacMillan Press: 1981.
  • Leyser, Karl. Communications and Power in Medieval Europe: The Carolingian and Ottonian Centuries. Londres: 1994.
  • Caravale, Mario (ed). Dizionario Biografico degli Italiani: LXIII Labroca – Laterza. Roma: 2004.
  • Gregorovius, Ferdinand. Rome in the Middle Ages Vol. III Part 2. trans. Annie Hamilton. Roma: 1905.
  • Gwatkin, H. M., Whitney, J. P. (ed) et al. The Cambridge Medieval History: Volume III. Cambridge University Press, 1926.