Saltar ao contido

Pandemia de COVID-19

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Extensión da pandemia o 13 de agosto de 2020.
  + 10 000 casos confirmados por millón
  3 000–10 000 casos confirmados por millón
  1 000–3 000 casos confirmados por millón
  300–1 000 casos confirmados por millón
  100–300 casos confirmados por millón
  >0–100 casos confirmados por millón
  Sen casos confirmados ou sen datos

A pandemia por coronavirus de 2019–2023 é unha pandemia global actual de doenza do coronavirus 2019 (COVID-19) causada polo coronavirus 2 da síndrome respiratoria aguda severa (SARS-CoV-2). O virus foi identificado por vez primeira en Wuhan, na provincia chinesa de Hubei, en decembro de 2019, estendéndose finalmente a cada provincia do país.[1][2] O 11 de marzo de 2020, a Organización Mundial da Saúde declarou o abrocho como unha pandemia.[3] A data do 13 de agosto, máis de 20 millóns de casos foron confirmados en máis de 200 países e territorios, co maior número de casos nos Estados Unidos, Brasil, India, Rusia, Suráfrica, Perú, México, Colombia, Chile, España, Irán e o Reino Unido.[4][5] Máis de 13 millóns de persoas conseguiron recuperarse da doenza e máis dun millón morreron.[5]

Con motivo da pandemia da COVID-19 as autoridades sanitarias de todo o mundo lanzaron mensaxes de como actuar para previr a enfermidade ou que facer de ter síntomas con mensaxes en televisión, radio, Internet e nas rúas. Na imaxe un decálogo das autoridades sanitarias de Galicia de como actuar no caso de ter síntomas exposto nun comercio galego.

A transmisión do virus entre as persoas é semellante á da gripe, a través das vías respiratorias por tusir ou esbirrar.[6][7][8] O tempo entre a exposición e a aparición dos primeiros síntomas é polo xeral de cinco días, mais pode variar dende os dous ós catorce días.[8][9] Os síntomas máis comúns son febre, tose e falta de alento.[8][9] As complicacións poden incluír pneumonía e síndrome de dificultade respiratoria aguda. No presente, non existe unha vacina ou tratamento antiviral específico, mais estanse a facer investigacións. Os esforzos están dirixidos a controlar os síntomas e coidados de apoio. As medidas preventivas recomendadas inclúen a hixiene das mans, manter a distancia con outras persoas (particularmente aquelas que estean enfermas), e a monitorización e illamento durante catorce días das persoas sospeitosas de estaren infectadas.[7][8][10]

A resposta das autoridades sanitarias en todo o mundo inclúe medidas como as restricións de viaxes, corentenas, toques de queda e peches de colexios. Isto supuxo a corentena de toda Italia e da provincia chinesa de Hubei; toques de queda na China e en Corea do Sur;[11][12][13] métodos de detección en aeroportos e estacións de tren;[14] e advertencias de viaxes a rexións con transmisión comunitaria.[15][16][17][18] As escolas foron pechadas a nivel local ou nacional en máis de 190 países, afectando a máis do 90% dos estudantes do mundo.[19]

Os efectos mundiais da epidemia implicaron inestabilidade política e social,[20][21] xenofobia e racismo contra persoas de ascendencia chinesa ou de Asia oriental,[22][23][24][25][26] e a difusión en liña de desinformación e teorías da conspiración sobre o virus e a súa orixe.[27][28][29]

Casos confirmados por país trazado nunha escala logarítmica

Existen diversas teorías sobre onde apareceu o primeiro caso, ou paciente cero. O primeiro caso coñecido data o 1 de decembro de 2019 na cidade chinesa de Wuhan[30]

Unha teoría, sen confirmar, citando documentos gobernamentais chineses, suxire que a primeira vítima foi un home de 55 anos que enfermou o 17 de novembro de 2019[31] No mes seguinte o número de casos de coronavirus en Hubei aumentaron gradualmente a un par de centos, antes de experimentar un rápido incremento en xaneiro de 2020. O 31 de decembro de 2019, o virus causara os suficientes casos dunha pneumonía descoñecida como para informar ás autoridades sanitarias en Wuhan, a capital da provincia de Hubei [32], para iniciar unha investigación[33]. Na súa maior parte os casos estaban relacionados co mercado para grosistas de produtos do mar de Huanan, onde tamén se vendían animais vivos; xa que logo pénsase que teña unha orixe zoonótica[34].

Durante os primeiros estadios, o número de casos dobrábase aproximadamente cada sete días e medio [35]. Ao longo da primeira quincena de xaneiro o virus espallouse por outras provincias chinesas coa axuda dos movementos de poboación por mor da celebración do ano novo chinés, e máis sendo Wuhan un importante centro de comunicacións, e rapidamente a infección propagouse ao longo do territorio chinés[36]. O 20 de xaneiro, China informou de case 140 casos novos nun día, incluíndo dous en Pequín e un en Shenzhen.[37] Posteriormente informouse que o 20 de xaneiro xa 6.174 persoas desenvolveran síntomas[38]

O 10 de xaneiro, seguindo informes das autoridades chinesas, a OMS aconsellou os viaxeiros tomar precaucións ao viaxar a ou dende a área afectada, entón a cidade de Wuhan[39] aínda que desaconsellou aplicar restricións comerciais ou turísticas coa China. O 12 de xaneiro, seguindo información da Comisión Nacional de Saúde chinesa, a OMS informou que non existía evidencia de transmisión entre humanos[40]. O 24 de xaneiro, a OMS recomendou controis de saída e entrada pero amosouse en contra da aplicación de restricións do tráfico internacional[41].

O 30 de xaneiro a OMS declarou a epidemia Emerxencia de Saúde Pública de Ámbito Internacional[42]. O 24 de febreiro o director da OMS Tedros Adhanom avisou que o virus podería virar en pandemia global polo aumento de casos fóra da China[43].

O 11 de marzo a OMS declarou oficialmente pandemia á epidemia de coronavirus tras un período de aumento sostido da transmisión en múltiples rexións do mundo[44]. O 13 de marzo a OMS declarou que Europa era o novo centro da pandemia logo que a velocidade de novos casos europeos superara o das outras rexións do mundo, agás China.[45] O 19 de marzo, China informou da aparición de novos casos locais mentres o número de mortes en Italia superaba ás da China[46].

A 13 de agosto de 2020 había máis de 20 millóns de casos confirmados no mundo, máis de 750 000 mortos e máis de 13 millóns de recuperados.[4] Os Estados Unidos convertéronse en abril no primeiro país en casos confirmados do mundo, superando á China e a Italia.[4][47]

Resposta internacional

[editar | editar a fonte]

Restricións das viaxes

[editar | editar a fonte]
Países que prohibiron a entrada de visitantes estranxeiros (en vermello)

Como resultado da pandemia, moitos países e rexións impuxeron corentenas ou prohibicións de entrada para cidadáns ou visitantes das zonas máis afectadas pola enfermidade[48].

A Unión Europea rexeitou a idea de suspender a zona de libre circulación e introducir controis fronteirizos con Italia [49], polo que recibiu críticas por parte de dalgúns políticos europeos [50]. Despois dalgúns estados membros pecharen totalmente as súas fronteiras nacionais a cidadáns foráneos [51] a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen afirmou que determinados controis poderían estar xustificados pero que en xeral a prohibición de viaxar non semellaba o máis efectivo segundo a OMS [52]. Os Estados Unidos suspenderon a circulación de persoas procedentes da zona Schengen e posteriormente tamén da Common Travel Area [53].

Evacuación de cidadáns estranxeiros

[editar | editar a fonte]
Ucraína evacúa cidadáns ucraínos e estranxeiros de Wuhan

Por mor da efectiva corentena do transporte público en Wuhan e en toda a provincia de Hubei, varios países puxeron en marcha plans para evacuar os seus cidadáns e o persoal diplomático da zona, especialmente por medio de voos chárter. O Canadá, os Estados Unidos, O Xapón, A India, Francia, Australia, O Xapón, Sri Lanka, Alemaña e Tailandia estiveron entre os primeiros en planear a evacuación dos seus cidadáns[54][55]. O 7 de febreiro, O Brasil evacuou 34 brasileiros, ou os seus familiares, ademais de catro polacos, un chinés e un hindú[56]. Nese día tamén 215 canadenses (176 nunha primeira aeronave, e 39 nunha segunda provista polo goberno norteamericano) foron evacuados ao Canadá[57]. O 11 de febreiro, outro avión con 185 canadenses de Wuhan aterrou no Canadá[58].

As autoridades australianas evacuaron 277 cidadáns o 3 e 4 de febreiro cara ao centro de detención da Illa de Nadal[59]. Un voo de evacuación de Nova Zelandia chegou a Auckland o 5 de febreiro e o 15 de febreiro, os Estados Unidos anunciaron que habían evacuar os norteamericanos no barco de cruceiro Diamond Princess[60]. O 21 de febreiro un avión con 129 canandenses evacuados do Diamond Princess aterrou en Trenton (Ontario) [61]. A primeiros de marzo, o goberno hindú comezou a evacuar os seus cidadáns de Irán[62]

O 14 de marzo un avión de South African Airways fretado polo goberno surafricano repatriou 114 dos seus cidadáns, deixando na China a catro persoas con síntomas para mitigar os riscos[63]

Respostas nacionais

[editar | editar a fonte]
Médico durante a pandemia en 2020 en San Salvatore, Italia.

Un total de 188 países e territorios informaron de cando menos un caso de COVID-19. Por mor da pandemia en Europa moitos países do espazo Schengen restrinxiron a liberdade de movementos e estableceron controis nas fronteiras[64]. As reaccións nacionais inclúen medidas de contención como corentenas e toques de queda[65]

A 26 de marzo arredor de 1 700 millóns de persoas estaban baixo algunha forma de confinamento [66] que aumentou a 3900 millóns na primeira semana de abril, o que supón máis da metade da poboación mundial.[67][68]

A finais de abril, uns 300 millóns de persoas estaban baixo toque de queda en Europa, incluíndo Italia, España, Francia ou Reino Unido. Mentres en América latina eran 200 millóns[69]. Nos Estados Unidos eran outros 300 millóns, o 90% da poboación[70], 100 millóns en Filipinas,[69] 59 millóns en Suráfrica[71] e 1.3 millóns na India[72][73]. O 21 de maio informáronse de 100 000 novas infeccións nas últimas 24 horas, a meirande cifra desde que principiou a pandemia, superándose os 5 millóns de casos[74].

  1. "Coronavirus disease (COVID-19) outbreak". who.int. Consultado o 8 de marzo de 2020. 
  2. BBC News, ed. (31 de xaneiro de 2020). "Coronavirus declared global health emergency". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2020. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  3. Organización Mundial da Saúde, ed. (11 de marzo de 2020). "WHO Director-General's opening remarks at the media briefing on COVID-19 - 11 March 2020". Consultado o 11 de marzo de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Coronavirus Update (Live) for COVID-19 Wuhan China Virus Outbreak – Worldometer". www.worldometers.info (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2020. 
  5. 5,0 5,1 ""Coronavirus COVID-19 Global Cases by Johns Hopkins CSSE"". gisanddata.maps.arcgis.com. (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2020. 
  6. "Getting your workplace ready for COVID-19" (PDF). World Health Organization. 27 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de febreiro de 2020. Consultado o 11 de marzo de 2020. 
  7. 7,0 7,1 "Q&A on coronaviruses". Organización Mundial da Saúde (WHO). 11 de febreiro de 2020. Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "Symptoms of Novel Coronavirus (2019-nCoV) | CDC". U.S. Centers for Disease Control and Prevention (CDC). 10 de febreiro de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  9. 9,0 9,1 Rothan, Hussin A.; Byrareddy, Siddappa N. (26 de febreiro de 2020). "The epidemiology and pathogenesis of coronavirus disease (COVID-19) outbreak". Journal of Autoimmunity: 102433. ISSN 0896-8411. doi:10.1016/j.jaut.2020.102433. 
  10. "Coronavirus Disease 2019 (COVID-19)". Centers for Disease Control and Prevention (en inglés). 11 de febreiro de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2020. 
  11. "Coronavirus: Shanghai neighbour Zhejiang imposes draconian quarantine". South China Morning Post. 6 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2020. Consultado o 8 de febreiro de 2020. 
  12. Marsh, Sarah (23 de febreiro de 2020). The Guardian, ed. "Four cruise ship passengers test positive in UK – as it happened". ISSN 0261-3077. Consultado o 23 de febreiro de 2020. 
  13. CNN (ed.). "新型肺炎流行の中国、7億8000万人に「移動制限」" (en xaponés). 
  14. "Coronavirus Update: Masks And Temperature Checks In Hong Kong". Nevada Public Radio. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 26 de xaneiro de 2020. 
  15. "Coronavirus Disease 2019 Information for Travel". U.S. Centers for Disease Control and Prevention (CDC). 3 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2020. 
  16. Deerwester, Jayme; Gilbertson, Dawn. "Coronavirus: US says 'do not travel' to Wuhan, China, as airlines issue waivers, add safeguards". USA Today. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2020. Consultado o 26 de xaneiro de 2020. 
  17. "Coronavirus Live Updates: Europe Prepares for Pandemic as Illness Spreads From Italy". The New York Times. 26 de febreiro de 2020. Consultado o 26 de febreiro de 2020. 
  18. Government of the United Kingdom (ed.). "Coronavirus (COVID-19): latest information and advice". Consultado o 27 de febreiro de 2020. 
  19. "Coronavirus impacts education". UNESCO (en inglés). 4 de marzo de 2020. Consultado o 11 de maio de 2020. 
  20. The New York Times, ed. (29 de febreiro de 2020). "Here Comes the Coronavirus Pandemic – Now, after many fire drills, the world may be facing a real fire.". Consultado o 1 de marzo de 2020. 
  21. Krugman, Paul (27 de febreiro de 2020). The New York Times, ed. "When a Pandemic Meets a Personality Cult". Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  22. Young, Evan (31 de xaneiro de 2020). "'This is racism': Chinese-Australians say they've faced increased hostility since the coronavirus outbreak began". Special Broadcasting Service. 
  23. Iqbal, Nosheen (1 de febreiro de 2020). The Observer, ed. "Coronavirus fears fuel racism and hostility, say British-Chinese". ISSN 0029-7712. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  24. "Coronavirus fears trigger anti-China sentiment across the globe". Global News. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  25. Yeung, Jessie. CNN, ed. "As the coronavirus spreads, fear is fueling racism and xenophobia". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2020. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  26. Darrach, Amanda (25 de febreiro de 2020). "The new coronavirus and racist tropes". Columbia Journalism Review. 
  27. NPR (ed.). "Fake Facts Are Flying About Coronavirus. Now There's A Plan To Debunk Them". Consultado o 23 de febreiro de 2020. 
  28. Perper, Rosie (5 de marzo de 2020). Business Insider, ed. "As the coronavirus spreads, one study predicts that even the best-case scenario is 15 million dead and a $2.4 trillion hit to global GDP" – vía Yahoo!. 
  29. Clamp, Rachel (5 de marzo de 2020). The Conversation, ed. "Coronavirus and the Black Death: spread of misinformation and xenophobia shows we haven't learned from our past" – vía Yahoo!. 
  30. Cohen, Jon (xaneiro de 2020). "Wuhan seafood market may not be source of novel virus spreading globally". Science. doi:10.1126/science.abb0611. 
  31. Ma, Josephina (13 de marzo de 2020). "Coronavirus: China's first confirmed Covid-19 case traced back to November 17". South China Morning Post (Hong Kong). 
  32. "Novel Coronavirus". World Health Organization. Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2020. 
  33. "Mystery pneumonia virus probed in China". BBC News. 3 de xaneiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 5 de xaneiro de 2020. 
  34. Novel Coronavirus Pneumonia Emergency Response Epidemiology Team (Febreiro de 2020). "[The epidemiological characteristics of an outbreak of 2019 novel coronavirus diseases (COVID-19) in China]". Zhonghua Liu Xing Bing Xue Za Zhi=Zhonghua Liuxingbingxue Zazhi (en chinés) 41 (2): 145–151. PMID 32064853. doi:10.3760/cma.j.issn.0254-6450.2020.02.003. 
  35. Li Q, Guan X, Wu P, Wang X, Zhou L, Tong Y, et al. (Xaneiro de 2020). "Early Transmission Dynamics in Wuhan, China, of Novel Coronavirus-Infected Pneumonia". The New England Journal of Medicine 382 (13): 1199–1207. PMID 31995857. doi:10.1056/NEJMoa2001316. 
  36. WHO–China Joint Mission (16–24 de febreiro de 2020). "Report of the WHO-China Joint Mission on Coronavirus Disease 2019 (COVID-19)" (PDF). Organización Mundial da Saúde. 
  37. "China confirms sharp rise in cases of SARS-like virus across the country". 20 de xaneiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2020. Consultado o 20 de xaneiro de 2020. 
  38. The Novel Coronavirus Pneumonia Emergency Response Epidemiology Team (17 de febreiro de 2020). "The Epidemiological Characteristics of an Outbreak of 2019 Novel Coronavirus Diseases (COVID-19) – China, 2020". China CDC Weekly 2 (8): 113–122. Consultado o 18 de marzo 2020. 
  39. "WHO advice for international travel and trade in relation to the outbreak of pneumonia caused by a new coronavirus in China". World Health Organization. 10 xaneiro de 2020. Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  40. "Novel Coronavirus – China". World Health Organization. 12 de xaneiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  41. "Updated WHO advice for international traffic in relation to the outbreak of the novel coronavirus 2019-nCoV". World Health Organization. 24 de xaneiro de 2020. Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  42. "Statement on the second meeting of the International Health Regulations (2005) Emergency Committee regarding the outbreak of novel coronavirus (2019-nCoV)". World Health Organization. 30 de xaneiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  43. "WHO Head Warns of 'Potential Pandemic' after Initially Praising China's Response to Coronavirus". National Review. 24 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  44. "WHO Director-General's opening remarks at the media briefing on COVID-19 – 11 March 2020". World Health Organization. 11 de marzo de 2020. Consultado o 11 de marzo de 2020. 
  45. Regan, Helen. "More coronavirus cases outside mainland China than inside as pandemic accelerates". CNN. 
  46. "Coronavirus: Italy's death toll overtakes China's". BBC. 19 de marzo de 2020. 
  47. "Coronavirus COVID-19 Global Cases". Universidade Johns Hopkins. Consultado o 20 de marzo de 2020. 
  48. "Coronavirus Travel Restrictions, Across the Globe". The New York Times. 26 de marzo de 2020. 
  49. "Coronavirus: EU rules out Schengen border closures amid Italy outbreak". Deutsche Welle, 24 de febreiro de 2020
  50. "Salvini and Le Pen Don't Have a Coronavirus Cure". Bloomberg News. 25 de febreiro de 2020
  51. "Coronavirus: Some Of These 24 European Countries Have Closed Their Borders To Tourists". Forbes, 14 de marzo de 2020
  52. "Denmark, Poland and Czechs seal borders over coronavirus". Financial Times, 12 de marzo de 2020
  53. "Proclamation—Suspension of Entry as Immigrants and Nonimmigrants of Certain Additional Persons Who Pose a Risk of Transmitting 2019 Novel Coronavirus" Arquivado 12 de marzo de 2020 en Wayback Machine.. White House, 11 de marzo de 2020
  54. "Countries Evaluate Evacuation of Citizens Amid Wuhan Coronavirus Panic". Associated Press. Consultado o 31 de xaneiro de 2020 – vía The Diplomat.  * Press, ANI. "Coronavirus: Second plane carrying 323 Indians from Wuhan to reach Delhi today". India Today. Consultado o 2 de febreiro de 2020.  * NWS, VRT (27 de xaneiro de 2020). "België haalt landgenoten terug uit Chinese provincie Hubei na uitbraak coronavirus". VRT Nws. Vlaamse Radio- en Televisieomroeporganisatie.  * Nathalia, Telly (30 de xaneiro de 2020). "Last-Minute Preparations Underway to Evacuate Indonesian Citizens From Coronavirus-Ravaged Wuhan". Jakarta Globe.  * "C130 aircraft on standby for Wuhan evacuation". Bangkok Post. 26 de xaneiro de 2020. Consultado o 26 de xaneiro de 2020.  * Jiang, Steven; Stracqualursi, Veronica (25 de xaneiro de 2020). "US arranging charter flight to evacuate American diplomats and citizens out of China amid coronavirus outbreak, official says". CNN. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2020.  * "PH sending special flights to get Pinoys from Wuhan, Hubei in China". Tempo: News in a Flash (Manila, Philippines). 29 de xaneiro de 2020. Consultado o 29 de xaneiro de 2020. 
  55. "Pakistan cancels flights to China as fears of coronavirus spread". Dialogue Pakistan. 31 de xaneiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 31 de xaneiro de 2020. 
  56. "Brazil to evacuate citizens stuck in Wuhan". Business Times (Singapur). 5 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2020. 
  57. Osorio, Carlos (7 de febreiro de 2020). "UPDATE 4-Canadian coronavirus evacuees land in Ontario; show no signs of illness". Reuters. Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  58. "2nd plane carrying Canadian evacuees from Wuhan, China arrives at CFB Trenton". Global News, 11 de febreiro de 2020
  59. Carmody, James (5 de febreiro de 2020). "Coronavirus fear remains on Christmas Island as authorities reassure locals they are safe from infection". ABC News]] (Sydney). Consultado o 8 de febreiro de 2020. 
  60. Wang, Vivian; Rich, Motoko; Bradsher, Keith (15 de febreiro de 2020). "Shifting Ground in Coronavirus Fight: U.S. Will Evacuate Americans From Cruise Ship". The New York Times. Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  61. "Cruise ship passengers begin 14-day quarantine in Cornwall, Ont.". CBC News. 21 de febreiro de 2020. 
  62. "4th batch of 53 Indians evacuated from Iran: S Jaishankar". The Economic Times. 16 de marzo de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  63. "Coronavirus: SAA Airbus carrying 114 SA citizens repatriated from Wuhan lands in Polokwane". www.news24.com. 14 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 21 de marzo de 2020. 
  64. "Schengen Area Crisis: EU States Close Borders as Coronavirus Outbreak Grips Bloc". Schengen Visa Information. 13 de marzo de 2020. 
  65. "Coronavirus: 7 dead, 229 infected in Italy as Europe braces for COVID-19". NBC News. Consultado o 29 de febreiro 2020. 
  66. Jones S, Kassam A (26 de marzo de 2020). "Spain defends response to coronavirus as global cases exceed 500,000". The Guardian. 
  67. "Coronavirus: Half of humanity now on lockdown as 90 countries call for confinement". Euronews. 3 de abril de 2020. 
  68. "A third of the global population is on coronavirus lockdown—here's our constantly updated list of countries and restrictions". Business Insider. 28 de marzo de 2020. 
  69. 69,0 69,1 "What Share of the World Population Is Already on COVID-19 Lockdown?". Statista. 23 de abril 2020. 
  70. "About 90% of Americans have been ordered to stay at home. This map shows which cities and states are under lockdown". Business Insider. 2 de abril de 2020. 
  71. Chutel L, Dahir AL (27 de marzo de 2020). "With Most Coronavirus Cases in Africa, South Africa Locks Down". The New York Times. 
  72. Nair S (29 de marzo de 2020). "For a billion Indians, lockdown has not prevented tragedy". The Guardian. 
  73. "Chaos and hunger amid India coronavirus lockdown". Al Jazeera. 27 March 2020. 
  74. "Live updates: Global cases top 5 million as WHO reports worst day yet for new infections". The Washington Post. Consultado o 21 May 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]