Os intocables de Eliot Ness
Os intocables de Eliot Ness | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Untouchables |
Director | Brian De Palma |
Produtor | Art Linson |
Guión | David Mamet |
Baseado en | The Untouchables de Eliot Ness e Oscar Fraley |
Intérpretes | |
Música | Ennio Morricone |
Fotografía | Stephen H. Burum |
Montaxe | Gerald B. Greenberg Bill Pankow |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | Nova York: 2 de xuño de 1987 3 de xuño de 1987 |
Duración | 119 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Gángster |
Orzamento | 25 millóns de dólares[1] |
Recadación | 106,2 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
Os intocables de Eliot Ness (en inglés: The Untouchables) é un filme estadounidense de 1987 dirixido por Brian De Palma, producido por Art Linson, escrito por David Mamet, que está baseado no libro do mesmo nome (1957). Está protagonizado por Kevin Costner, Charles Martin Smith, Andy García, Robert De Niro e Sean Connery, e conta a historia de Eliot Ness (Costner) como parte do equipo dos "Intocables" que levaron a Al Capone (De Niro) perante a xustiza durante a Lei seca. A banda sonora foi composta por Ennio Morricone e gañou un Premio Grammy.[3]
Os intocables de Eliot Ness estreouse na cidade de Nova York o 2 de xuño de 1987, e nos Estados Unidos o 3 de xuño. O filme recadou máis de 106,2 millóns de dólares en todo o mundo e recibiu valoracións positivas por parte da crítica. Estivo nomeado a catro Premios Oscar; Connery gañou o Oscar ó mellor actor secundario.[4]
Foi emitido na Televisión de Galicia o 30 de marzo de 1996.[5]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Kevin Costner como Eliot Ness
- Sean Connery como Jimmy Malone
- Andy García como George Stone/Giuseppe Petri
- Robert De Niro como Al Capone
- Charles Martin Smith como Oscar Wallace
- Patricia Clarkson como Catherine Ness
- Billy Drago como Frank Nitti
- Richard Bradford como Xefe Mike Dorsett
- Jack Kehoe como Walter Payne
- Brad Sullivan como George
- Del Close como Roy Alderman
- Vito D'Ambrosio como Bowtie Driver
- Clifton James como Fiscal do distrito (sen acreditar)
- Don Patrick Harvey como Oficial Preseuski
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Siskel, Gene (21 de setembro de 1986). Chicago Tribune, ed. "De Niro, De Palma, Mamet Organize Crime with a Difference". ProQuest Archiver. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2011. Consultado o 4 de xuño de 2010.
- ↑ John W. Cones, 1997, SIU Press, p.7 (ed.). "The Feature Film Distribution Deal: A Critical Analysis of the Single Most Important Film Industry Agreement". Consultado o 29 de decembro de 2013.
- ↑ Tullio Kezich (6 de setembro de 1987). "Piace Al Capone superstar". la Repubblica (en italiano). p. 23.
- ↑ oscars.org (ed.). "The 60th Academy Awards (1988) Nominees and Winners". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2014. Consultado o 31 de xullo de 2011.
- ↑ La Voz de Galicia, 30 de marzo de 1996. Páx. 83
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Os intocables de Eliot Ness |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Os intocables de Eliot Ness na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)