Orbcomm
Orbcomm é unha constelación comercial de satélites de comunicacións pertencente a Orbital Communications Corp.[1]
Características
[editar | editar a fonte]A constelación Orbcomm está pensada para ofrecer servizos de mensaxería global e de transmisión e recepción de datos. As mesaxes envíanse aos satélites, que as retransmiten a estacións de terra.[1]
O sistema componse de 36 satélites de primeira xeración lanzados entre 1995 e 1999 e satélites lanzados posteriormente para aumentar a capacidade e renovar a frota de satélites.[1]
Orbcomm-X e CDS 1 e 2
[editar | editar a fonte]Orbcomm-X e Orbcomm CDS 1 e 2 foron tres satélites experimentais lanzados para probar compoñentes da primeira xeración de satélites Orbcomm. Orbcomm X fallou despois de ser posto en órbita, mentres que Orbcomm CDS 1 e 2 usáronse para estudar o uso da frecuencia VHF a nivel global, medindo densidade, niveis de potencia e interferencia arredor de toda a Terra. Foron lanzados entre 1991 e 1993.[2]
Orbcomm FM1 a FM43
[editar | editar a fonte]Lanzáronse 36 Orbcomm de primeira xeración de 43 planeados. O resto foron cancelados, e un dos lanzados o foi baixo o nome TACSAT 1. Os Orbcomm de primeira xeración usaban o bus Microstar, tiñan masas de entre 40 e 45 kg e foron lanzados mediante foguetes Pegasus entre 1995 e 1999 excepto un lanzamento mediante un foguete Taurus.[3]
Orbcomm CDS 3
[editar | editar a fonte]Orbcomm CDS 3 (Concept Demonstration Satellite) foi un único satélite de probas lanzado para dar servizo do sistema Orbcomm e probar un novo bus (Sterkh) para a seguinte xeración de satélites Orbcomm. O satélite levaba ademais un receptor AIS para o servizo de gardacostas dos Estados Unidos. Foi lanzado o 19 de xuño de 2008 mediante un foguete Kosmos 3M. Durante a súa misión sufriu unha serie de problemas que se reproduciron nos seis seguintes satélites do mesmo modelo, polo que foron cancelados.[4]
Orbcomm FM37 a FM41
[editar | editar a fonte]A seguinte xeración de satélites Orbcomm estaba baseada no bus Sterkh, co satélite Orbcomm CDS 3 usado como modelo de probas. Os problemas surxidos neste último satélite reproducíronse nos seis satélite que chegaron a lanzarse en produción: avarías dos volantes de inercia e o ordenador de a bordo que limitaron a capacidade destes satélites para dar servizo. Todos foron lanzados o 19 de xuño de 2008 a bordo dun mesmo foguete Kosmos 3M.[5]
Orbcomm OG2
[editar | editar a fonte]Os dous satélites Orbcomm OG2 foron simuladores de masa lanzados como prototipos para a terceira xeración de satélies Orbcomm. Cada un cunha masa de 142 kg, serviron para afinar os novos satélites. Os dous foron lanzados a bordo de foguetes Falcon 9 en 2014 e 2015.[6]
Orbcomm FM101 a FM119
[editar | editar a fonte]A terceira xeración de satélites Orbcomm usa o bus SN-100 de Sierra Nevada Corp.. Teñen unha masa duns 172 kg e lanzáronse 19 entre 2012 e 2015, co primeiro considerado un fallo parcial ao reentrar dous días despois de ser posto en órbita ao non acadar suficiente altura debido a problemas co foguete lanzador. Todos foron lanzados a bordo de foguetes Falcon 9.[7]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2][3][4][5][6][7] | Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7] | Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7] | Notas[1][2][3][4][5][6][7] |
---|---|---|---|
Orbcomm X | 17 de xullo de 1991 | Ariane 4 | Éxito |
Orbcomm CDS 1 | 9 de febreiro de 1993 | Pegasus | Éxito |
Orbcomm CDS 2 | 25 de abril de 1993 | Pegasus | Éxito |
Orbcomm FM01 | 3 de abril de 1995 | Éxito | Pegasus-H |
Orbcomm FM02 | 3 de abril de 1995 | Éxito | Pegasus-H |
Orbcomm FM03 | 10 de febreiro de 1998 | Éxito | Taurus-2210 |
Orbcomm FM04 | 10 de febreiro de 1998 | Éxito | Taurus-2210 |
Orbcomm FM05 | 23 de decembro de 1997 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM06 | 23 de decembro de 1997 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM07 | 23 de decembro de 1997 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM08 | 23 de decembro de 1997 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM09 | 23 de decembro de 1997 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM10 | 23 de decembro de 1997 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM11 | 23 de decembro de 1997 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM12 | 23 de decembro de 1997 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM13 | 2 de agosto de 1998 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM14 | 2 de agosto de 1998 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM15 | 2 de agosto de 1998 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM16 | 2 de agosto de 1998 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM17 | 2 de agosto de 1998 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM18 | 2 de agosto de 1998 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM19 | 2 de agosto de 1998 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM20 | 2 de agosto de 1998 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM21 | 23 de setembro de 1998 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM22 | 23 de setembro de 1998 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM23 | 23 de setembro de 1998 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM24 | 23 de setembro de 1998 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM25 | 23 de setembro de 1998 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM26 | 23 de setembro de 1998 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM27 | 23 de setembro de 1998 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM28 | 23 de setembro de 1998 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM30 | 4 de decembro de 1999 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM31 | 4 de decembro de 1999 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM32 | 4 de decembro de 1999 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM33 | 4 de decembro de 1999 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM34 | 4 de decembro de 1999 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM35 | 4 de decembro de 1999 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm FM36 | 4 de decembro de 1999 | Éxito | Pegasus-XL HAPS |
Orbcomm CDS 3 | 19 de xuño de 2008 | Éxito | Kosmos 3M |
Orbcomm FM37 | 19 de xuño de 2008 | Éxito | Kosmos-3M |
Orbcomm FM38 | 19 de xuño de 2008 | Éxito | Kosmos-3M |
Orbcomm FM39 | 19 de xuño de 2008 | Éxito | Kosmos-3M |
Orbcomm FM40 | 19 de xuño de 2008 | Éxito | Kosmos-3M |
Orbcomm FM41 | 19 de xuño de 2008 | Éxito | Kosmos-3M |
Orbcomm OG2 1 | 14 de xullo de 2014 | Éxito | Falcon 9 |
Orbcomm OG2 2 | 22 de decembro uño de 2015 | Éxito | Falcon 9 |
Orbcomm FM101 | 8 de outubro de 2012 | Fallo parcial | Falcon 9 |
Orbcomm FM103 | 14 de xullo de 2014 | Éxito | Falcon 9 |
Orbcomm FM104 | 14 de xullo de 2014 | Éxito | Falcon 9 |
Orbcomm FM105 | 22 de decembro de 2015 | Éxito | Falcon 9 |
Orbcomm FM106 | 14 de xullo de 2014 | Éxito | Falcon 9 |
Orbcomm FM107 | 14 de xullo de 2014 | Éxito | Falcon 9 |
Orbcomm FM108 | 22 de decembro de 2015 | Éxito | Falcon 9 |
Orbcomm FM109 | 14 de xullo de 2014 | Éxito | Falcon 9 |
Orbcomm FM110 | 22 de decembro de 2015 | Éxito | Falcon 9 |
Orbcomm FM111 | 14 de xullo de 2014 | Éxito | Falcon 9 |
Orbcomm FM112 | 22 de decembro de 2015 | Éxito | Falcon 9 |
Orbcomm FM113 | 22 de decembro de 2015 | Éxito | Falcon 9 |
Orbcomm FM114 | 22 de decembro de 2015 | Éxito | Falcon 9 |
Orbcomm FM115 | 22 de decembro de 2015 | Éxito | Falcon 9 |
Orbcomm FM116 | 22 de decembro de 2015 | Éxito | Falcon 9 |
Orbcomm FM117 | 22 de decembro de 2015 | Éxito | Falcon 9 |
Orbcomm FM118 | 22 de decembro de 2015 | Éxito | Falcon 9 |
Orbcomm FM119 | 22 de decembro de 2015 | Éxito | Falcon 9 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2020). "Orbcomm" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Orbcomm-X, -CDS 1, 2 (OXP, VSUME)" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Orbcomm FM1 - FM43" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Orbcomm FM37 - FM41 (Orbcomm Q1 - Q6)" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Orbcomm FM37 - FM41 (Orbcomm Q1 - Q6)" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Orbcomm-OG2 Mass Simulator 1, 2" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2020.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Orbcomm FM101, ..., FM119 (OG2)" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2020.