Saltar ao contido

Omar Bravo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOmar Bravo

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1980 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Los Mochis, México (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura169 cm Editar o valor en Wikidata
Peso56 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaMéxico Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaMajor League Soccer e United Soccer Leagues Professional Division (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Número deportivo9 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2001–2008 CD Guadalajara 258(101)
2008–2009   Deportivo da Coruña 9(1)
2009–2009 cesión Tigres de la UANL 6(0)
2009–2010 CD Guadalajara 39(6)
2011–2011 Sporting Kansas City 28(9)
2012–2013 Cruz Azul 36(6)
2013–2013 cesión   Atlas de Guadalajara 33(13)
2013–2016 CD Guadalajara 77(23)
2016– North Carolina FC
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2003–2013   México 64(15)
2004–2004   Mexico Olympic football team 3(2)
Participou en
2006Mundial de Fútbol Alemaña 2006
2004Xogos Olímpicos de 2004 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 214007 Editar o valor en Wikidata

Omar Bravo Tordecillas, nado en Los Mochis (Sinaloa) o 4 de marzo de 1980, é un futbolista mexicano. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o CD Guadalajara.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Inicialmente comezou na súa nenez xogando ao béisbol para o equipo municipal de Los Mochis e ademais practicou de maneira non profesional o boxeo, deporte que non foi do agrado dos seus pais; aínda que en realidade sempre lle apaixonou o fútbol e sempre soñou con converterse en futbolista profesional. Á idade de 12 anos comezou a meterse de cheo no mundo fubolístico.

Bravo sempre destacou neste deporte. Iniciouse xogando no equipo da súa escola, pero constantes participacións destacadas levárono a xogar co equipo do municipio e máis adiante co do Estado.

En 1994 foi visitado por visores do equipo Santos Laguna da cidade de Torréon, pero os estudos impediron o seu pase. Ao final decidiu aceptar a oferta e foi contratado polo Club Deportivo Guadalajara, indo visitar as instalacións do club e acordando que se lle convencía o que vía puidese asinar con eles, cousa que finalmente fixo. Finalmente, o 17 de febreiro de 2001 debutou co primeiro equipo do "Chivas" de Guadalajara nun partido contra o Tigres de la UANL que rematou en empate (0–0). De aí en diante Bravo consolidouse como un dos mellores goleadores do fútbol mexicano e da historia de Las Chivas.

Despois do Mundial 2006

[editar | editar a fonte]

No torneo local logrou ser campión coas Chivas no Apertura 2006; nese torneo Bravo foi peza fundamental para a obtención do título cos seus valiosos goles.

No torneo de Clausura 2007, Omar Bravo obtivo o título de goleador do torneo con 11 dianas, superando ao arxentino dos Jaguares de Chiapas Javier Cámpora, o cal obtivo 1 gol menos que o mochiteco.

Ningún xogador nacional gañara o título de goleador desde que o fixese Jared Borgetti no torneo Verán 2001, ademais de que ningún xogador do Guadalajara o fixera desde 1961, cando o mítico Salvador Reyes alzouse co título de goleo con 21 anotacións.

O día 26 de abril de 2008 alcanzou o seu gol número 100 ante a goleada ao Puebla de 4-0, converténdose no segundo mellor goleador da historia de Chivas, a 22 goles de Salvador Reyes.

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

O xoves 22 de maio do 2008 fíxose oficial o traspaso de Omar ao Deportivo da Coruña. O xogador asinou un contrato de tres anos co equipo español uníndose ao seu compatriota Andrés Guardado.[1].[2]

O dianteiro recibirá 1 millón de euros do Deportivo da Coruña, máis 1 millón 295 anuais, rexeitando a oferta de 8 millóns de dólares en catro anos polo Club Deportivo Guadalajara.

No Deportivo levou o número 9 e anotou 3 goles, 1 na liga, e outros 2 na Copa do Rei contra o Elche e o Sevilla. O seu paso polo fútbol europeo rematou cedo, xa que non cumpriu coas expectativas ao participar en poucos partidos e anotando poucos goles, polo que a partir do 27 de febreiro de 2009 regresou ao fútbol mexicano para xogar cos Tigres de la UANL en calidade de cedido.[3]

Cruz Azul

[editar | editar a fonte]

O 2 de decembro de 2011 anunciouse que Bravo non volvería ao Kansas City in 2012, e no seu lugar firmaría co Cruz Azul no seu México natal.[4] Bravo anotou dous goles na vitoria contra San Luis FC (3–1).

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

O seu debut coa Selección mexicana, foi o 13 de marzo de 2003 no encontro amigable entre as seleccións de México e Bolivia, onde o cadro mexicano impúxose 2-0 en Dallas, Texas, Estados Unidos.

Foi convocado ao Mundial de Alemaña 2006 para xogar coa selección mexicana dirixida naquel entón por Ricardo A Volpe. No partido inicial anotou 2 goles na vitoria do 'Tri' 3-1 sobre Irán. Nos seguintes dous partidos ante Angola e Portugal non tivo tanta sorte, ao non marcar ningunha anotación, ademais de fallar un tiro penal no último partido. Non participou no encontro de oitavos de final ante Arxentina.

En 2007, Bravo foi seleccionado polo adestrador Hugo Sánchez Márquez para representar ao seu país e xogar unha serie de partidos amigables internacionais, así como a Copa de Ouro 2007 (perdendo na final ante os Estados Unidos), e a Copa América 2007 (perdendo en semifinais contra a Arxentina), e gañando o 3er. lugar tras vencer ao Uruguai 3-1, na Copa América meteu 3 goles.

Co actual adestrador da selección Sven-Göran Eriksson, Omar foi chamado para xogar o México-Xamaica, partido de clasificación para o Mundial de Suráfrica 2010, onde o resultado foi de 3-0 a favor de México, Omar non xogou. Tivo participación no encontro contra o Canadá, nas mesmas eliminatorias, partido no cal Omar Bravo entrou de cambio e anotou un gol; terminando o partido cun marcador de 2-1, favorable para México.

Participacións internacionais

[editar | editar a fonte]

Estatísticas xerais

[editar | editar a fonte]
Anos Club País Liga Partidos Goles
2001-2008 CD Guadalajara México Primeira División de México 255 101
2008-2009 RC Deportivo da Coruña Galicia Galicia Primeira División de España 4 2

Estatísticas en partidos oficiais

[editar | editar a fonte]
Equipo Competencia Part. Goles
Guadalajara Liga e liguiña 255 101
Guadalajara Copa Libertadores 22 9
Guadalajara CONCACAF 5 4
Selección mexicana Copa Mundial 3 2
Selección mexicana Copa Ouro 9 2
Selección mexicana Eliminatoria mundialista 3 1
Selección mexicana Xogos Olímpicos 3 2
Selección mexicana Copa América 5 4
Guadalajara Super Liga 2 2
Total 308 124

*Datos a 20 de febreiro de 2008

En equipo

[editar | editar a fonte]

Individuais

[editar | editar a fonte]
  • Balón de Ouro da Primeira división mexicana (5):
  • 2007 Mellor dianteiro do clausura 2007
  • 2006 Mellor dianteiro do apertura 2006
  • 2005 Mellor dianteiro da temporada 2004-05
  • 2002 Mellor novato do Apertura 2002
  1. http://www.informador.com.mx/deportes/2008/14133/6/bravo-causa-impacto.htm Arquivado 18 de outubro de 2008 en Wayback Machine. Bravo causa impacto
  2. "Xa é do Dépor"
  3. "Omar Bravo regresa ao fútbol mexicano; xogará cos Tigres de la UANL". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2009. Consultado o 03 de marzo de 2009. 
  4. ""Sporting KC and Omar Bravo agree to Cruz Azul move"". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2012. Consultado o 29 de maio de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]