Officine Meccaniche
Officine Meccaniche | |
---|---|
Fundación | 1918 |
Localización | Milán, Italia |
Industria | Automóbil |
Produtos | Automóbil |
[ editar datos en Wikidata ] |
Officine Meccaniche ou OM foi unha mepresa italiana de fabricación de coches e camións, fundada en 1918 en Milán como Societa Anonima Officine Meccaniche. Desapareceu como tal en 1975 absorvida por Iveco, pero aínda existe como construtor de carretillas elevadoras.
Orixes
[editar | editar a fonte]A creación da empresa foi o resultado da fusión de dúas empresas, Grondona Comi & C and Miani Silvestri & C.
Orixinalmente, OM fabricaba material ferroviario. A produción de automóbiles iniciouse en 1918, usando a planta da antiga Brixia-Zust (Brixia-Züst), xusto despois de que OM fixerase cargo da empresa de coches Züst de Brescia, ao norte de Italia. O primeiro coche OM, Tipo S305, baseado nun vello modelo Zust, apareceu en 1918 cun motor de 4712 cc catro cilindros en liña con válvulas laterais.
a era dos automóbiles OM
[editar | editar a fonte]Outros modelos foron o Tipo 465 (con 1.327 cc de catro cilindros) no ano 1919, Tipo 467 (1410cc) e Tipo 469 (1496cc) en 1921. En 1923 presentouse o novo modelo, o Tipo 665 'Superba' cun motor de seis cilindros de 2 litros. Este modelo tivo un grande éxito nas carreiras, logrou as cinco primeiras posicións na clase 2 litros en 1925 e 1926 en Le Mans pero o maior logro foi a vitoria na primeira carreira da Mille Miglia en 1927, onde Ferdinando Minoia e Giuseppe Morandi levaron a vitoria un OM '123' a unha velocidade media de 77´7 km/h durante 21 horas 4 minutos 48 segundos. Algúns coches foron equipados con compresores Roots.
En 1925 OM comezou a construír camións e autobuses, con licenza dos motores suízos Saurer e outros compoñentes mecánicos. Os vínculos con Saurer persistiron ao longo da vida OM.
Absorción de Fiat e os anos de posguerra
[editar | editar a fonte]OM foi comprada polo Grupo Fiat en 1938 e ao ano seguinte cesou a produción de automóbiles de pasaxeiros, e OM converteuse nun fabricante de vehículos comerciais e trens.
O novo produto principal na posguerra da segunda guerra mundial foi o Leoncino (1950) unha camioneta no rango de 2,0 a 2,5 toneladas, que foi un éxito inmediato. Converteuse no antepasado de varias series de modelos máis pesados pero estruturalmente similares, é dicir, Tigrotto, Tigre, Lupetto, Cerbiatto e Daino, presentados entre 1957 e 1964. Tamén estaban dispoñibles versións de chasis para autobuses de varios destes modelos.
Nos anos 60 e 70 as gamas lixeiras e de peso medio de camións OM vendéronse en Suíza como Saurer-OM ou Berna-OM, en Austria como Steyr-OM, en Francia como Unic-OM, e en Alemaña como Büssing-OM.
Final de OM
[editar | editar a fonte]En 1968 OM fusionouse definitivamente no Grupo Fiat como unha marca que pertence á división de vehículos comerciais, que tamén incluíu Fiat e Unic.
En 1975 foi absorbida (como parte do Grupo Fiat) en IVECO e a marca OM desapareceu dos mercados de camións e autobuses, aínda que aínda sobrevive como un fabricante independente de carretillas elevadoras.