Odontofóridos
Odontofóridos Odontophoridae Rango fósil: oligoceno-actualidade 33,9 - 0 Ma [1] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Colinus cristatus | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||||||
A dos odontofóridos (Odontophoridae) é unha familia de aves da orde dos galiformes.
Conta con 34 especies de pequeno tamaño e aspecto é hábitos semellantes aos dos paspallases, das que 32 son propias de América,[2] desde os Estados Unidos até a Arxentina, que viven en bosques tropicais, subtropicais e temperados, así como en áreas de matogueiras, sabanas e terras de cultivo, desde o nivel do mar até os 3 300 m de altitude, e coñecidas vulgarmente, na bibliografía internacional, como paspallases americanos ou paspallases do Novo Mundo (aínda que non están relacionados filoxeneticamnte cos paspallases do Vello Mundo (do xénero Coturnix).
As outras dúas, pertencentes ao xénero Ptilopachus, de distribución africana e tradicionalmente situadas na familia dos fasiánidos, agora sábese que estás máis relacionados cos paspallases do Novo Mundo.[3][4]
Recentemente (2013) o xénero foi reclasificado por Bowie et al. dentro da familia dos odontofóridos, creando para el unha nova subfamilia, a dos Ptilopachinae, diferenciada da dos Odontophorinae (que engloba ás 32 especies de paspallases do Novo Mundo).[5]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1844 polo naturalista e ornitólogo e inglés John Gould.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico da familia, Odontophoridae, está formado pola unión dos elementos do latín científico Odontophor- e -ǐdae. O primeiro esta tirado do xenitivo do nome do xénero tipo da familia, Odonthophorus, e o segundo é a desinencia coa que se forman os nomes das familias de animais.
Para a etimoloxía do xénero, véxase Odontophorus.
Clasificación
[editar | editar a fonte]A familia subdivídese en dúas subfamilias, cos xéneros que se indican:
Familia odontofóridos (Odontophoridae) Gould 1844 [6]
- Subfamilia odontoforinos (Odontophorinae) Gould 1844 [7]
- Colinus Goldfuss, 1820
- Cyrtonyx Gould, 1844
- Dactylortyx Ogilvie-Grant, 1893
- Dendrortyx Gould, 1844
- Odontophorus Vieillot, 1816
- Oreortyx S. F. Baird, 1858
- Philortyx Gould, 1846
- Rhynchortyx Ogilvie-Grant, 1893
- Subfamilia ptilopaquinos (Ptilopachinae) Bowie, Coehn & Crowe 2013 [5]
- Ptilopachus Swainson 1837
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Family Odontophoridae Gould 1844 en Fossilworks.
- ↑ New World Quails Odontophoridae en Bird Families of the World.
- ↑ Crowe, T. M.; Bowie, R. C. K.; Bloomer, P.; Mandiwana, T. G.; Hedderson, T. A. J.; Randi, E.; Pereira, S. & Wakeling, J. (2006): "Phylogenetics, biogeography and classification of, and character evolution in, gamebirds (Aves: Galliformes): Effects of character exclusion, data partitioning and missing data". Cladistics 22: 495-532.
- ↑ Crowe, T. (2010): "Phylogenetic affinities of enigmatic African galliforms: the Stone Partridge Ptilopachus petrosus and Latham's and Nahan's 'Francolins' Francolinus lathami and F. nahani. Cladistics 26: 206-206.
- ↑ 5,0 5,1 Bowie, Rauri C. K., Callan Cohen & Timothy M. Crowe (2013): "Ptilopachinae: a new subfamily of the Odontophoridae (Aves: Galliformes)". Zootaxa 3670 (1): 97-98.
- ↑ Odontophoridae no ITIS.
- ↑ Gould, John (1804-1881): "A Monograph of the Odontophorinae, or Partridges of America" con 10 fine pattern plates for "Icones Avium" Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Odontofóridos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Odontofóridos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- del Hoyo, J.; Elliot, A. & Sargatal, J. (1994): "New World Vultures to Guineafowl". En Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- New World Quails. Odontophoridae na EOL.
- New World Quails. Odontophoridae en Bird Families of the World (en inglés).
- Odontophoridae, New World Quail en gbwf.org (en inglés).
- Vídeos, fotos e sons de odontofóridos en The Internet Bird Collection.