Octavio García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1882 Vilachá Pedrosa, España |
Morte | 29 de setembro de 1953 (70/71 anos) Vilachá Pedrosa, España |
Presidente da Deputación de Lugo | |
1935 – 1936 ← José Cobreros de la Barrera – Celestino Noya → | |
Alcalde de Becerreá | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Octavio García Fernández, nado en Vilachá Pedrosa (Veiga, Becerreá) cara a 1882 e finado no mesmo lugar o 29 de setembro de 1953, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fiscal municipal de Becerrea en 1905,[1] e xuíz municipal de Becerreá en 1907.[2] Militante do Partido Liberal, foi elixido deputado provincial polo distrito da Fonsagrada-Becerreá en 1915.[3] Foi un dos asinantes do manifesto anticaciquil dirixido ao distrito de Becerreá en maio de 1930 con Mauro Fernández, Faustino Cela e José de Boado.[4] Na República foi alcalde de Becerreá. Militou en Izquierda Republicana, da que foi directivo en Lugo. Foi nomeado xestor da Deputación provincial de Lugo polo distrito de Becerreá-Fonsagrada en decembro de 1935 e elixido presidente da Comisión xestora da Deputación o 30 de decembro.[5] Continuou no cargo até marzo de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de decembro e ingresou na cadea de Lugo. Estivo detido sen procesamento xudicial ata o 11 de marzo de 1938 e foi condenado ao desterro en Soria. Foi sancionado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas ao pago dunha forte multa e cinco anos de inhabilitación.[6] Finou en Vilachá Pedrosa o 29 de setembro de 1953.[7]
Predecesor: ? |
Alcalde de Becerreá |
Sucesor: ? |
Predecesor: José Cobreros de la Barrera |
Presidente da Deputación de Lugo 1935 - 1936 |
Sucesor: Celestino Noya Rodríguez |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Becerreá con Ana Fernández Poy en 1920,[8] e foi pai de Serafín e María García Fernández.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Regional, 28-5-1905, p. 2.
- ↑ El Norte de Galicia, 21-10-1907, p. 2.
- ↑ Verdad y Justicia, 12-6-1915, p. 6.
- ↑ "Galicia en marcha", El Pueblo Gallego, 13-5-1930, p. 9.
- ↑ El Pueblo Gallego, 31-12-1935, p. 12.
- ↑ BOE, 15-10-1940, p. 4809.
- ↑ Necrolóxica en El Progreso, 1-10-1953, p. 3.
- ↑ El Eco de Santiago, 5-11-1920, p. 2.