O príncipe ra
Aparencia
O príncipe ra | |
---|---|
O príncipe ra, ilustración de Anne Anderson (1874-1930). | |
Título orixinal | Der Froschkönig oder der eiserne Heinrich |
Autor/a | Irmáns Grimm |
Orixe | Alemaña |
Lingua | lingua alemá |
Xénero(s) | Conto de fadas |
Data de pub. | 1812 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O príncipe ra é un conto de fadas tradicional, coñecido pola versión dos irmáns Grimm.
Resumo do conto
[editar | editar a fonte]Unha princesa ten unha bóla de ouro que ama, pero un día, xogando ó redor dunha fonte, cáeselle nela. Para recuperala fai un pacto cunha ra: esta traeralle a bóla e, en troco, a princesa será a súa amiga e levarana ó palacio. Pero a princesa, cando xa tivo o que quería, esqueceuse da súa promesa, polo que a ra foi a palacio a pedir que a cumprira. A princesa tivo que facelo porque así o ordenou o seu pai, pero todo cambia cando descobre que a ra é realmente un príncipe encantado.