O imperio contraataca
A guerra das galaxias, episodio V: O imperio contraataca | |
---|---|
Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Star Wars Episode V: The Empire Strikes Back |
Director | Irvin Kershner |
Produtor | Gary Kurtz Executivo George Lucas |
Guión | Leigh Brackett Lawrence Kasdan |
Intérpretes | Mark Hamill Harrison Ford Carrie Fisher Billy Dee Williams Anthony Daniels David Prowse Kenny Baker Peter Mayhew Frank Oz |
Música | John Williams |
Fotografía | Peter Suschitzky, BSC |
Montaxe | Paul Hirsch |
Estudio | Lucasfilm |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 21 de maio de 1980 28 de decembro de 1990 (TVG) |
Duración | 129 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ficción científica, aventuras |
Orzamento | $32 000 000 |
Recadación | $538 375 067 |
Filme anterior | A guerra das galaxias |
Filme seguinte | O retorno do Jedi |
Na rede | |
http://www.starwars.com/explore/the-movies/episode-v | |
O imperio contraataca[1] ou A guerra das galaxias, episodio V: O imperio contraataca (en inglés: Star Wars Episode IV: The Empire Strikes Back) é un filme estadounidense dirixido por Irvin Kershner e producido por George Lucas que se estreou en 1980. É o segundo filme da saga de Star Wars, pero o quinto en orde cronolóxica interna da saga. Estreouse en galego na TVG o 28 de decembro de 1990.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Tras un ataque sorpresa das tropas imperiais ás bases camufladas da alianza rebelde, Luke Skywalker, en compaña de R2-D2, parte cara ao planeta Dagobah en busca de Yoda, o derradeiro mestre Jedi, para que lle ensine os segredos da Forza. Mentres, Han Solo, a Princesa Leia, Chewbacca, e C-3PO esquivan as forzas imperiais e piden refuxio ó antigo propietario do Falcón Milenario, Lando Calrissian, no planeta mineiro de Bespin, onde lles agarda unha trampa de Darth Vader.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Mark Hamill como Luke Skywalker
- Harrison Ford como Han Solo
- Carrie Fisher como Princesa Leia Organa
- Billy Dee Williams como Lando Calrissian
- Anthony Daniels como C-3PO
- David Prowse como Darth Vader
- Kenny Baker como R2-D2
- Peter Mayhew como Chewbacca
- Frank Oz como Yoda
- Jeremy Bulloch como Boba Fett
- Alec Guinness como Obi-Wan "Ben" Kenobi
- Denis Lawson como Wedge Antilles
- Clive Revill como a voz do Emperador Palpatine
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A dobraxe de "O imperio contraataca"". crtvg. 03-08-2000. Arquivado dende o orixinal o 14-10-2013. Consultado o 15-03-2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Filmes de Star Wars
- Filmes de 1980
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Irvin Kershner
- Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América
- Filmes de guerra e ciencia ficción dos Estados Unidos de América
- Filmes con banda sonora de John Williams
- Filmes de 20th Century Fox
- Filmes de Elstree Studios
- Filmes rodados en Noruega
- Filmes sobre xemelgos
- Filmes preservados no National Film Registry
- Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes de 1980 con versión en galego