Nosa Señora da Almudena
Nosa Señora da Almudena | |
---|---|
Advocación da Virxe María | |
Historia | |
Orixe da devoción | en Madrid |
Veneración | |
Venerada en | Igrexa Católica |
Festividade | 9 de novembro |
Santuario principal | Catedral de Santa María a Real da Almudena de Madrid |
Patroa de | Madrid |
A Virxe da Almudena é unha advocación mariana da Igrexa Católica. É a patroa da cidade de Madrid e da Arquidiocese de Madrid, sendo venerada na Catedral de Santa María da Almudena. A súa festividade celébrase o 9 de novembro.
Orixe
[editar | editar a fonte]Segundo a tradición, a imaxe de Santa María a Real da Almudena, que anteriormente fora denominada como Santa María a Maior, foi atopada no ano 1085 durante a conquista da cidade de Madrid polo rei Afonso VI de León nun dos cubos ou torreóns encostados á muralla árabe, preto da Porta da Vega.
Imaxe
[editar | editar a fonte]A imaxe que se conserva actualmente na catedral de Madrid é de estilo gótico tardío, realizada posiblemente entre os séculos XV e XVI. Representa a María como raíña con túnica avermellada e rico manto recamado, con volta en cor azul, que cobre os seus ombreiros e cae en pliegues tubulares por diante. Sostén ao Neno, espido, con ambas mans. É unha talla de boa calidade artística, en madeira dourada e policromada. A súa realización atribúese ao círculo de Sebastián de Almonacid ou ben a Diego Copín de Holanda, ambos escultores activos en Toledo a finais do século XV.