Saltar ao contido

Noite transfigurada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arnold Schönberg en 1948.

Noite transfigurada, Op.4 (título orixinal: Verklärte Nacht) é un sexteto de cordas nun só movemento do compositor austríaco Arnold Schönberg. Foi composta en 1899, programaticamente inspirada no poema homónimo de Richard Dehmel.

Viena 1900

[editar | editar a fonte]

O ambiente onde se desenvolve a obra de Schönberg é a capital do Imperio Austro-húngaro: Viena. A finais do século XIX, o país era unha suma de territorios de países actuais que, polo tanto, albergaba moitas e diferentes culturas. Viena era o centro económico e social e, logo, o punto de migración para os habitantes da contorna: o muticulturalismo estaba á orde do día.

Con todo, é preciso sinalar que entre os dous millóns de persoas que convivían por aquela época na cidade, máis poboación que a que alberga actualmente, existía, como en toda Europa, un gran grupo de obreiros descontentos coa súa situación laboral e económica (fomentados polos movementos que partiron do manifesto comunista de 1848). Por outro lado, porén, esta cidade en particular gozaba tamén dunha numerosa e predominante aristocracia e burguesía, que vivía nun estado de benestar e estabilidade. Esta comodidade funciona de caldo de cultivo para o desenvolvemento das artes de das ciencias; de feito, alí conviviron figuras como o pintor Gustav Klimt, o pai da psicanálise Sigmund Freud, o filósofo Wittgenstein, o compositor Gustav Mahler, o arquitecto Otto Wagner...

No tocante a música, tras primeiro á época dourada das figuras de Mozart, Haydn e Beethoven, e despois o declive da época das guerras napoleónicas só salvado pola figura de Johann Strauss (quen plasmou maxistralmente as necesidades da clase social aristocrática supervivente aos acontecementos), o renacer da música vienesa podería datar de 1868. Neste momento, Brahms e Brukner chegan á cidade, dando un respiro de vitalidade ao panorama musical do que beberá Schönberg. A data de morte de Brahms, 1897, coincide ademais con dous acontecementos igualmente decisivos na cidade: por un lado, créase a Secesión, un movemento artístico englobado no modernismo que aspira a liberarse do academicismo e dotar de liberdade ao creado en busca da máxima expresividade e e exuberancia; e, por outro, Gustav Mahler é nomeado director da Ópera Imperial. Comezaba así o momento decisivo para a novidade cultural, e neste contexto é onde nace a Noite Transfigurada.

O primeiro Schönberg

[editar | editar a fonte]

A figura de Schönberg poderíase recoñecer como aquela que soubo beber da música de Wagner e Brahms e facer unha proxección da mesma, desenvolvendo a súa teoría, que sentaría as bases para toda a nova música de despois da segunda guerra mundial.

Nado en Viena en 1876, fillo de xudeus procedentes de Bratislava, a súa relación coa música foi moi débil (simplemente na súa familia por parte de nai existían varios cantantes) e principalmente autodidacta. Así, comeza a tocar o violín e o cello e aos vinte anos entra nunha pequena orquestra dirixida por Alexander Von Zemlinsky, un director e compositor recoñecido que se convertería nunha peza clave da súa educación. De feito, Noite Transfigurada foi composta tres semanas despois de coñecer a Mathilde Zemlinsky, a irmá do seu profesor, coa que casaría máis tarde. Estreouse detrás do seu primeiro cuarteto, e sempre protexido pola reputación de Zemlinsky. Foi sen dúbida o comezo dun proceso de abstracción que viaxará á par que o expresionismo de autores como Kandinsky. (Como lle diría nunha carta: “Na súa música fixo realidade aquilo que eu busquei tanto tempo. (...) A disonancia de hoxe será a consonancia de mañá” [1])

De feito, Noite transfigurada, como procurarían os pintores daquela época, foi o preludio dun encontro coa beleza autónoma, coa disolución da cor na propia cor, á marxe de calquera norma establecida, que se verá retratado en obras posteriores coma ‘Pelléas et Mélisande’ ou ‘Pierrot Lunaire’.

Noite transfigurada, pequeno resumo

[editar | editar a fonte]

Noite transfigurada é primeiro de todo unha obra programática. Escrita en 1899, o colectivo de sexteto de cordas para interpretala, isto é, unha agrupación camerística para un poema sinfónico, é a primeira singularidade da obra. Está escrita sobre un poema de Richard Dehmel, un artista socialista do círculo de Gustav Mahler e fervente admirador de Nietzche. A obra ten cinco pequenas partes nas que se alternan diferentes descricións da natureza, funcionando como unha metáfora dos estados dos protagonistas. Ademais, aparecen dous monólogos: o primeiro é unha confesión da muller cara ao home co que camiña: os dous están namorados, pero ela está embarazada dun amor anterior e iso énchea de culpa. O segundo monólogo, a contestación do home, que lle resta importancia ao asunto, pois, tal e como o ven os seus ollos, o ser amantes fainos un, polo que o fillo é de ambos. A transfiguración da natureza e o ceo en signo do seu amor e fluxo natural do mesmo é o fondo que entrelaza todo o poema.

Novedades compositivas

[editar | editar a fonte]

En noite transfigurada, (como a denominaría Eugenio Trias, unha ‘ópera sen palabras’ [2]) a utilización de cromatismos transformouse case nunha necesidade, e por iso non entendeu de consecuencias. Dende o cromatismo de Tristán de Wagner, Noite transfigurada poderíase entender como un pequeno paso na escaleira cara ao atonalismo: un camiño no que o centro tonal vaise facendo máis e máis ambiguo, ata que os doce tons gozan da mesma importancia. Mais isto trae consigo outro aspecto, froito da súa controversia. A utilización importante de cromatismos trae consigo un cambio conceptual. Historicamente, os cromatismos sempre foron fontes de expresión de numerosos e variados sentimentos: dor, enfado… A frecuencia e a omnipresencia no seu uso fai entón que perdan este valor expresivo, liberando a música deste significado. En palabras de Peter Kivy, “A tonalidade maior/menor é ao código expresivo o que a gramática á linguaxe”[3]. A partir de aí, o seguinte paso na perda de calquera físgoa emotiva ou significativa será o serialismo que Schönberg desenvolverá máis tarde.

Recepción e controversia

[editar | editar a fonte]

Non é de estrañar pois que a obra fose obxecto de grandes críticas. De feito, pese a estar Schönberg protexido polo colectivo musical contemporáneo vienés, e tras ter sido recoñecido coma un talento fóra do común por estes círculos coa estrea do cuarteto en re maior, non lle permiten estrear Noite transfigurada por ser considerada harmonicamnete incomprensíbel. Tanto é así que, para os contemporáneos, esta obra soaba “coma se a partitura do Tristán fose untada mentres a tinta seguía mollada” [4]. O detonante é un acorde de novena que aparece no compás 43, denominado naquela época ‘acorde de Tristán descolorido’, facendo referencia ao posicionamento da novena como baixo e satirizando ao recoñecido acorde wagneriano.

Máis tarde, en 1911, no seu tratado de harmonía, Schönberg explicaría as limitacións ás que se viu sometido:

"No meu sexteto Noite transfigurada escribín, sen saber o que facía desde un punto de vista teórico, e deixándome guiar tan só polo meu oído, o investimento dun acorde de novena. (...) Converteuse maliciosamente no máis inaceptábel movemento para os teóricos, posto que a novena atopábase no baixo (...). Comprendo agora esa indignación, incomprensíbel para min naquela época, de certa sociedade de concertos que se nega a tocar o meu Sexteto por mor deste acorde (foi ese verdaderamente o seu argumento). Naturalmente: o investimento do acorde de novena non existe, tampouco entón a súa creación, co que non podemos crear o que non existe. E vinme obrigado a esperar uns cantos anos. Non fai falla dicir que no momento da creación ninguén se deu conta de que había un acorde de novena en cuarto investimento."[5]

En efecto, a incomprensiónimpediu a súa estrea até o 18 de marzo de 1902 na Sociedade Musical Vienesa, e, como era de esperar, levantou controversias, tanto pola música coma polo texto.

Zwei Menschen gehn durch kahlen, kalten Hain;

der Mond läuft mit, sie schaun hinein.

Der Mond läuft über hohe Eichen;

kein Wölkchen trübt das Himmelslicht,

in das die schwarzen Zacken reichen.

Die Stimme eines Weibes spricht:


„Ich trag ein Kind, und nit von Dir,

ich geh in Sünde neben Dir.

Ich hab mich schwer an mir vergangen.

Ich glaubte nicht mehr an ein Glück

und hatte doch ein schwer Verlangen

nach Lebensfrucht, nach Mutterglück

und Pflicht; da hab ich mich erfrecht,

da ließ ich schaudernd mein Geschlecht

von einem fremden Mann umfangen,

und hab mich noch dafür gesegnet.

Nun hat das Leben sich gerächt:

nun bin ich Dir, o Dir, begegnet.


Sie geht mit ungelenkem Schritt.

Sie schaut empor; der Mond läuft mit.

Ihr dunkler Blick ertrinkt in Licht.

Die Stimme eines Mannes spricht:


„Das Kind, das Du empfangen hast,

sei Deiner Seele keine Last,

o sieh, wie klar das Weltall schimmert!

Es ist ein Glanz um alles her;

Du treibst mit mir auf kaltem Meer,

doch eine eigne Wärme flimmert

von Dir in mich, von mir in Dich.

Die wird das fremde Kind verklären,

Du wirst es mir, von mir gebären;

Du hast den Glanz in mich gebracht,

Du hast mich selbst zum Kind gemacht.“


Er faßt sie um die starken Hüften.

Ihr Atem mischt [o küsst] sich in den Lüften.

Zwei Menschen gehn durch hohe, helle Nacht.

Dúas persoas camiñan a través dun espido bosque frío;

A lúa corre sobre eles, míranse nela.

A lúa corre sobre os altos carballos;

nin unha nube escurece a luz do ceo

cara a onde as negras ramas se estenden.

A voz dunha muller fala:


“Levo un neno, e non de ti,

camiño en pecado xunto a ti,

cometín unha grande ofensa contra min mesma.

Eu xa non cría que puidese ser feliz,

e porén, tiña o forte desexo

do froito de vida, da felicidade de ser nai

e de deber, así cometín un descaro,

así, temendo, entreguei o meu sexo

aos brazos dun home estraño,

e incluso quedei embarazada.

Agora a vida vingouse:

Agora, oh a ti, encontreite.”


Ela camiña con paso torpe.

Levanta a vista; a lúa corre sobre eles.

Os seus ollos escuros afogan na luz.

A voz dun home fala:


“O neno que recibiches,

que non cargue sobre a túa alma.

Só mira que claro brilla o universo!

Hai un resplandor sobre todas as cousas;

ti frotas xunto a min en mar frío,

pero unha calor especial pestanexa

desde ti cara min, desde min cara ti.

Esa transfigurará ao neno,

a min, de min mo nacerás.

por ti entroume o esplendor,

fixeches un neno de min mesmo.”


El apoia a súa man nos seus amplos cadrís.

Os seus alentos entremézclanse [ou bícanse] no aire.

Dúas persoas camiñan a través da alta noite luminosa.


Recepción

[editar | editar a fonte]

Verklärte Nacht xerou polémicas cando foi estreada en 1902. Isto pode ter sido xa ben polo son modernístico que imprimía o uso de harmonías cromáticas zogando cos límites da tonalidade como polas explícitas referencias a temáticas sexuais do poema de Dehmel. Por riba, o uso dun "inexistente" acorde de novena invertido ("inexistente" polo feito de non ter sito categorizado previamente, e polo tanto prohibido) causo controversia e resultou no rechazo da obra por parte da Sociedade de Música de Viena (Wiener Tonkünstlerverein). Schönberg resaltou: "e así (la obra) non pode ser interpretada, xa que non se pode interpretar o que non existe".[6]

Obras relacionadas

[editar | editar a fonte]
  1. Frisch Walter (1999). Schoenberg and his world. New Jersey: Pricenton paperbacks. ISBN 0-691-04861
  2. Trias Eugenio (2007). El canto de las sirenas. Madrid: Galaxia Gutenberg, p.456. ISBN 9788481097016
  3. “Major/minor tonality is to the expressive code what grammar is to a natural language”. Kivy Peter (2001). New essays on musical understanding. Great Britain: Oxford University Press. ISBN 0-19-924661-0
  4. McCalla James (1988). Sea-Changes: Boulez’s Improvisations sur Mallarmé, A: Journal of Musicology 6. Bloomington, p.83-106.
  5. Schoenberg, Arnold (1979). Tratado de Harmonía. Real Musical. ISBN 978-84-387-0054-9. 
  6. Mark Vignal, Notes to Boulez/ New York Philharmonic Recording 1977