Nixe
As nixes ou nixias,[1] coñecidas como neck en inglés, nix e nixe en alemán, en nórdico antigo nykr, en noruegués nøkk, en sueco näck e en danés nøkken, fan referencia aos espíritos acuáticos do folclore alemán e escandinavo, que poden cambiar de forma. O seu sexo, nomes e transformacións como diferentes animais varían xeograficamente. A nixe ou nixie alemá é unha serea fluvial, de sexo feminino.
O nome está relacionado co termo anglosaxón nicor e o antigo alto alemán nihus, ambos designando un tipo de demo acuático. Tamén o nome deriva do alemán *nikwus ou *nikwis(i).
Os nórdicos nykr, nøkk, nøkken e näcken son espíritos que habitaban a auga de ríos e lagos. As historias sobre nøkken adoitan estar moi relacionadas coas historias sobre outros seres sobrenaturais e mitolóxicos que viven na auga. Aegir non lles permitiu entrar no mar. Os ou as nixes son extremadamente temperamentais: ás veces meten os peixes nas redes dos pescadores, ás veces viran os seus barcos ou mesmo os afogan nas xeadas augas.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A rosa-dos-ventos da mistificação (en portugués). 1976.
- ↑ Andressa Furlan Ferreira. "Nykr, o espírito da água nórdico" (PDF) (en português). Consultado o 23 de novembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nixe |