Niutao
(en) Niutao | ||||
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Tuvalu | |||
Situado na entidade xeográfica | Tuvalu | |||
Localización | ||||
División administrativa | Niutao Island Council, Tuvalu (en) | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Características | ||||
Dimensións | 1,2 () × 2,6 () km | |||
Superficie | 2,53 km² | |||
Niutao é unha illa no norte de Tuvalu.
Tamén é un dos nove distritos de Tuvalu e un dos tres que consisten en soamente unha illa (sen contar os tres illotes dentro da lagoa pechada). Ten unha poboación (censo 2002) de 663 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa posúe unha forma aproximadamente dun óvalo cunha lonxitude de preto de 1.6 quilómetros. Hai dúas lagoas salobres. A máis grande ten tres illas e unha presa. Mapas máis vellos mostran que a única aldea é Tuapa (co barrio de Angafoulua). Segundo o censo 2002, pola contra, lista a aldea de Kulia (224 habitantes) e a aldea de Teava (439 habitantes).
Hai un maneapa (sala comunal), unha igrexa, unha oficina de correos, e tres pozos de auga. A uns 800 m atópase o cemiterio, e a 400 m o hospital. O hospital e a aldea están no oeste (aldea ao sur, hospital ao norte) da illa e o cemiterio na zona sur-central da illa. Hai moita vexetación de clima seco e algúns pequenos bosques de mangleiros. Un arrecife rodea toda a illa. Non hai trens ou aeroportos.
En 1949, dado que Niutao estaba sobre poboado parte da súa poboación emigrou cara a Niulakita que estaba deshabitada.