Nervio cubital
O nervio cubital ou nervio ulnar é un nervio do membro superior humano. É unha rama terminal do fascículo medial do plexo braquial.
Características
[editar | editar a fonte]Preto da súa orixe adoita recibir unha rama comunicante da raíz lateral do nervio mediano, que se orixina no fascículo lateral e porta febras de C7. O nervio cubital pasa polo brazo e antebrazo acadando a man, onde innerva todos os músculos intrínsecos desta (agás os tres músculos da eminencia tenar e os dous músculos lumbricais laterais). No seu traxecto polo antebrazo, dá lugar a ramas para innervar o músculo flexor cubital do carpo e a metade medial do músculo flexor común fondo dos dedos da man. O nervio cubital innerva a pel situada sobre a superficie palmar do quinto dedo, a metade medial do cuarto dedo, a pel da palma e pulso, e a da superficie dorsal da zona medial da man.
Innervacións
[editar | editar a fonte]O nervio cubital innerva:
- Músculo flexor cubital do carpo.
- Metade medial do músculo flexor común fondo dos dedos.
- Músculo opoñente do maimiño.
- Músculo abdutor do maimiño.
- Músculo flexor curto do maimiño.
- Músculo abdutor longo do polgar.
- Terceiro e cuarto músculos lumbricais.
- Músculos interóseos dorsais da man.
- Músculos interóseos palmares da man.
- Músculo flexor curto do dedo polgar.
- Músculo palmar curto.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.