Neofascismo
Neofascismo é unha ideoloxía xurdida despois da segunda guerra mundial a cal inclúe elementos significativos do fascismo. O termo neofascista pode ser aplicado a grupos que expresen unha admiración específica por Benito Mussolini e pola Italia fascista. O neofascismo xeralmente inclúe nacionalismo, nativismo, anticomunismo e oposición ó sistema parlamentarista e á democracia liberal. A alegación de que un grupo sexa neofascista pode ser calorosamente contestada, particularmente se o termo foi usado como un epíteto político. Algúns réximes posteriores á segunda guerra mundial foron descritos como neofascistas por mor da súa natureza autoritaria, e, ás veces, pola súa fascinación pola ideoloxía e rituais fascistas.
A tradición de réximes populistas e autoritarios da América Latina que deron orixe ós caudillos do século XIX e comezos do século XX, e varias xuntas militares que tomaron o poder durante a Guerra fría crearon condicións favorábeis para o xurdimento de grupos e mesmo de gobernos aliñados con algúns ou varios puntos do ideario fascista. A maioría das xuntas constituíronse como ditaduras militares tradicionais, e algúns destes réximes (como o arxentino), deron gorida a ex-nazis tales como Adolf Eichmann e apoiaron movementos neofascistas (como a Alianza Anticomunista Arxentina).[1]
España
[editar | editar a fonte]En España, o réxime político de Francisco Franco “desfascistouse progresivamente durante preto de trinta anos”, formándose varios "grupúsculos" neofascistas en combate ó réxime a finais do anos 50 e 60.[2] Trala morte de Franco, en novembro de 1975, iniciouse un período de transición para a Monarquía Constitucional durante o cal, entre 1976 e 1981, varios grupos neofascistas e de extrema dereita pasaron a desencadear accións de índole terrorista, cometendo 46 asasinatos e varios ataques á propiedade. En 1981, as autoridades españolas prenderon 141 militantes desas organizacións neofascistas.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fascismo e neofascismo na América Latina por Hélgio Trindade. Consultado o 6 de abril de 2020.
- ↑ Stanley G. Payne, A History of Fascism, 1914-1945, Londres, UCL Press, 1995, p. 509
- ↑ Cambio 16 (Madrid), 30 de agosto de 1982