Nantes Basket Hermine
Nantes Hermine | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Pro B |
Alcume | NBH |
Fundación | 1932 |
Cores | Branco, azul, vermello |
Presidente | Thierry Brochard |
Adestrador | Jean-Marc Dupraz |
Localización | |
Cidade | Nantes, Francia |
Pavillón | Salle de la Trocardière |
Capacidade | 4 185 |
Inauguración | 2015 |
nantes-basket.com |
O Nantes Basket Hermine é un equipo de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Nantes, Países do Loira. Fundado en 1907, actualmente compite na LNB Pro B, segunda categoría do baloncesto galo. Disputa os seus partidos como local na Salle de la Trocardière, un pavillón inaugurado en 2015 con capacidade para 4 185 espectadores.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O Hermine de Nantes foi fundado en 1891 como padroado parroquial da igrexa de Sainte-Anne co nome de "Les Enfants nantais de Sainte-Anne". A construción da igrexa e a creación da parroquia baixo o patrocinio de Santa Ana poden explicarse polo feito de que o barrio albergaba entón unha numerosa comunidade de bretóns orixinarios sobre todo da Baixa Bretaña que se asentaban no barrio desde o século XIX, sendo Santa Ana a patroa da Bretaña. O club tomou o nome de "Hermine de Nantes" en 1907, nome que escolleu a sección de ximnasia. En heráldica, o armiño aparece no escudo da Bretaña desde comezos do século XIV.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]- Olivier Allinéi
- Christian Beuchet
- Laurent Cazalon
- Jérôme Dessart
- Boris Dallo
- Cédric Ferchaud
- Nicolas Gayon
- Chris Coleman
- Allen Durham
- Rashaun Freeman
- Marquis Gainous
- Kenny Grant
- Malcolm Huckaby
- Eddie Lucas
- Floyd Miller
- George Reese
- Marcus Relphorde
- Steve Watson
- Brendan Winters
- Aaron Cel
- Joe McNaull
- Jonathan Kasibabu
- Carl Ona-Embo
- Malick Badiane
Adestradores
[editar | editar a fonte]Palmarés
[editar | editar a fonte]Leaders Cup da Segunda División
- Campións (1): 2020
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Salle sportive métropolitaine". pss-archi.eu.