Saltar ao contido

Mwepu Ilunga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMwepu Ilunga
Biografía
Nacemento22 de agosto de 1949 Editar o valor en Wikidata
Congo Belga, Imperio colonial belga Editar o valor en Wikidata
Morte8 de maio de 2015 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Kinshasa, República Democrática do Congo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaRepública Democrática do Congo
Zaire Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1969–1980 Tout Puissant Mazembe
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1973–1974   República Democrática do Congo 10(0)
Participou en
1974Mundial de Fútbol Alemaña 1974
1974Copa de África de Nacións de 1974 Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm8528044 FIFA: 54841 Editar o valor en Wikidata

Joseph Mwepu Ilunga, ás veces mencionado Alunga Mwepu, nado no Congo Belga o 22 de agosto de 1949 e finado en Kinshasa o 8 de maio de 2015, foi un futbolista da República Democrática do Congo, que xogaba de defensa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Acadou sona defendendo a camiseta do Zaire na fase final do Mundial de Fútbol Alemaña 1974, nun partido ante o Brasil, por saír da barreira nunha falta e golpear a pelota antes de que esta se puxese en xogo.[1] Zaire perdeu o partido por 0-3.[2] Máis tarde o xogador afirmou que o fixera deliberadamente para ser expulsado como acto de protesta contra as autoridades do seu país.[3] O equipo tamén perdeu contra Escocia, 0-2, e contra Iugoslavia, 0-9.[4]

Ilunga morreu en maio de 2015 despois dunha longa enfermidade[5] no Hospital de Saint-Joseph en Kinshasa.[6]

  1. Top 50 football moments Consultado o 10 de xuño de 2006)
  2. Official FIFA match report Arquivado 10 de novembro de 2006 en Wayback Machine. Consultado o 16 de xuño de 2006)
  3. "Zaire free-kick farce explained". BBC (en inglés). 28 de maio de 2010. Consultado o 9 de agosto de 2024. 
  4. «MWEPU ILUNGA, AUTOR DEL DESPEJE MÁS FAMOSO DE LA HISTORIA» Ángel Iturriaga Barco
  5. The Guardian (ed.). "Former Zaire defender Mwepu Ilunga dies aged 66 after long illness". Consultado o 9 de maio de 2015. 
  6. Foot: l’ancien Léopard Joseph Ilunga Mwepu décédé à l’âge de 66 ans - Radio Okapi (en francés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]