Muras
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | Muras | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 600 (2023) (3,66 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 164 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Manuel Requeijo | ||||
Eleccións municipais en Muras | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27033 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27033 | ||||
Páxina web | muras.gal | ||||
Muras é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2018 tiña 636 habitantes (926 no 2006, 941 no 2005, 978 no 2004, 1.020 no 2003).
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello ten 164 km², e abrangue 8 parroquias. Limita ao norte con Ourol, ao sur con Vilalba e Xermade, ao leste co Valadouro e Abadín e ao oeste coas Pontes de García Rodríguez (provincia da Coruña). Atópase a menos dunha hora dos núcleos urbanos próximos como Ferrol, A Coruña ou Lugo.
Historia
[editar | editar a fonte]Na zona consérvanse restos de asentamentos prehistóricos. A documentación máis antiga data do século XII, mencionando o castelo de Muras, propiedade dos condes de Lemos.
O municipio constituíuse como tal en 1835, e estivo integrado até 1965 no partido xudicial de Viveiro. Até 1988 pertenceu ao de Mondoñedo, e na actualidade está integrado no de Vilalba.
En Muras publicáronse os periódicos El Eco Murense (1914) e El Progreso Murés (1915).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de San Pedro de Muras ten tres naves con planta de cruz latina enmarcada nun rectángulo. A torre do campanario, de estilo barroco e construída en 1846, non forma parte no conxunto.
A torre de Silán e o pazo conservan portas e fiestras de estilo gótico. O recinto feiral de Viveiró atópase abandonado.
Poboación
[editar | editar a fonte]Censo total | 636 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 32 (5.03 %) |
Entre 15 e 64 anos | 332 (52.20 %) |
Maiores de 65 anos | 272 (42.77 %) |
Evolución da poboación de Muras Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3.272 | 3.085 | 3.129 | 2.228 | 978 | 830 | 784 | 754 | 723 | 696 | 684 | 668 | |||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Economía
[editar | editar a fonte]A economía do municipio depende en gran parte dos sectores agrícola e industrial, nos que destacan as empresas Plásticos Ferro SL, Hypor España G P SA, Técnica de Envases Pesqueros TEP SA, ER2 envasado con retorno y reutilización SA, e Trans Gra-Mur SL.
Un sector de recente implantación nesta zona é o da produción de enerxía eólica, con importantes investimentos das empresas Iberdrola, Acciona, Ecyr e Norvento, que supón o aproveitamento do potencial que ten Muras na actividade das enerxías renovables.
Tamén son importantes os ingresos económicos procedentes do emprego ofertado polos concellos limítrofes: a industria das Pontes, e os servizos de Vilalba e Viveiro.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Muras.
-
Placa da Praza de Cándida Bello, no Viveiró
-
Placa altimétrica do concello.
-
Nacemento do río Landro na serra do Xistral.
-
Vistas do parque eólico de Muras.
Lugares de Muras
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muras vexa: Lugares de Muras.
Parroquias
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Muras |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |