Saltar ao contido

Multiplayer online battle arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Distribución habitual dos mapas dos MOBAs

Multiplayer online battle arena (MOBA), en galego campo de batalla multixogador en liña, tamén coñecido como action real-time strategy (ARTS), en galego estratexia de acción en tempo real, é un xénero de videoxogos orixinado como un subxénero da estratexia en tempo real, no que o xogador controla a unha personaxe dentro dun equipo de varios xogadores. O obxectivo dos xogos deste xénero é destruír a estrutura principal do equipo contrario coa axuda doutras unidades controladas pola computadora que se moven por camiños predefinidos dentro do mapa do xogo. As personaxes dos xogadores posúen varias habilidades e vantaxes que van mellorando durante a partida e que contribúen á estratexia global do seu equipo. Este tipo de videoxogos combinan elementos dos videoxogos de acción, rol e estratexia en tempo real.

O precursor deste xénero foi Aeon of Strife (AoS), un mapa a medida feito para o videoxogo StarCraft.[1][2][3] Defense of the Ancients (DotA), un mapa para o videoxogo Warcraft III: Reign of Chaos e The Frozen Throne baseado en Aeon of Strife, está considerado un dos principais títulos deste xénero e o primeiro MOBA para o que se levaron a cabo torneos con patrocinadores.[3] Outros dos principais títulos dentro deste xénero son League of Legends, Heroes of Newerth e Dota 2.

  1. "Frequently Asked Questions". GetDota.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2010. Consultado o 12 de outubro de 2016. 
  2. John Funk. "MOBA, DOTA, ARTS: A brief introduction to gaming's biggest, most impenetrable genre". Polygon. Consultado o 23 de decembro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 "History of DotA". Gosugamers.net. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2013. Consultado o 8 de setembro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.