Mulleres en Afganistán
Os dereitos das mulleres en Afganistán foron oscilando dependendo do período de tempo así como do réxime no poder. Despois dos intentos do rei Amanullah Khan de modernizar o país na década de 1920, as mulleres obtiveron oficialmente a igualdade baixo a Constitución de 1964.[1] Porén, estes dereitos foron suprimidos na década de 1990 a través de diferentes gobernantes temporais como os muxahidin e o talibáns durante a guerra civil afgá. Durante o primeiro réxime talibán (1996–2001), as mulleres tiñan moi pouca ou ningunha liberdade, concretamente en termos de liberdades civís. Cando os talibáns foron derrocados polos Estados Unidos logo dos atentados do 11 de setembro de 2001, os dereitos das mulleres melloraron gradualmente baixo o goberno da República Islámica de Afganistán.[2][3][4] As mulleres eran de jure iguais aos homes segundo a Constitución de 2004.[5][6][7]
Logo de que os talibáns recuperasen o poder de novo en agosto de 2021, impuxéronse severas restricións ás mulleres. As mulleres non poden viaxar máis de 70 km sen un parente próximo varón e están obrigadas a levar a cara cuberta en público de forma que só sexan visibles os seus ollos. Non se lles permite traballar na maioría dos sectores fóra da saúde e a educación. Teñen prohibido estudar en escolas secundarias e universidades. As mulleres teñen severamente restrinxido o acceso a espazos públicos no país xa que poden acceder a parques e ximnasios, e os salóns de beleza do país, a maioría deles dirixidos por mulleres, tiveron que pechar por orde do goberno en xullo de 2023.[8][9][10][11]
En xullo de 2022, Hibatullah Akhundzada, o líder dos talibáns, arremeteu contra as críticas e esixencias da comunidade internacional sobre as restricións aos dereitos humanos dos talibáns, rexeitando calquera negociación ou compromiso sobre o seu "sistema islámico" de goberno.[12][13][14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "An introduction to the constitutional law of Afghanistan" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de maio de 2022. Consultado o 5 de decembro de 2019.
- ↑ "Afghan forces could turn guns on Kabul without US air support, cash and troops, among other warnings". military times. 29 de marzo de 2019. Consultado o 29 de marzo de 2019.
Of 320 parliamentary seats, 63 are held by women; 68,000 Afghan women are school and university instructors. And another 6,000 serve as judges, prosecutors, defense attorneys, police and soldiers, according to SIGAR’s report.
- ↑ "Afghan Girl Wins Reality Show For The First Time". TOLOnews. 2 de abril de 2019. Consultado o 18 de abril de 2019.
- ↑ Kabul's American university students defiant despite violence. Al Jazeera English. 16 de xullo de 2017. Archived from the original on 30 de abril de 2020. Consultado o 18 de abril de 2019.
- ↑ Sultan, Masuda (14 de xaneiro de 2004). "Afghan Constitution a Partial Victory for Women". Women's eNews. Consultado o 5 de decembro de 2019.
- ↑ "Women in Afghanistan - Norwegian Afghanistan Committee". www.afghanistan.no. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2019. Consultado o 26 de agosto de 2019.
- ↑ Farrah Azeem Khan (5 de decembro de 2018). "2018 Survey of Afghan People Shows Women's Rights are Complicated". Asia Foundation. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2021. Consultado o 6 de abril de 2019.
- ↑ "Afghanistan: Taliban ban women from universities amid condemnation". BBC News. 21 de decembro de 2022. Consultado o 21 de decembro de 2022.
- ↑ "Taliban prohibit university educations for Afghan women in latest revocation of rights". France 24. 20 de decembro de 2022. Consultado o 21 de decembro de 2022.
- ↑ Faulkner, Charlie (22 de decembro de 2022). "Taliban ban all Afghan women from university and girls from primary school". The Times (en inglés). ISSN 0140-0460. Consultado o 2022-12-22.
- ↑ Yong, Nicholas (2023-07-04). "Taliban order Afghanistan's hair and beauty salons to shut". BBC (en inglés) (SIngapore). Arquivado dende o orixinal o 2023-07-04. Consultado o 2023-07-04.
- ↑ "'It's our system': Taliban leader hits out at foreign demands on Afghan regime". The Guardian (en inglés). 1 de xullo de 2022. Consultado o 1 de xullo de 2022.
- ↑ Gul, Ayaz (1 de xullo de 2022). "Taliban Chief Slams Foreign 'Interference' in His 'Islamic' Governance". VOA News (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2022.
- ↑ "Taliban supreme leader addresses major gathering in Kabul". Al Jazeera (en inglés). 1 de xullo de 2022. Consultado o 1 de xullo de 2022.
A Galipedia ten un portal sobre: Muller |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mulleres en Afganistán |