Movemento 5 Estrelas
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde decembro de 2018) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
Movemento 5 Estrelas | |
---|---|
Acrónimo | M5S |
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Populismo, Política verde, Euroescepticismo, Decrecemento, Democracia directa, democracia virtual e Anticorrupção |
Data de fundación | 4 de outubro de 2009 |
Fundador(es) | Beppe Grillo e Gianroberto Casaleggio |
Presidente/a | Beppe Grillo (2009-) |
Nº de membros | 87.656 (2014) |
Sede | Roma |
País | Italia |
Na rede | |
https://www.movimento5stelle.it e https://www.movimento5stelle.eu/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Movemento 5 Estrelas (en italiano, MoVimento 5 Stelle ou M5S) é un movemento, autodefinido coma un non partido italiano, xurdido en 2009 baixo o liderado do comediante Beppe Grillo, coa finalidade de desprazar aos partidos tradicionais, e colocar cidadáns correntes no poder para estabelecer unha democracia directa a través do uso de Internet.
Historia
[editar | editar a fonte]Após a súa fundación, o Movemento gañou popularidade escollendo diversos cargos a nivel municipal e rexional, formando un goberno de coalición en Sicília, xuntamente co Partido Democrático. Nas eleccións nacionais de 2013 ao Parlamento Italiano, as primeiras para o M5S, o Movemento acadou o 26% da Cámara de Deputados (a maior bancada en termos de partidos illados) e o 24% do Senado.
O Movemento continuou a medrar en termos electorais, após as eleccións de 2013 consolidándose coma un dos maiores partidos políticos italianos. En 2016, o M5S conseguiu gobernar os concellos de Roma e Turín. Nas eleccións nacionais de 2018, liderados por Luigi Di Maio, o M5S volveu ser o partido máis votado ao conseguir preto do 33% dos votos e 229 deputados. Após meses de impasse e de tensións co presidente italiano, o Movemento conseguiu formar goberno coa Liga Norte, liderado por Giuseppe Conte.
Ideoloxicamente, o M5S é un partido bastante complexo e diverso, sendo un partido de liña populista, euroescéptico e anti-sistema. O Movemento defende a democracia directa e está contra as agresións militares de Occidente en Siria ou Libia. A pesar de ser acusado de ser de dereita pola súa posición anti-inmigración, o Movemento defende políticas tradicionalmente de esquerda coma políticas verdes (ambientalismo) e renda básica. As cinco estrelas representan as cinco prioridades do Movemento: Auga, Medio Ambiente, Mobilidade, Conectividade e Desenvolvemento.