Mora, Portugal
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Évora | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 4.978 (2011) (11,21 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 443,95 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 7490 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | cm-mora.pt |
Mora (antes Amora[1]) é unha aldea portuguesa no distrito de Évora, rexión Alentexo e subrexión de Centro Alentexo cuns 4.979 habitantes (2012).
A aldea de Mora é a sede do concello ou municipio de Mora con 443,95 km² de superficie e 4 978 habitantes (2011), subdividido en 4 parroquias. O concello está limitado ao norte polo concello de Ponte de Sor, nordeste por Avis, ao leste Sousel, ao sueste por Arraiolos e ao oeste por Coruche.
O concello recibiu foro de D. Manuel I en 1519.
Toponimia
[editar | editar a fonte]A primeira referencia ao topónimo Mora [2] faise nun documento de 1293 chamado Livro III das Composicións, a unha herdade chamada Cabeça de Mora.
Nun documento de 1786, Colecção da legislação antiga e moderna de Portugal [3] a aldea de Mora é denominada Amora nun percurso entre a ribeira de Marateca e Porto.
O topónimo Mora/Moura/Mouro, etc. é moi común na Península Ibérica asociado aos mouros. En Asturias [4][5] significa sitios pedregosos, outeiro.
Freguesías
[editar | editar a fonte]O municipio de Mora está dividido en 4 freguesías, ordenadas por extensión de maior a menor:
- Pavia
- Mora
- Brotas
- Cabeção
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O concello de Mora conta cos seguintes bens clasificados polo IPPAR :
- Torre das Águias
- Anta de Pavia, transformada na capela de San Dinís
- Igrexa Matriz de Pavia ou Igreja Matriz de São Paulo
- Cromlech do Monte das Fontaínhas Velhas ou Cromeleque 1 das Fontainhas
- Santuario e edificacións xunto á Igrexa Matriz de Brotas ou Santuário da Senhora das Brotas
- Pelourinho de Cabeção
Poboación
[editar | editar a fonte]Número de habitantes[6] | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1864 | 1878 | 1890 | 1900 | 1911 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011 |
3 674 | 4 176 | 4 710 | 5 425 | 6 648 | 7 160 | 8 530 | 9 613 | 10 271 | 10 276 | 7 588 | 7 056 | 6 588 | 5 788 | 4 978 |
(Nota: Número de habitantes "residentes", é dicir, que tiñan a residencia oficial neste concello no momento en que se realizou o censo. )
Política
[editar | editar a fonte]Eleccións locais (autárquicas) [7]
[editar | editar a fonte]Por primeira vez desde 1976, o PS acadou maioría co 48'12% dos votos e 3 representantes, por 2 da Coalición Democrática Unitaria (CDU, formada polo PCP, Os Verdes e ID) co 43'53% e 2 representantes. Desde o 1976 ao 2017 a coalición maioritaria foi a CDU ou partidos integrantes, e oscilou entre o 47'11% e o 67'67%.
Eleccións lexislativas
[editar | editar a fonte]Data | % | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
PCP | PS | PSD | CDS | UDP | APU/ | AD | FRS | PRD | PSN | B.E. | PAN | PàF | L | CH | IL | |
1976 | 45,90 | 27,95 | 9,16 | 7,56 | 2,46 | |||||||||||
1979 | APU | 11,67 | AD | AD | 1,49 | 49,58 | 32,14 | |||||||||
1980 | FRS | 0,51 | 49,11 | 33,85 | 11,47 | |||||||||||
1983 | 15,85 | 22,44 | 5,87 | 0,48 | 51,71 | |||||||||||
1985 | 11,38 | 20,01 | 4,13 | 0,88 | 49,85 | 9,05 | ||||||||||
1987 | CDU | 10,49 | 31,05 | 2,04 | 0,62 | 46,13 | 4,84 | |||||||||
1991 | 18,18 | 34,97 | 2,92 | 35,99 | 0,76 | 0,66 | ||||||||||
1995 | 32,75 | 22,15 | 3,80 | 0,66 | 35,91 | |||||||||||
1999 | 35,96 | 19,87 | 3,81 | 34,04 | 0,32 | 0,98 | ||||||||||
2002 | 34,46 | 24,93 | 3,36 | 31,22 | 1,13 | |||||||||||
2005 | 40,09 | 15,78 | 3,42 | 32,47 | 3,48 | |||||||||||
2009 | 27,65 | 17,55 | 4,92 | 35,58 | 7,93 | |||||||||||
2011 | 23,96 | 22,97 | 6,77 | 34,95 | 3,47 | 0,43 | ||||||||||
2015 | 29,59 | PàF | PàF | 38,52 | 4,71 | 0,68 | 20,14 | 0,15 | ||||||||
2019 | 31,60 | 13,85 | 2,98 | 34,66 | 5,65 | 1,31 | 0,57 | 1,01 | 0,53 |
Gastronomía
[editar | editar a fonte]A gastronomía local é tipicamente alentexana, onde destacan varios tipos de pratos de migas, que poden variar entre espárragos, balocas, coandros, ovas, embutidos, coliflor e tomate.[8]
Personalidades
[editar | editar a fonte]Escritores
[editar | editar a fonte]- Johan Fernandes (trobador galego)
- Manuel Luís Caeiro
- Maria Manuela Cravidão
- Fernando Namora
- José Vultos Sequeira
- Carlos Canhoto
Pintores
[editar | editar a fonte]Educación
[editar | editar a fonte]- Agrupación de Escolas de Mora
Museos
[editar | editar a fonte]- Casa Museo Manuel Ribeiro de Pavia
Fluviário de Mora
[editar | editar a fonte]O Fluviário de Mora é un acuario público dedicado aos ecosistemas de auga doce, privilexiando o coñecemento e a importancia da súa biodiversidade, e da súa relación coa humanidade. Atópase no Parque Ecolóxico de Gameiro, na parroquia de Cabeção, no concello de Mora.
Deporte
[editar | editar a fonte]- Sport Club Brotense
- Asociación dos Amigos da Che Morense
- Pedais do Raia - Club ciclista
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Collecção da legislação antiga e moderna do Reino de Portugal. 1786.
- ↑ "Câmara Municipal de Mora". 2014. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2020. Consultado o 3 de julho de 2018.
- ↑ Collecção da legislação antiga e moderna do Reino de Portugal. 1786.
- ↑ Alvaro Gálmes de Fuentes. "Toponimia asturiana y asociación etimológica" (PDF). academiadelalingua. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xaneiro de 2022. Consultado o 18 de julho de 2018.
- ↑ Hermógenes Perdiguero Villarreal (2016). "Topónimos menores en documentos burgaleses" (PDF). Actes del XXIV Congrés Internacional d'ICOS sobre Ciències Onomàstiques. Consultado o 20 de julho de 2018.
- ↑ Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - https://www.ine.pt/xportal/xmain?xpid=INE&xpgid=ine_publicacoes
- ↑ "Concelho de Mora : Autárquicas Resultados 2021 : Dossier : Grupo Marktest - Grupo Marktest - Estudos de Mercado, Audiências, Marketing Research, Media". Consultado o 2021-12-26.
- ↑ Gazeta Rural n.º 262 (15 de janeiro de 2016), páx. 6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mora, Portugal |