Saltar ao contido

Montañas Tatra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMontañas Tatra
Vista no inverno
Imaxe
Tipocordilleira
Mesorexión Editar o valor en Wikidata
Parte deCárpatos occidentais Editar o valor en Wikidata
Mapa
 49°10′40″N 19°54′30″L / 49.1778, 19.9083
CordilleiraÁrea de Fatra-Tatra Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2.654 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoGerlachovsky Stit Editar o valor en Wikidata  (2.654,4 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie786 km² Editar o valor en Wikidata

Sitio webtpn.pl Editar o valor en Wikidata

Os Tatras (eslovaco e polaco: Tatry) son unha cadea montañosa de Europa Central na fronteira entre Polonia e Eslovaquia. A orixe destas montañas está relacionada coa oroxenia alpina, cando xurdiron no período terciario (entre 65 e 1,8 millóns de anos antes da nosa época) Pero o corpo de rocha principal dos Tatras xurdiu moito antes, no mesozoico (hai 250-100 millóns de anos). Peculiarmente a maioría das rochas das que agora están feitas as montañas, proveñen de rexións diferentes ás da base das propias montañas.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Os Tatras están feitos de rochas metamórficas, ígneas e sedimentarias. O edificio enteiro dos Tatras baséase no seu núcleo de granito, que é unha rocha metamórfica, situada principalmente nos Altos Tatras. As rochas sedimentarias (calcaria, dolomita, arenito) construíron os Tatras occidentais e de Belianskie.

A maior influencia no relevo actual dos Tatras derivan das glaciacións, que comezaron hai uns 1,5 millóns de anos. Podemos observar os efectos da actividade dos glaciares nas formas dalgúns vales dos Tatras (forma dunha letra ‘U’) ou nos circos glaciarios.

Nos Tatras, hai elementos do seu relevo, que non están relacionados cos glaciares. Son formas cársticas, o que significa disolución de rochas carbonatadas (por exemplo, pedra calcaria) pola auga. Os efectos son visíbeis nos Tatras occidentais: como as covas nos vales de Kościeliska ou Chochołowska.[2]

Os Tatras forman o macizo máis alto da cordilleira dos Cárpatos. O pico máis alto dos Tatras é o pico (2.654 m sobre o nivel do mar). Os Tatras divídense en dúas partes: os Tatras orientais, que á súa vez divídense nos Altos Tatras e Beljansk, e os Tatras occidentais. As montañas cobren unha superficie de 785 km², estendendo 57 km de lonxitude, de leste a oeste, pero só 19 km de ancho. Máis ao sur, no territorio de Eslovaquia, hai un sistema montañoso separado: os Baixos Tatras.

Os Tatras albergan dous parques nacionais, o Parque Nacional Tatra en Eslovaquia e o Parque Nacional Tatra en Polonia, que xuntos forman unha reserva da biosfera.

O Široká, pico de 2.210 metros

Nos Altos Tatras:

Nos Tatras Belianskie:

Nos Tatras Occidentais:

Flora e fauna

[editar | editar a fonte]

Na zona do monte inferior hai bosques, noutrora caducifolios, hoxe abetos con algúns abies e lárices. A zona de montaña máis alta é o bosque de coníferas, onde case só crecen abetos. Entre a zona montañosa máis alta e a zona de piñeiros de montaña (1500-1600 m.s.n.m.) medran o piñeiro manso e o cancexeiro.

Xusto por riba das zonas montañosas, hai unha zona de piñeiros mansos. É un arbusto ou unha conífera baixa da familia dos piñeiros. Os piñeiros de montaña adoitan crear matogueiras baixas pero densas.

Por riba dos 1800 m.s.n.m. hai unha zona de tundra alpina, que se estende como un prado alpino. Antigamente, os montañeses pastaban alí as súas ovellas, pero desde a apertura do Parque Nacional Tatra, o pastoreo só está permitido en prados estritamente establecidos e é moi limitado. Sobre a zona de tundra alpina, hai unha zona de riscos, con especies vexetais moi limitadas.

Como resultado da diferenciación do clima, a flora dos Tatras é moi diversa. No Parque Nacional Tatra hai moitas plantas endémicas.

O símbolo dos Tatras é edelweiss e o crocus. Outras plantas dos Tatras que conforman a súa flora a destacar son ; Sempervivum montanum, Pasqueflower alpino, Aconitum firmum, Soldanella carpatica,Gentiana asclepiadea, Gentiana verna, Pulsatilla alpina e a Campanula alpina.

Todas as plantas dos Tatras están baixo a protección do Parque Nacional Tatra e está estritamente prohibido apañalas ou danalas.

Na zona do monte inferior, hai animais típicos dos bosques polacos: corzos, lobos, ratoneros, lebres ou raposos. Na zona de montañas máis altas viven os osos, e nos prados alpinos e na zona de riscos, hai aguias e falcóns.

Na zona de piñeiros montañosos, prados alpinos e penedos, hai animais que non se atopan en ningún lugar de Polonia, ademais dos Tatras: marmotas, rebezos, toupas ou o gabeador vermello. Ver unha marmota nos Tatras polacos é case imposíbel, pero o rebezo é relativamente frecuente nas rutas de montaña ou nalgún lugar ao lonxe, especialmente nos Tatras occidentais.

  1. "Permafrost ocurrence in Tatra mountains" (PDF). arlis.org. .
  2. "ABOUT TATRAS". zakopane.com. Consultado o 26-10-2024. .