Saltar ao contido

Mohamed Salah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMohamed Salah

(2018) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) محمد صلاح Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ar) محمد صلاح حامد محروس غالي Editar o valor en Wikidata
15 de xuño de 1992 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Nagrig, Exipto Editar o valor en Wikidata
RelixiónMusulmán Editar o valor en Wikidata
Altura175 cm Editar o valor en Wikidata
Peso71 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFútbol Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade3 de maio de 2010 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaExipto Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo, dianteiro e extremo Editar o valor en Wikidata
Número deportivo11 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2010–2012 El-Mokawloon El-Arab Sporting Club 44(12)
2012–2014 FC Basel 1893 79(20)
2014–2015   Chelsea F.C. 19(2)
2015–2017   AS Roma 83(34)
2015–2015   ACF Fiorentina 26(9)
2017–valor descoñecido Liverpool F.C. 244(154)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2011–valor descoñecido   Exipto 98(56)
Participou en
2023Copa de África de Nacións de 2023
2022Copa de África de Nacións de 2021
2022Eliminatórias da Copa do Mundo FIFA de 2022 – CAF (pt) Traducir
2019Copa de África de Nacións de 2019
2018Mundial de Fútbol Rusia 2018
2018Eliminatórias da Copa do Mundo FIFA de 2018 - África (pt) Traducir
11 de agosto de 2017Premier League de 2017-18 (pt) Traducir
2017Copa de África de Nacións de 2017
2012Xogos Olímpicos de 2012 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMagy Mohammed Sadek Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm7895524 Facebook: MomoSalah Twitter: MoSalah Instagram: mosalah FIFA: 344654 UEFA: 250052469 Editar o valor en Wikidata

Mohamed Salah Ghaly (en árabe: محمد صلاح‎), nado en Basyoun, Gharbia o 15 de xuño de 1992, é un futbolista exipcio, que xoga como dianteiro no Liverpool F.C. da Premier League de Inglaterra e na selección de Exipto.

Comezou a súa carreira en Al-Mokawloon Al-Arab. Logo trasladouse ó FC Basel en 2012 e posteriormente xogou para Chelsea, Fiorentina (en préstamo) e Roma antes de ser transferido ó Liverpool en 2017. Ademais de representar ó equipo nacional exipcio dende 2011, gañou unha Medalla de bronce na Copa Africana de Nacións Sub-20. Tamén participou na Copa Mundial Sub-20 da FIFA 2011, nos Xogos Olímpicos de 2012 e a Copa Africana 2017, onde Exipto foi subcampión e se clasificou no Mundial de Fútbol Rusia 2018. Salah converteuse no máximo goleador da Clasificación mundial da FIFA na CAF. Gañou a Super Liga suíza na súa primeira tempada co Basilea e a Premier League 2014-15, a Football League Cup 2014-15 co Chelsea. Foi galardoado pola CAF como o talento africano máis prometedor do ano en 2012. En 2013, foi galardoado co premio SAFP Golden Player por ser o mellor xogador da Super Liga Suíza. En 2017, foi nomado Futbolista africano do ano e Futbolista Africano da BBC do ano. Tamén foi galardoado dúas veces como o xogador do mes da Premier League, en novembro de 2017 e en febreiro de 2018.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezos e primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Salah formouse no Mokawloon Al-Arab e no Arab Contractors. Ademais de representar ó equipo nacional do seu país a unha idade temperá, tamén participou na Copa Mundial Sub-20 da FIFA e nos Xogos Olímpicos de Londres de 2012.

En agosto de 2012, o Basel fíxose cos seus servizos.[1] Salah gañou a Super Liga suíza na súa primeira tempada, sendo galardoado co premio ó Futbolista africano do ano.

Tempada 2013/14

[editar | editar a fonte]

O seu bo rendemento en Suíza permitiulle fichar polo Chelsea en xaneiro de 2014,[2] curiosamente o equipo ó que lle marcara dous goles na Liga de Campións da UEFA 2013-14. O 8 de febreiro de 2014 entra en troques de William no minuto 78 debutando no fútbol inglés ante Newcastle. Marca o seu primeiro gol o 26 de marzo na vitoria por 6 a 0 fronte ó Arsenal e o seu segundo o 5 de abril ante Stoke City no triunfo por 3-0. Remata a tempada con 800 minutos xogados e só xogou un partido completo e 7 de titular. O equipo non gaña títulos e queda terceiro na Premier League.

  1. "Salah zaubert Basel gegen Lausanne zum Sieg". Blick (en alemán). 18 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2018. Consultado o 15 de xuño de 2018. 
  2. "El Chelsea ficha a Mohamed Salah". Marca. 23 de xaneiro de 2014.