Moda (estatística)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Moda.
En estatística, a moda[1] é o parámetro estatístico calculado como o valor con maior frecuencia nunha distribución de datos.
Unha distribución é bimodal cando aparecen dúas modas, é dicir, dous datos teñen a mesma frecuencia absoluta máxima. Analogamente fálase de distribución trimodal. Se todos os datos teñen a mesma frecuencia dicimos que non hai moda.
O intervalo modal é o intervalo de maior frecuencia absoluta. Emprégase cando os datos aparecen agrupados. Para obter a moda en datos agrupados emprégase a seguinte fórmula:
onde:
- = -inferior da clase modal.
- = é o delta de frecuencia absoluta modal e a frecuencia absoluta do intervalo anterior ao modal.
- = é o delta de frecuencia absoluta modal e a frecuencia absoluta do intervalo posterior ao modal.
- = amplitude do intervalo modal
Propiedades
[editar | editar a fonte]As principais propiedades da moda son:
- O seu cálculo é sinxelo.
- A súa interpretación é moi clara.
- Ao depender unicamente das frecuencias pódese calcular para variables cualitativas, polo que é o parámetro máis empregado cando non se poden realizar outros cálculos, como cando se enumeran nos medios xornalísticos as características máis frecuentes dun determinado sector social (coñecido informalmente como "retrato robot").
Pola contra, a moda ten varios inconvenientes:
- O seu valor é independente da meirande parte dos datos, polo que a fai moi sensible ás variacións da mostra. No caso de variables agrupadas en intervalos, o seu valor depende excesivamente do número de intervalos e da súa amplitude.
- Emprega moi poucas observacións, polo que grandes variacións nos datos fóra da moda non afectan en modo ningún ao seu valor.
- Non sempre se sitúa cara ao centro da distribución.
- Pode haber máis dunha moda.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para moda.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cajael. "Simulación estatística de la moda con R-Project y con Mathemática". cajael.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2013. Consultado o 30 de xullo de 2014.