Saltar ao contido

Miquel Buch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHonorábel Editar o valor en Wikidata
Miquel Buch

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Premià de Mar, España Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento de Cataluña
28 de maio de 2019 – 21 de decembro de 2020 (disolución do parlamento)
← Jordi Sánchez Picanyol

Circunscrición electoral: Barcelona

Conselleiro de Interior
29 de maio de 2018 – 3 de setembro de 2020
← Joaquim Forn i ChiarielloMiquel Sàmper Rodríguez (pt) Traducir →
Gabinete ministerial: Goberno de Quim Torra

Nomeado por: Quim Torra
Presidente da Asociación Catalá de Concellos e Comarcas
2011 – 2018
← Salvador Esteve Figueras (en) TraducirDavid Saldoni de Tena (pt) Traducir →
Deputado provincial de Barcelona
19 de xullo de 2007 – 14 de xullo de 2011
Alcalde de Premià de Mar
1 de febreiro de 2007 – 2017
← Jaume Batlle i GarrigaMiquel Àngel Méndez Gil →
Cuarto tenente de alcalde Premià de Mar
2003 –
Concelleiro de Premià de Mar
2000 – 2017 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, asesor fiscal Editar o valor en Wikidata
Partido políticoJunts per Catalunya (2020–)
Partido Democrático Europeo Catalán (2016–2020)
Convergència Democràtica de Catalunya (1996–2016) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeCesca Domènech Editar o valor en Wikidata

Páxina webmiquelbuch.cat Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm4728539 Twitter: MiquelBuch Instagram: miquelbuch Editar o valor en Wikidata

Miquel Buch i Moya, nado en Premià de Mar o 3 de agosto de 1975, é un político catalán, conselleiro de Interior do Goberno da Generalitat de Cataluña dende maio de 2018.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Traballou como porteiro de discoteca en Badalona.[3]En 1996 empezou a militar na Joventut Nacionalista de Catalunya e en Convergència Democràtica de Catalunya (CDC). No ano 2000 converteuse en concelleiro no concello de Premià, daquela na oposición. En 2003 foi nomeado cuarto tenente de alcalde, ademais de responsable da área de Servizos á Persoa e das concellarías de Deportes e de Xente maior de Premià de Mar, durante o mandato como alcalde de Jaume Alcalde i Garriga. Debido ao falecemento deste último, Buch foi investido alcalde en febreiro de 2007.

En 2011 foi nomeado presidente da Asociación Catalá de Municipios e Comarcas (ACMC) e do Consello de Gobernos Locais de Cataluña.

En 2017 concorreu no número 22 da candidatura de Junts per Catalunya na circunscrición electoral de Barcelona de face ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de decembro de 2017, convocadas polo goberno de España por mor da aplicación do artigo 155 da constitución na comunidade autónoma de Cataluña.[4] Resultou elixido deputado da xii lexislatura do Parlamento de Cataluña. O mesmo ano renunciou á alcaldía e á presidencia da ACMC.[5] Relevouno na presidencia da ACMC David Saldoni i de Tena o 20 de xaneiro de 2018.[6] En maio do mesmo ano sería nomeado conselleiro de interior no goberno de Quim Torra. Está casado e ten tres fillos.[7][8]

  1. DOGC (ed.). "DOGC". 
  2. "Miquel Buch, del soberanismo municipalista a la Conselleria de Interior". La Vanguardia. 19 de maio de 2018. Consultado o 7 de xuño de 2018. 
  3. Cortés, Josep Maria. "Miquel Buch: Il portiere di notte". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 20 de outubro de 2019. 
  4. "El PDCAT registra la marca Junts per Catalunya". 
  5. "Michel Buch deixa la alcaldia de Premià de Mar". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2019. Consultado o 20 de outubro de 2019. 
  6. Nació Digital (ed.). "Saldoni pren les regnes de l'ACM". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2018. Consultado o 20 de outubro de 2019. 
  7. Ajuntament de Premià (ed.). "Perfil de Miquel Buch". 
  8. "El lladre de banderes".