Saltar ao contido

Microblog

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un microblog é unha forma de blog onde as persoas envían mensaxes curtas de texto ou medios (fotos, vídeos ou sons). Estas mensaxes pódense enviar a un sitio web e mostrarse a un pequeno grupo ou ao público. Un "microblogger" (alguén que usa un microblog) pode enviar as súas mensaxes desde diferentes fontes, incluíndo mensaxes de texto de teléfono móbil, correo electrónico, mensaxes instantáneas ou a través dun sitio web. O uso dos microblogues chámase microblogueo, ou microblogging en inglés.[1]

Sede da rede de microblogueo Twitter en San Francisco, co logo retirado da fachada após ser comprada por Elon Musk.

Características

[editar | editar a fonte]

Un microblog adoita ser diferente dun blog normal, con pezas ou posts moito máis pequenas, moitas veces con caracteres limitados para cada unha destas pezas (por exemplo 140 caractéres máximos por post).

Unha entrada de microblog pode ser só unha frase ou unha ligazón a unha imaxe ou un vídeo curto. Os contidos son moi variados, desde unha descrición de "que estou a facer agora", até política, divulgación científica, ou información sobre a súa vida laboral ou persoal.[2]

A rede de microblog Tumblr experimentou un descenso significativo de posts diarios desde o ano 2014.

Os microblogs úsanse de moitas maneiras, en diferentes sitios web e aplicacións móbiles ou accedendo desde o móbil, que en 2023 xa supoñía o 58% do tráfico de internet.[3] Fixéronse populares sitios de microblogueo como Twitter, onde as persoas se envían mensaxes entre si con comentarios de texto ou ligazóns a outros medios. Diversos sitios permiten compartir medios como vídeos, imaxes ou sons directamente en lugar de enviar unha ligazón.

Moitos sitios de redes sociais (como Facebook, MySpace, Instagram etc.) usan un tipo de microblogging mediante actualizacións de estado onde a persoa di aos seus amigos ou seguidores o que está a pensar ou facer. Algúns agregadores de noticias como Chuza ou Reddit limitaban algunha extensión das mensaxes, actuando ás veces como sitios de microblogueo.

A rede social de microblogueo Bluesky aumentou en menos dun mes máis dun millón de usuarios brasileiros, derivado do conflito entre X e o goberno do Brasil. Despois das eleccións presidenciais dos EUA gañadas por Donald Trump subiu a máis de 16 millóns de usuarios.

Segundo xéneros

[editar | editar a fonte]

Un estudo da Harvard Business School descubriu que, aínda que a maioría dos sitios web de redes sociais son máis populares entre as mulleres, o microblogging, como Twitter, foi moito máis popular entre os homes. Tanto homes como mulleres "seguiron" a máis homes, isto permítelles recibir as mensaxes que envía a persoa á que seguían.[4]

Información en tempo real

[editar | editar a fonte]

Os microblogues tamén se converteron en novas fontes de noticias que acaban de suceder ou que aínda estaban a suceder, como nos ataques terroristas en Bombai en novembro de 2008.[5] Con todo, ese tipo de información masiva en tempo real implica unha dificultade para discernir a información válida e real da que non o é, e por exemplo a BBC admitiu un erro e pediu desculpas polo uso non contrastado de fontes do Twitter que cubriran os atentados de Bombai. Segundo o seu xefe de edicións, debía terse confirmado a facer unha posterior reportaxe in situ.[6]

Microblogging no traballo

[editar | editar a fonte]

Unha nova idea para Microblogging foi convertelo nunha forma de falar con outras persoas sobre o traballo. Permite que unha persoa dea noticias ou información rápida ás persoas coas que traballa sen enviar moitos correos electrónicos e sen o spam que recibe na súa conta de correo electrónico. Puxéronse en marcha novas empresas como Yammer que queren axudar a que os traballadores poidan falar entre eles sobre o traballo e compartir o que necesitan.[7]

Plataformas galegas de microblogueo

[editar | editar a fonte]

Entre as plataformas de microblogueo radicadas en Galiza hai varias como Cabozo e Fala.gal. Cabozo é unha rede social en lingua galega que permite aos usuarios publicar mensaxes curtas, compartir fotos, vídeos e ligazóns.[8] Por outra banda, Fala.gal ofrece un espazo similar onde a comunidade galegofalante pode comunicarse e interactuar na esfera dixital, e conta coas colaboracións de Puntogal, Agora.gal, Orgullo Galego e Inowol.[9]

  1. "Microblog". Sprout Social (en portugués). Consultado o 2024-11-16. 
  2. Zago, Gabriela (2012). "Dos Blogs aos Microblogs: Aspectos Históricos, Formatos e Características". Revista INTERIN (en portugués). 
  3. "Global mobile traffic 2023". Statista (en inglés). Consultado o 2024-11-16. 
  4. "Harvard Business Review - Ideas and Advice for Leaders". hbr.org (en inglés). Consultado o 2024-11-16. 
  5. Arrington, Michael (2008-11-26). "First Hand Accounts Of Terrorist Attacks In India On Twitter, Flickr". TechCrunch (en inglés). Consultado o 2024-11-16. 
  6. "O MAU USO DOS MICROBLOGUES". industrias culturais; sapo.pt (en portugués). Consultado o 2024-11-16. 
  7. "21 Twitter / Popularity or Income? Two Sites Fight It Out". nytimes.com. 
  8. "Cabozo - A túa rede social en galego". Consultado o 2024-11-16. 
  9. "Fala.gal - Rede social para a comunidade galegofalante". Consultado o 2024-11-16. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.