Saltar ao contido

Michel Teló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMichel Teló

(2011) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Michel Teló de Nereira Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Medianeira, Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautor, cantante, compositor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2009 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoSertanejo universitário (pt) Traducir e música pop Editar o valor en Wikidata
TesituraTenor Editar o valor en Wikidata

InstrumentoAcordeón e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoUniversal Music Group Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeThaís Fersoza (2014–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webmicheltelo.com.br Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm4737230 Facebook: MichelTelo Twitter: micheltelo MySpace: micheltel BNE: XX5198119 Souncloud: micheltelomusic Spotify: 1sDVuztNhGcetCLChkleDA iTunes: 315793976 Last fm: Michel+Teló Musicbrainz: 6d00cc0d-2027-41d4-be9f-13770037354b Songkick: 4845538 Discogs: 2576399 Allmusic: mn0002434436 Deezer: 379486 Genius: Michel-telo Editar o valor en Wikidata

Michel Teló, nado en Medianeira (Paraná) o 21 de xaneiro de 1981, é un cantante e compositor brasileiro. Formou parte de dúas bandas, pero foi co grupo Tradição co que obtivo os primeiros éxitos na súa carreira como cantante, entre os que destacan "Barquinho", "O Caldeirão", "Pra Sempre Minha Vida", "A Brasileira", "Ai Se Eu te Pego" e "Eu Quero Você". Ademais de cantante e compositor é un bailarín, e toca o acordeón e harmónica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A pesar de nacer en Paraná, vive en Campo Grande, Mato Groso do Sur.

A súa canción "Ei, Psiu! Beijo Me Liga" foi un grande éxito en 2010. Ademais desta, tamén foi todo un éxito a canción "Fugidinha", cuxos autores son Rodriguinho e Tiaguinho, integrantes dun grupo brasileiro de pagode orixinario de São Paulo: Exaltasamba. A versión de "Fugidinha" que é interpretada por Michel Teló foi un grande éxito nun programa de televisión brasileiro, coñecido baixo o nome O Melhor do Brasil da cadea Rede Record, e foi parte dous anos consecutivos da banda sonora dunha telenovela xuvenil chamada "Malhação", da cadea Rede Globo.

No reality show Big Brother Brasil 11, transmitido no día 16 de marzo de 2011, Michel Teló participou na festa titulada Sertanejo Universitário, coa participación tamén de João Bosco & Vinícius e Fernando & Sorocaba.[1]

No 2011 a súa canción "Ai Se Eu Te Pego" foi un éxito.

Fama internacional

[editar | editar a fonte]
Michel tocando.

Coa canción "Ai se eu te Pego" acadou a fama fóra do Brasil debido ao baile do xogador de fútbol profesional Neymar. En España púxose de moda logo da celebración de Cristiano Ronaldo e Marcelo despois de marcar un gol co Real Madrid.

  1. "Festa Sertanejo Universitário". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2011. Consultado o 30 de decembro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]