Saltar ao contido

Micaela Navarro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMicaela Navarro

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Micaela Navarro Garzón Editar o valor en Wikidata
2 de setembro de 1956 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Andújar, España Editar o valor en Wikidata
Deputada de España
7 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019

Circunscrición electoral: Xaén

Deputada de España
4 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016

Circunscrición electoral: Xaén

15ª Presidenta do Partido Socialista Obreiro Español
27 de xullo de 2014 – 28 de setembro de 2016
← José Antonio GriñánCristina Narbona →
Deputada de España
29 de marzo de 2004 – 26 de abril de 2004 – Antonia Martínez Higueras →

Circunscrición electoral: Xaén

Deputada de España
23 de marzo de 2000 – 2 de abril de 2004

Circunscrición electoral: Xaén

Senadora de España
3 de marzo de 1996 – 12 de marzo de 2000
Circunscrición electoral: Xaén
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

Twitter: micaela_navarro Editar o valor en Wikidata

Micaela Navarro Garzón, nada en Andújar (provincia de Xaén) o 29 de agosto de 1956, é unha política socialista andaluza, presidenta do PSOE desde xullo de 2014 e vicepresidenta segunda do Congreso de Deputados desde o 13 de xaneiro de 2016.[1]

Foi Conselleira de Igualdade e Benestar Social da Xunta de Andalucía (2004-2012), concelleira no Concello de Andújar (1991-1996), senadora pola Provincia de Xaén (1996-2000) e deputada Congreso dos Deputados por Xaén (2000-2004).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Fotografía de Micaela Navarro

A finais da década de 1980, Micaela Navarro comezou a súa actividade política dentro dos movementos veciñais do seu barrio, Porta de Madrid. Pasado un tempo comezou a participar en política dentro das siglas do PSOE de Andújar. En 1991 entrou como concelleira no seu municipio, onde ocupou a Concellaría da Muller e Servizos Sociais. En 1994 foi elixida membro da executiva provincial do PSOE de Xaén, repetindo en 1997.

Na lexislatura 1996-2000 converteuse en senadora electa por Xaén, período no que exerceu a portavocía da Comisión Mixta dos Dereitos da Muller.[2] Así mesmo, formou parte como vogal de distintas comisións do Senado, como a Comisión de Xustiza, a Comisión de Sanidade e Asuntos Sociais e a Comisión de Traballo e Seguridade Social.

Dentro da Comisión Executiva Federal do PSOE, Micaela Navarro estivo á fronte da Secretaría de Participación da Muller (1997-2000) e da Secretaría de Igualdade (2000-2004).[3]

No 2000 foi elixida deputada por Xaén, ocupándose da portavocía da Comisión Mixta dos Dereitos da Muller. Esta comisión encargouse nesa lexislatura da Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.

Nas Eleccións xerais de España de 2004 encabezou a lista do PSOE pola circunscrición de Xaén. Ao pouco de ser electa ten que deixar o Congreso dos Deputados ao ser nomeada polo presidente da Xunta de Andalucía, Manuel Chaves, conselleira para a Igualdade e Benestar Social.

En 2008, foi elixida parlamentaria autonómica por Xaén, e nomeada para desempeñar a mesma Consellería durante a VII Lexislatura.[4]

No Congreso Extraordinario Federal do PSOE, que se celebrou entre o 26 e 27 de xullo de 2014, foi designada Presidenta do PSOE.[5]

En 2015 encabezou a lista do PSOE por Xaén ás eleccións xerais, foi elixida deputada e vicepresidenta do Congreso.[1][6]

Obra (participación en obras colectivas)

[editar | editar a fonte]
  • "Las políticas de igualdad", en Mujeres: igualdad y libertad: un homenaje a Enriqueta Chicano / coord. por Cruz Sánchez de Lara Sorzano, 2007. ISBN 978-84-470-2835-1, paxs. 35-44.
  • "Por un mundo compartido", en Globalización y mujer / coord. por María Dolors Renau i Manén; 2002. ISBN 978-84-95886-04-9, paxs. 1-6
  • "El nuevo papel de las mujeres como eje de las políticas de bienestar", en Estado de bienestar y socialdemocracia: ideas para el debate, Tomás Fernández García (dir.), Manuel Marín Sánchez (dir.), 2002. ISBN 978-84-206-4466-8, paxs. 279-290.
  • "Bilbao: Mujer y sindicato" Micaela Navarro Garzón, Inés Alberdi Alonso e Txaro Arteaga Ansa, en El futuro, la sociedad, el sindicato: jornadas de debate, 1998, ISBN 978-84-95071-02-9, paxs. 9-56.
  • "Globalización y mujer". Coord. por María Dolors Renau i Manén, Fundación Pablo Iglesias, 2002. ISBN 978-84-95886-04-9
  • "Las mujeres en la construcción del mundo contemporáneo". Editado pola Deputación Provincial de Cuenca. Ano 2002. ISBN 978-84-96025-07-1

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É nai de dúas fillas.

  1. 1,0 1,1 "Listado de los diputados electos en los comicios de hoy - Lunes, 21 de diciembre de 2015 (01:59)". El Confidencial. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2016. Consultado o 21 de decembro de 2015. 
  2. Ficha de Micaela Navarro, en la web del Senado
  3. "Publicación del congreso del PSOE" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de novembro de 2011. Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  4. VII Legislatura Composición del Gobierno Andaluz, 2008- 2012 ver doc
  5. [1] Arquivado 22 de decembro de 2015 en Wayback Machine.
  6. "Micaela Navarro, elegida vicepresidenta segunda del Congreso de los Diputados". Ideal. 13 de xaneiro de 2016. Consultado o 13 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]