Medicina do deporte
A medicina do deporte é a especialidade médica que estuda os efectos do exercicio do deporte e, en xeral, da actividade física no organismo humano, desde o punto de vista da prevención e o tratamento das doenzas e lesións, así como a rehabilitación destas. Deste xeito, ocúpase de avaliar e acompañar aos deportistas antes, durante e após a práctica da actividade física. Por outra banda, a medicina deportiva está dirixida non só a atletas de elite, senón tamén a persoas que precisan empregar a actividade física como ferramenta para mellorar a súa saúde.
En España, a medicina do deporte é unha especialidade recoñecida dentro do sistema de formación sanitaria MIR, co nome oficial de Medicina da Educación Física e o Deporte, e ten unha duración de 3 anos.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ MIR Asturias (ed.). "Medicina de la Educación Física y el deporte". Consultado o 22 de marzo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Medicina do deporte |