Medicamento esencial
Os medicamentos esenciais, tal como os define a Organización Mundial da Saúde (OMS), son os medicamentos que "satisfán as necesidades para os coidados sanitarios prioritarios da poboación".[1] Trátase de medicamentos aos que a xente debería ter acceso en todo momento en suficiente cantidade. Os seus prezos deberían ser en xeral accesibles.[2]
A OMS publicou unha lista modelo de medicamentos esenciais. Anímase a todos os países a que preparen a súa propia lista tendo en conta as prioridades locais. Uns 150 países publicaron xa unha lista de medicamentos esenciais oficiais. A lista de medicamentos esenciais permite ás autoridades sanitarias, especialmente nos países en desenvolvemento, optimizar os seus recursos farmacéuticos. A lista da OMS comprende unha lista fundamental e unha lista complementaria.
A lista fundamental inclúe as medicinas máis imprescindibles para un sistema sanitario básico, e nela figuran os medicamentos máis eficaces, seguros e con boa relación custo-efectividade para tratar condicións prioritarias. As condicións prioritarias son seleccionadas baseándose na súa relevancia actual e futura estimada na saúde pública, e as medicinas polo seu potencial para un tratamento seguro e con boa relación custo-efectividade.
A lista complementaria contén as medicinas esenciais para as doenzas prioritarias para as cales se necesitan diagnósticos especializados ou instalacións de monitorización. En caso de dúbida as medicinas poden tamén incluírse na lista comocomplementaria baseándose nos altos custos ou relación menos atractiva custo-efectividade en diversos escenarios. A lista é importante porque constitúe a base da norma nacional sobre fármacos en máis de 155 países, tanto desenvolvidos economicamente coma en desenvolvemento. Moitos gobernos fan referencia ás recomendacións da OMS cando toman decisións sobre os gastos sanitarios.
Teoría e práctica
[editar | editar a fonte]A definición de medicamento esencial cambiou co tempo.
A definición orixinal da OMS de 1977 dicía que eran medicinas "da máxima importancia, básicas, indispensables e necesarias para as necesidades de coidado sanitario da poboación".[3] O concepto era mencionado nun dos dez puntos da Declaración de Alma-Ata de 1978 sobre coidados sanitarios primarios.
En 2002 esta definición cambiouse a:
As medicinas esenciais son aquelas que satisfán as necesidades para os coidados sanitarios prioritarios da poboación.[4]
E esta seguía sendo a definición vixente en 2017.[1]
Relación custo-beneficio
[editar | editar a fonte]O custo-efectividade é suxeito dun gran debate entre os produtores (compañías farmacéuticas) e compradores de fármacos (os servizos sanitarios nacionais).
Historia
[editar | editar a fonte]A Lista modelo de medicamentos esenciais da OMS foi sendo actualizada cada dous anos desde 1977. A versión actual, a 19ª, foi publicada en 2015.[5] A 5ª edición da "Lista modelo de medicamentos esenciais para nenos da Organización Mundial da Saúde" publicouse tamén en 2015.[6]
Número de medicamentos
[editar | editar a fonte]O número de medicamentos da lista case se duplicou desde os 208 que aparecían na lista orixinal de 1977 ata chegar a máis de 340.[7] A gama de medicamentos incrementouse cos anos e agora inclíue un fármaco antimigrañas, antídotos e fármacos antineoplásticos. A terceira lista para nenos do ano 2011 contiña 269 medicamentos.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Essential medicines". World Health Organization. Consultado o 20 January 2017.
- ↑ "The Selection and Use of Essential Medicines (ss 4.2)". Essential Medicines and Health Products Information Portal. WHO Technical Report Series. WHO. 2003. p. 132.
- ↑ "Action Programme on Essential Drugs" (pdf). Progress report by the Director - General. WHO. 26 Mar 1979. p. 1 point 2.
- ↑ "Trade, foreign policy, diplomacy and health". Essential Medicines. WHO. Dec 6, 2010.
- ↑ "19th WHO Model List of Essential Medicines (April 2015)" (PDF). WHO. April 2015. Consultado o 19 December 2015.
- ↑ "5th WHO Model List of Essential Medicines for Children (April 2015)" (PDF). WHO. April 2015. Consultado o 19 December 2015.
- ↑ "10 facts on essential medicines". February 2010. Consultado o 15 August 2015.
- ↑ Bansal, D; Purohit, VK (January 2013). "Accessibility and use of essential medicines in health care: Current progress and challenges in India.". Journal of pharmacology & pharmacotherapeutics 4 (1): 13–8. PMID 23662019. doi:10.4103/0976-500X.107642.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "WHO Model Lists of Essential Medicines". WHO. Consultado o 21-07-2014.
- "WHO Model List of Essential Medicines, 19th edition (April 2015)" (PDF). World Health Organization (WHO). August 2015. Consultado o 10-03-2016.
- "WHO Model List of Essential Medicines for Children, third edition (March 2011)" (PDF). World Health Organization (WHO). March 2011. Consultado o 03-07-2011.