Medialivre
Medialivre | |
---|---|
Fundador | Domingos José Vieira de Matos |
Produtos | Televisão, Rádios, Jornais, Revistas, Internet |
Na rede | |
http://www.cofina.pt/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Medialivre (antes Cofina Media, INVESTEC - SOCIEDADE XESTORA DE PARTICIPAÇÕES SOCAIS, INVESTEC MEDIA - SGPS SA)[1] é unha empresa portuguesa fundada en 1995 e dedicada principalmente aos medios de comunicación.[2] En 2023 foi adquirida por un Management Buyout (MBO) e outros investidores como Cristiano Ronaldo.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]1995-2005
[editar | editar a fonte]A Cofina foi fundada na década de 1990 como un holding diversificado con participacións en varios negocios, incluíndo medios de comunicación, pasta de papel e aceiro. En 2005, realizou un spin-off (escisión) das súas participacións fora do sector dos medios, creando a empresa Altri, que se centrou nos activos industriais. Esta escisión deixou a Cofina exclusivamente con activos relacionados coa prensa.
2019-2020ː Críticas a unha posible fusión de Cofina con TVI
[editar | editar a fonte]En outubro de 2019, xornalistas e comentadores da Sociedade Independente de Comunicação (SIC) criticaron a posíbel fusión de Cofina coa TVI. O comentarista do ‘Eixo do Mal’, Pedro Marques Lopes, escribiu no Twitter:
No dia em que o país está de luto por Freitas do Amaral, o jornal do principal grupo de comunicação social portuguesa (Media Capital + Cofina) enche a primeira página com ‘Vibradores tramam pedófilo arrependido'.
Daniel Oliveira, outro comentarista de Eixo do Mal, dixo que "o grupo mediático portugués máis poderoso estará en mans dun grupo dedicado ao xornalismo sensacionalista e que ten unha axenda política clara. A compra de TVI por Cofina é, en décadas, un dos momentos máis decisivos para a nosa democracia". O xornalista Pedro Coelho cuestionou: "Imaxinen o efecto que tería en calquera país se unha televisión tabloide moi pequena se fixera cargo dunha canle nacional que foi líder de audiencia durante 19 anos?" [4]
Cofina converteuse no maior grupo de comunicación de Portugal cando comprou TVI. [5] Anacom (Ministério das Obras Públicas, Transportes e Comunicações, ERC e a Autoridade de Concorrência emitiron unha opinión favorable, autorizando a Cofina a comprar TVI en novembro de 2019,[6] pero Cofina acabou retirándose do negocio en marzo de 2020. [7]
Mudanza de propietarios e nome
[editar | editar a fonte]En novembro de 2023, Cofina Media foi comprada por un grupo de investidores, Expressão Livre, que reuniu ao persoal da empresa actual e anterior, así como a outros investidores, entre eles Cristiano Ronaldo.[8] A compra custou 56,8 millóns de euros.[9]
Após a adquisición, o nome e a identidade visual da marca Cofina Media foi substituído, xurdindo desde aí como Medialivre.[10]
Redes sociais e outros
[editar | editar a fonte]En abril de 2024, Medialivre posúe os seguintes títulos/marcas:
Televisión
Radios
Xornais
Revistas
Outros
En abril de 2024, os accionistas de Expressão Livre,[12] propietarios da totalidade de Medialivre, eran os seguintes:[13]
Entidade | % do capital |
---|---|
Sorolla - SGPS, S. A. | 32 % |
CR7, S. A. | 30 % |
Actium Capital, S. A. | 10 % |
Caderno azul, S. A. | 10 % |
Livreflux, S. A. | 10 % |
Imaxe corporativa
[editar | editar a fonte]-
Logotipo de Cofina Media (- 2023)
-
Logotipo de Medialivre (2023 - presente)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Medialivre, S.A". Consultado o 2023-12-22.
- ↑ "A estratégia da Cofina assenta no crescimento sustentado da rentabilidade, através da aquisições e de crescimento orgânico". Consultado o 2019-10-14.
- ↑ "Los dueños de Altri y Cristiano Ronaldo aumentan su imperio mediático con dos radios en Portugal". www.economiadigital.es (en castelán). 2024-06-26. Consultado o 2024-07-02.
- ↑ "Jornalistas e comentadores da SIC ‘atacam’ negócio Cofina/TVI". 2019-10-13. Consultado o 2019-10-14.
- ↑ "TVI. Empresa abre guerra à Cofina". Consultado o 2019-10-14.
- ↑ "Anacom aprova parecer sobre compra da TVI pela Cofina". 2019-11-06. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Cofina desiste da compra da TVI".
- ↑ "Cofina Media vendida ao MBO. Nome muda para Expressão Livre". www.jornaldenegocios.pt (en portugués). Consultado o 2024-07-02.
- ↑ ECO (2023-11-30). "Cofina lucra 8 milhões com venda aos quadros e Ronaldo". ECO (en portugués). Consultado o 2024-07-02.
- ↑ ECO (2023-12-14). "Medialivre, a nova marca de comunicação social sucessora da Cofina Media". ECO (en portugués). Consultado o 2024-07-02.
- ↑ 11,0 11,1 "Medialivre, dona do Correio da Manhã, compra rádios Festival e SBSR".
- ↑ "Cofina Media vendida ao MBO. Nome muda para Expressão Livre". www.jornaldenegocios.pt (en portugués). Consultado o 2024-07-02.
- ↑ "ERC". portaltransparencia.erc.pt. Consultado o 2024-07-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Portugal |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |