Saltar ao contido

Mazda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mazda

Editar o valor en Wikidata
Na rede
https://www.mazda.com/, https://www.mazda.co.jp/, https://www.mazda.co.uk/, https://www.mazda.cl/, https://www.mazdausa.com/, https://www.mazdashowroom.com, https://www.redconcesionariosmazda.com/, https://www.mazda.co.za/, https://www.mazda.co.th/ e https://www.mazda.de/
Facebook: Mazda.Japan Twitter: Mazda_PR Instagram: mazda Youtube: UCMZEMDBucLI_ESwXweuVhPg Pinterest: mazdaaus Musicbrainz: e501bbcd-2315-4411-b8c5-1d0496471faf Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mazda (マツダ株式会社 Matsuda Kabushiki-gaisya) é un fabricante de automóbiles do Xapón, con sede principal en Hiroxima. En 2005, produciu case 800.000 automóbiles con vendas no Xapón, Europa, América do Sur e Norteamérica.

Mazda 6 Wagon.

Historia da empresa

[editar | editar a fonte]

Mazda fundouse no Xapón en 1920 como Toyo Cork Kogyo co., Ltd. Orixinalmente fabricaba ferramentas e maquinaria pesada. Pero cambiou á fabricación de vehículos co primeiro modelo, o Mazda-Go en 1931.

O ano 1960 foi o aniversario de Mazda como fabricante de automóbiles. En só unha década, a marca progresou dun vehículo de 16 cabalos (12 kW) a un deportivo cun motor Wankel, o Mazda Cosmo. Mazda entrou no mercado dos Estados Unidos a finais desta década. Na década de 1970 tivo lugar a primeira crise económica de Mazda, que levou a Ford a comprar o 25% da empresa. O primeiro RX-7 lanzado en 1978 debía ser unha poderosa imaxe do liderado de Mazda, pero as súas vendas non remontaron ata principios da década de 1980.

A década de 1980 foi unha transición de Mazda como fabricante consolidado no mercado xaponés a unha parte do imperio global de Ford e a década máis produtiva para Mazda. Os primeiros modelos como o 323 (GLC nos Estados Unidos) ou o 626 foron un éxito rotundo, o 323 foi o coche máis vendido do Xapón por enriba do Toyota Corolla.

Mazda tamén contribuíu á liña de modelos de Ford, como por exemplo o Ford Probe baseado no MX-6. Mazda tamén empezou a deseñar o 626/MX-6 de cara 1988 nos Estados Unidos. Nun principio, a produción iniciouse cunha unión a fondo compartido con Ford chamado AutoAlliance International.

Mazda rematou a década co revolucionario deportivo Mazda MX-5, coche do ano 1989. Este modelo revitalizou o mercado dos deportivos que, dende a década dos 70, tiña que conformarse con coches de competición caros e pesados. A pesar das queixas a imitación que supoñía do Lotus Elan, o Miata foi un éxito dende entón, contando con tres xeracións e converténdose en icona da marca.

Mazda e Ford continuaron coa súa colaboración. En 1994 a serie-B de Mazda separouse nunha versión internacional (deseñada por Mazda) e outra cunha copia do Ford Ranger. En 1998, Mazda e Ford abriron unha fábrica en Thailandia chamada AutoAlliance Thailandia. Seguindo o esquema da fábrica de Hofu, AAT é unha fábrica moi importante para a compañía.

2001 foi un ano moi difícil para Mazda posto que aínda que os novos modelos xa estaban en desenvolvemento, a compañía non tería nada que ofrecer ata mediados de 2003. Unha vez os novos modelos saíron de fábrica, Mazda volveu recuperarse e o Mazda 6, o Mazda RX-8 e o Mazda 3 deron boa fe da súa popularidade e axudaron a cambiar a visión xeral da compañía. En 2004, Mazda superou as vendas do seu rival Mitsubishi Motors.

Modelos actuais

[editar | editar a fonte]
Mazda 6 de segunda xeración con carrocería sedán

Monovolumes

[editar | editar a fonte]

Deportivos

[editar | editar a fonte]

todo terreos

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]