Saltar ao contido

Matilde de Inglaterra

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaMatilde de Inglaterra

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 7 de febreiro de 1102 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Sutton Courtenay, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte10 de setembro de 1167 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Ruán, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Rouen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Monarca
7 de abril de 1141 – 1 de novembro de 1141
← Estevo I de InglaterraEstevo I de Inglaterra →
Raíña consorte
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrexente Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuquesa
Raíña rexente Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Normandía Editar o valor en Wikidata
CónxuxeGodofredo V de Anjou (1128 (Gregoriano), 1128 (Gregoriano)–1151 (Gregoriano))
Henrique V, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1114 (Gregoriano), 1114 (Gregoriano)–1125 (Gregoriano)) Editar o valor en Wikidata
FillosHenrique II de Inglaterra
 () Godofredo V de Anjou
Godofredo VI de Anjou
 () Godofredo V de Anjou
Guillaume FitzEmperesse
 () Godofredo V de Anjou
Emma of Anjou
 () Godofredo V de Anjou Editar o valor en Wikidata
PaisHenrique I de Inglaterra Editar o valor en Wikidata  e Edite da Escócia Editar o valor en Wikidata
IrmánsAlice FitzRoy
Matilde Fitzroy
Matilda FitzRoy, Duchess of Brittany
Matilda FitzRoy, Abbess of Montvilliers
Sibila da Normandia
Guilherme Adelin
Reginald de Dunstanville, 1st Earl of Cornwall
Henry FitzRoy
Robert, 1st Earl of Gloucester
Fulk FitzRoy
Gilbert FitzRoy
Robert FitzEdith, Lord Okehampton Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Normandie-40 Find a Grave: 8619917 Editar o valor en Wikidata

Matilde ou Maude,[i] coñecida como a emperatriz Matilde[1] (en latín, Mathildis [Imperatrix]; en anglonormando, [Imperatrice] Mahaut; en inglés moderno, [Empress] Matilda), nada en Winchester ou Sutton Courtenay posiblemente o 7 de febreiro de 1102 e finada en Ruán o 10 de setembro de 1167, foi reclamante do trono inglés durante a guerra civil coñecida como a Anarquía. Filla do rei Henrique I de Inglaterra, mudouse ao Sacro Imperio e sendo nena casou co futuro emperador Henrique V. Viaxou co seu marido a Italia en 1116, foi coroada na basílica de San Pedro baixo unha gran polémica e actuou como rexente imperial en Italia. Matilde e Henrique V non tiveron fillos e cando el morreu en 1125, a Coroa foi reclamada por Lotario II, un dos seus inimigos políticos.

Namentres, o irmán máis novo de Matilde, Guillerme Adelin, morreu no desastre do Barco Branco en 1120, o que deixou Inglaterra nunha inminente crise de sucesión. Despois da morte de Henrique V, Matilde foi chamada a Normandía polo seu pai, quen fixo os arranxos para que casase con Godofredo de Anjou e así formar unha alianza para protexer as súas fronteiras meridionais. Henrique non tiña fillos lexítimos e nomeou a Matilde como a súa herdeira, o que obrigaba a súa corte a xurar lealdade cara a ela e os seus sucesores, mais a decisión non foi popular na corte anglonormanda. Henrique I morreu en 1135, pero Matilde e Godofredo V enfrontáronse á oposición dos baróns normandos e non puideron continuar coas súas reclamacións. O trono foi tomado polo primo de Matilde, Estevo de Blois, quen gozaba do apoio da Igrexa católica en Inglaterra. Estevo tomou medidas para consolidar o seu novo réxime, pero enfrontou ameazas tanto das potencias veciñas como dos opositores dentro do seu reino.

En 1139, Matilde arribou a Inglaterra para tomar o reino pola forza, co apoio do seu medio irmán, Roberto de Gloucester, e o seu tío, o rei David I de Escocia, mentres que Godofredo V se concentrou na conquista de Normandía. As forzas de Matilde capturaron a Estevo na batalla de Lincoln de 1141, pero o seu intento de ser coroada raíña en Westminster fracasou ante a dura oposición das multitudes de Londres. Como resultado da súa retirada, Matilde nunca foi formalmente declarada raíña de Inglaterra e, en cambio, foi titulada «señora dos ingleses». Roberto foi capturado durante o tumulto de Winchester en 1141 e Matilde aceptou cambialo por Estevo. Quedou aprisionada no castelo de Oxford polas forzas de Estevo no inverno dese ano e viuse forzada a escapar a través do xeado río Támese pola noite para evitar a súa captura. A guerra estancouse, con Matilde controlando gran parte do suroeste de Inglaterra e Estevo o sueste e as Midlands. O resto do país estaba en mans de baróns locais e independentes.

En 1148, Matilde regresou a Normandía, xa en mans do seu esposo, e legou o seu fillo máis vello para continuar a campaña en Inglaterra, quen finalmente ascendeu ao trono como Henrique II en 1154. Ela estableceu a súa corte preto de Ruán e o resto da súa vida encargouse da administración de Normandía, actuando en nome de Henrique II cando foi necesario. Nos primeiros anos do reinado do seu fillo, proporcionou asesoramento político e tentou mediar durante a controversia de Becket. Traballou exhaustivamente coa Igrexa, fundou mosteiros cistercienses e era coñecida pola súa piedade. Foi inhumada baixo o altar maior da abadía de Bec despois da súa morte en 1167.

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Naceu probablemente o 7 de febreiro de 1102 en Sutton Courtenay en Oxfordshire. Era filla de Henrique I, rei de Inglaterra e duque de Normandía, e a súa primeira esposa, Matilde de Escocia.[2][ii] Henrique I era o fillo máis novo de Guillerme I o Conquistador, quen invadiu Inglaterra en 1066 e creou unha especie de imperio que se estendía ata Gales. A invasión creara unha elite anglonormanda, moitas con propiedades estendidas a ambos os dous lados do canal da Mancha.[4][5] Estes baróns adoitaban ter fortes vínculos co reino de Francia, que nese entón constituía un grupo de condados e entidades políticas máis pequenas baixo escaso control do rei.[6] A súa nai Matilde era filla do rei Malcolm III de Escocia, membro por matrimonio da familia real saxoa occidental e descendente de Alfredo I o Grande.[7] Para Henrique I, casar con Matilde de Escocia déralle maior lexitimidade ao seu reinado e para ela supuña unha oportunidade para obter un alto status e poder en Inglaterra.[8][9]

Matilde tiña un irmán lexítimo máis novo, Guillerme Adelin, e as relacións do seu pai con numerosas amantes deron como resultado uns 22 irmáns ilexítimos.[iii] Pouco se sabe sobre a vida temperá de Matilde, pero probablemente quedou coa súa nai, aprendeu a ler e foi educada na moral relixiosa.[10][iv] Entre os nobres na corte da súa nai estaban o seu tío David, máis tarde rei de Escocia, e aspirantes a nobres como o seu medio irmán Roberto de Gloucester, o seu primo Estevo de Blois e Brian FitzCount.[12] En 1108, Henrique I deixou a Matilde e o seu irmán ao coidado de Anselmo, arcebispo de Canterbury, mentres viaxaba a Normandía; Anselmo era o clérigo favorito da nai de Matilde.[13][14] Non existe unha descrición detallada da aparencia de Matilde; os contemporáneos describírona como moi fermosa, pero isto posiblemente era reflexo da práctica convencional entre os cronistas.[14]

Matrimonio con Henrique V

[editar | editar a fonte]
Ilustración do s. XII da festa de vodas de Matilde e Henrique V.

A fins de 1108 ou principios de 1109, Henrique V, entón o rei de romanos, enviou mensaxeiros a Normandía propondo que Matilde casase con el e dirixiu unha carta por separado á súa nai sobre o mesmo asunto.[15] O partido era atractivo para o rei inglés: a súa filla casaría cunha das dinastías máis prestixiosas de Europa, o que reafirmaba o seu propio status, lixeiramente cuestionable, como o fillo máis novo dunha casa real recente e gañando un aliado ante as disputas con Francia.[16][17] A cambio, Henrique V recibiría un dote de 10 000 marcos, necesarios para financiar unha expedición a Roma para a súa coroación como emperador do Sacro Imperio.[17] Os detalles finais do acordo negociáronse en Westminster en xuño de 1109 e, como resultado do seu cambio de status, Matilde asistiu a un concilio real por primeira vez en outubro.[17] Partiu de Inglaterra en febreiro de 1110 cara ao Sacro Imperio.[18]

A parella reuniuse en Liexa antes de viaxar a Utrecht, onde, o 10 de abril, se comprometeron oficialmente.[19] O 25 de xullo, Matilde foi coroada raíña de romanos nunha cerimonia en Mainz.[20] Había unha considerable diferenza de idade entre a parella, xa que Matilde só tiña 8 anos, mentres que Henrique V tiña 24.[21] Despois do compromiso, Matilde estivo baixo a custodia de Bruno, arcebispo elector de Tréveris, quen se encargou de educala en cultura, modos e goberno alemáns.[22][23][14][v] En xaneiro de 1114, Matilde estaba lista para casar con Henrique V; a voda celebrouse na cidade de Worms con celebracións extravagantes.[24] Matilde ingresou na vida pública alemá, coa súa propia xente.[25]

Un conflito político estalou en todo o Sacro Imperio pouco despois do matrimonio, desencadeado cando Henrique V arrestou o seu chanceler Adalberto e varios príncipes alemáns.[26] As rebelións —acompañadas pola oposición dentro da Igrexa— tiveron un rol importante na administración do Imperio e isto levou á excomuñón formal do emperador teutón polo papa Pascual II.[27] Henrique V e Matilde cruzaron os Alpes cara a Italia a principios de 1116, coa intención de resolver definitivamente asuntos co papa.[27] Nese momento, Matilde desempeñaba un papel importante no goberno imperial, xa que patrocinaba subvencións reais, trataba con peticionarios e participaba en ocasións cerimoniais.[28] No resto do ano consolidaron o control do norte de Italia e, a principios de 1117, a parella avanzou cara a Roma.[29]

Pascual II escapara cando chegaron Henrique V e Matilde e, na súa ausencia, o enviado papal Maurice Bourdin, máis tarde antipapa Gregorio VIII, coroou a parella na basílica de San Pedro, probablemente na Pascua ou en Pentecoste.[30][14] Matilde utilizou estas cerimonias para reclamar o título de emperatriz do Sacro Imperio, un país gobernado por monarcas electos que, como Henrique V, foran seleccionados polos principais nobres para converterse no rei de romanos.[30] Estes monarcas normalmente esperaban ser coroados posteriormente polo papa como o emperador do Sacro Imperio, pero isto non podía garantirse. Henrique V coaccionara o papa para que o coroase en 1111, pero o propio status de Matilde era pouco claro.[30] Como resultado do matrimonio, ela era claramente a lexítima raíña de romanos, título que usou no seu selo e cartas, pero había dúbidas sobre se ela tiña o dereito lexítimo ao título de emperatriz.[30]

Tanto o status de romano pontífice de Bourdin como as cerimonias mesmas raiaban a ambigüidade. Estritamente falando, as súas cerimonias non eran coroacións imperiais, senón ocasións formais de "levar coroas", entre as poucas veces ao ano en que os gobernantes usaban as súas coroas na corte.[31][32][14] Bourdin tamén fora excomungado cando oficiou a segunda cerimonia e, máis tarde, foi deposto e encarcerado o resto da súa vida polo papa.[31][32][14] No entanto, Matilde defendeu que fora coroada oficialmente como emperatriz en Roma.[31][32][14] Os títulos de emperador e emperatriz non sempre se empregaban consistentemente neste período e, en calquera caso, o seu uso do título era amplamente aceptado.[33][14] Matilde decidiu non discutir cos cronistas anglonormandos que despois incorrectamente rexistraron que o propio papa a coroara en Roma.[31][14]

Morte de Henrique V

[editar | editar a fonte]

En 1118, Henrique V regresou ao norte dos Alpes en dirección a Alemaña para reprimir novas rebelións e deixou a Matilde como o seu rexente gobernando Italia.[33][vi] Existen poucos rexistros do seu goberno nos seguintes dous anos, pero probablemente gañou considerable experiencia práctica para gobernar.[35] En 1119, regresou ao norte para atoparse con Henrique en Lotarinxia.[36] O seu marido estaba ocupado en atopar un acordo co papa, quen o excomungara.[36] En 1122, Henrique V e probablemente Matilde asistiron ao concilio de Worms,[37] que resolveu a longa disputa coa Igrexa católica cando Henrique V renunciou aos seus dereitos de investir bispos coas súas insignias episcopais.[37] Matilde tentou visitar o seu pai en Inglaterra ese ano, pero a viaxe foi bloqueada polo conde de Flandres, Carlos I, cuxo territorio necesitaría cruzar.[38] A historiadora Marjorie Chibnall argumentou que Matilde posiblemente tiña a intención de discutir a herdanza da coroa inglesa con esta viaxe.[39]

Matilde e Henrique V non tiveron fillos, pero ningunha das partes era considerada infértil e os cronistas contemporáneos culpaban da súa situación ao emperador e os seus pecados contra a Igrexa católica.[40][vii] A principios de 1122, a parella viaxaba polo Rin mentres Henrique V continuaba reprimindo os disturbios políticos en curso, pero xa nese momento estaba a perecer de cancro.[41] A súa condición empeorou e morreu o 23 de maio de 1125 en Utrecht, deixando a Matilde en protección do seu sobriño Frederico, herdeiro das súas propiedades.[42] Antes da súa morte, deixou a insignia imperial en mans de Matilde, pero non está claro que instrucións lle deu sobre o futuro do Sacro Imperio, que se enfrontou á elección dun novo líder.[43] Posteriormente, Adalberto convenceu a Matilde de que lle entregase a insignia e o arcebispo elector dirixiu o proceso electoral que nomeou a Lotario de Supplinburg, antigo inimigo de Henrique V, como o novo rei de romanos.[44]

Xa con 23 anos, Matilde tiña opcións limitadas sobre como podería pasar o resto da súa vida.[44] Ao non ter fillos, non podía exercer o rol de rexente imperial, o que lle deixaba a opción de converterse en monxa ou volver casar.[44] Aínda que comezaron a chegar ofertas de matrimonio dalgúns príncipes alemáns, ela optou por regresar a Normandía.[45][14] Ao parecer, non tiña intencións de regresar a Alemaña, xa que renunciou ás súas propiedades dentro do Sacro Imperio e marchou coa súa colección persoal de xoias, as súas propias insignias imperiais, dúas das coroas de Henrique e a valiosa reliquia da man do apóstolo Santiago.[45][46]

Crise de sucesión

[editar | editar a fonte]
Ilustración do s. XIV do afundimento do Barco Branco en 1120.

En 1120, o panorama político inglés cambiou drasticamente despois do desastre do Barco Branco. Arredor de trescentos pasaxeiros —entre eles, o irmán de Matilde, Guillerme Adelin, e moitos nobres de alto rango— embarcaron unha noite no Barco Branco para viaxar dende Barfleur, en Normandía, ata Inglaterra.[47] O buque afundiu nos arredores do porto, posiblemente como resultado da sobrecarga ou do consumo excesivo de alcohol por parte do capitán e a tripulación do barco; só dous pasaxeiros sobreviviron. Guillerme Adelin era unha das vítimas.[48]

Con Guillerme morto, a sucesión ao trono inglés quedaba en dúbida. As regras de sucesión eran incertas en Europa occidental nese momento; nalgunhas partes de Francia, a primoxenitura masculina era cada vez máis popular, na que o fillo máis vello herdaba o título.[49] Tamén era tradicional que en vida o rei de Francia coroase o seu sucesor, o que facía que a liña de sucesión prevista fose relativamente clara. Este non era o caso en Inglaterra, onde o mellor que un nobre podía facer era identificar unha reserva de herdeiros lexítimos, permitíndolles desafiar e disputar a herdanza despois da súa morte.[50] O problema complicábase cada vez máis debido á secuencia de sucesións anglonormandas inestables durante os sesenta anos anteriores. Despois de que Guillerme o Conquistador invadiu Inglaterra, os seus fillos Guillerme Rufo e Roberto Curthose libraron unha guerra entre eles para quedar coa súa herdanza; Henrique I tamén adquirira o control de Normandía pola forza. Non habían sucesións pacíficas sen oposición.[51][52]

Inicialmente, Henrique I empeñouse en procrear outro fillo. A nai de Matilde e Guillerme morrera en 1118, polo que Henrique I tomou unha nova esposa, Adela de Lovaina.[viii] Henrique I e Adela non concibiron fillos e o futuro da dinastía parecía estar en perigo.[54][55] Henrique I posiblemente comezou a buscar de entre os seus sobriños un posible herdeiro. Probablemente considerou o fillo da súa irmá Adela, Estevo de Blois, como unha posible opción e, talvez en preparación para isto, arranxou un matrimonio vantaxoso para Estevo coa curmá materna adiñeirada e co mesmo nome de Matilde, a condesa de Boulogne.[56] Teobaldo de Blois, o seu aliado próximo, posiblemente tamén sentiu que contaba co favor de Henrique I.[57] Guillerme Clito, único fillo de Roberto Curthose, era o herdeiro preferido do rei Lois VI de Francia, pero Guillerme estaba en aberta rebelión contra Henrique I e, polo tanto, era inadecuado.[58] Henrique I tamén puido considerar o seu propio fillo ilexítimo, Roberto de Gloucester, como posible candidato, pero a tradición e os costumes ingleses desfavorecíano.[59] Os plans de Henrique I cambiaron cando o esposo da emperatriz Matilde, o emperador Henrique V, morreu en 1125.[60]

Retorno a Normandía

[editar | editar a fonte]

Matrimonio con Godofredo V

[editar | editar a fonte]
Miniatura contemporánea de Godofredo V de Anjou, o segundo marido de Matilde.

Matilde regresou a Normandía en 1125 e estivo arredor dun ano na corte real, mentres o seu pai Henrique I aínda esperaba que o seu segundo matrimonio xerase un herdeiro varón.[61][62] No caso de que isto non ocorrese, Matilde era entón a elección preferida de Henrique I, quen declarou que ela sería a súa sucesora lexítima se morría sen un herdeiro varón.[63] Os baróns anglonormandos reuníronse en Westminster no Nadal de 1126, onde xuraron en xaneiro recoñecer a Matilde e a calquera futuro herdeiro lexítimo que puidese ter.[63][61][ix]

Henrique I comezou a buscar formalmente un novo marido para Matilde a principios de 1127 e recibiu varias ofertas de príncipes dentro do Sacro Imperio.[61] A súa prioridade era usar o matrimonio de Matilde para asegurar as fronteiras do sur de Normandía ao casala con Godofredo, fillo máis vello de Fulco, conde de Anjou.[65] O dominio de Henrique I sobre Normandía enfrontara numerosos desafíos dende a conquista en 1106 e a última ameaza proveu do seu sobriño Guillerme Clito, novo conde de Flandres, quen gozaba do apoio do rei de Francia.[66] Era crucial para Henrique I non enfrontarse a unha ameaza tanto dende o sur como o leste de Normandía.[67] Guillerme Adelin casou coa filla de Fulco, Matilde, o que consolidou unha alianza entre Henrique I e a casa de Anjou, pero o desastre do Barco Branco puxo fin a isto.[68] Henrique I e Fulco discutiron sobre o destino do dote do matrimonio e isto alentara a Fulco a apoiar a Guillerme Clito no seu lugar.[69] A solución de Henrique I era entón negociar o matrimonio de Matilde con Godofredo, recreando a antiga alianza.[66]

Aparentemente, Matilde non estaba conforme con este plan.[70] Sentía que casar co fillo dun conde diminuía o seu status imperial e probablemente tamén estaba descontenta porque era alguén moito máis novo ca ela; Matilde tiña 25 anos e Godofredo 13 anos.[70] Hildeberto, arcebispo de Tours, finalmente interveu para convencela de que aceptase o compromiso.[70] Matilde finalmente aceptou e en maio de 1127 viaxou con Roberto de Gloucester e Brian FitzCount a Ruan, onde se comprometeu formalmente con Godofredo.[71] No transcurso do ano seguinte, Fulco decidiu partir cara a Xerusalén, onde esperaba converterse en rei e entregou as súas posesións a Godofredo.[72] Henrique I serviu de cabaleiro o seu futuro xenro; Matilde e Godofredo casaron unha semana despois, o 17 de xuño de 1128, en Le Mans nunha cerimonia oficiada polos bispos de Le Mans e Séez.[72] Fulco finalmente cambiou o condado de Anjou polo reino de Xerusalén en 1129 e declarou a Godofredo conde de Anjou e Maine.[73]

O matrimonio resultou difícil, xa que ambos non se querían.[74][75] Houbo unha disputa adicional sobre o dote de Matilde; Henrique I concedeulle varios castelos en Normandía, pero non se especificou cando a parella realmente tomaría posesión destes.[76][77] Tampouco se sabe se Henrique I tiña a intención de que Godofredo V tivese unha futura reclamación sobre Inglaterra ou Normandía e probablemente mantería o status de Godofredo V deliberadamente en incerteza.[76][77] Pouco despois do matrimonio, Matilde deixou a Godofredo V e regresou a Normandía.[74][75] Henrique I parece culpar a Godofredo V pola separación, pero a parella finalmente reconciliouse en 1131.[74][78] O monarca inglés convocou a Matilde dende Normandía e ela arribou a Inglaterra en agosto dese ano.[79] Decidiuse que Matilde volvería con Godofredo V nunha reunión do gran concilio do rei en setembro.[79] O concilio tamén fixo outro xuramento colectivo de lealdade para recoñecela como a herdeira de Henrique I.[79][x]

Matilde deu a luz o seu primeiro fillo en marzo de 1133 en Le Mans, o futuro Henrique II.[80] Henrique I estaba encantado coa noticia e foi vela a Ruán.[81][82][80] Na pentecoste de 1134, o seu segundo fillo, Godofredo naceu en Ruán, pero o parto foi difícil e Matilde estivo a piques de morrer.[83] Fixo arranxos para a súa última vontade e discutiu co seu pai sobre onde debería ser enterrada. Matilde prefería a abadía de Bec, pero Henrique I quería inhumala na catedral de Ruán.[83] Matilde recuperouse e Henrique I alegrouse moito polo nacemento do seu segundo neto, posiblemente insistiu noutra rolda de xuramentos de parte da súa nobreza.[83][xi]

A partir de entón, as relacións volvéronse cada vez máis tensas entre Matilde e Henrique I. A parella sospeitaba que carecían de verdadeiro apoio en Inglaterra polas súas reclamacións ao trono e, en 1135, propuxeron que o rei entregase os castelos reais en Normandía a Matilde e insistise constantemente á nobreza normanda en que xurase fidelidade inmediatamente a ela.[86] Isto daría á parella unha posición moito máis poderosa despois da morte de Henrique I, pero o rei inglés rexeitou a idea enfurecido, probablemente pola preocupación de que Godofredo V tentaría tomar o poder en Normandía mentres aínda estaba vivo.[87][88] Estalou unha nova rebelión no sur de Normandía e Godofredo V e Matilde interviñeron militarmente en nome dos rebeldes.[49]

No medio desta confrontación, Henrique I enfermou repentinamente e faleceu preto de Lyons-a-Forêt.[89] Descoñécese que dixo Henrique I sobre a sucesión antes da súa morte.[90] Os relatos de cronistas contemporáneos foron manipulados por eventos posteriores. As fontes favorables a Matilde suxeriron que Henrique I reafirmara o seu intento de conceder as súas terras á súa filla, mentres que os cronistas hostís argumentaban que Henrique I renunciara aos seus plans anteriores e desculpouse por obrigar os baróns a xurar frecuentemente lealdade cara a ela.[90]

Camiño á guerra

[editar | editar a fonte]
Mapa do norte de Francia da época da morte de Henrique I; os círculos vermellos marcan os principais centros urbanos.

Cando as novas sobre a morte de Henrique I comezaron a estenderse, Matilde e Godofredo V estaban en Anjou apoiando os rebeldes na súa campaña contra o exército real, que incluía varios partidarios de Matilde como Roberto de Gloucester.[49] Moitos destes baróns xuraran permanecer en Normandía ata que o defunto rei foi enterrado adecuadamente, o que lles impediu regresar a Inglaterra.[91] No entanto, Godofredo V e Matilde aproveitaron a oportunidade para marchar cara ao sur de Normandía e tomar varios castelos importantes nos arredores de Argentan, que formaran o disputado dote de Matilde.[92] Logo detivéronse, incapaces de avanzar máis, saquearon a campiña e enfrontaron unha maior resistencia da nobreza normanda e unha rebelión en Anjou.[92] Matilde xa estaba embarazada do seu terceiro fillo; non hai consenso entre os investigadores sobre ata que punto isto afectou os seus plans militares.[93][92][94][xii][93]

Mentres tanto, a noticia da morte de Henrique I chegara a Estevo de Blois —convenientemente establecido en Boulogne—, quen partiu a Inglaterra acompañado polos seus militares. Roberto de Gloucester gornecera os portos de Dover e Canterbury e algunhas versións suxiren que rexeitaron o ingreso de Estevo cando chegou por primeira vez.[95][96] No entanto, Estevo desembarcou nos arredores de Londres o 8 de decembro e, durante a semana seguinte, comezou a tomar o poder en Inglaterra.[96][97][98] As multitudes en Londres proclamaron a Estevo o novo monarca, pois crían que outorgaría á cidade novos dereitos e privilexios a cambio; o seu irmán, Henrique de Blois, bispo de Winchester, apoiou a Estevo en nome da Igrexa.[99] Estevo xurara lealdade a Matilde en 1127, pero o seu irmán argumentou convincentemente que o defunto rei se equivocou ao insistir en que a súa corte fixese ese xuramento e suxeriu que Henrique I cambiara de opinión no seu leito de morte.[100][xiii] A coroación de Estevo celebrouse unha semana máis tarde na abadía de Westminster, o 26 de decembro.[102]

Trala noticia de que Estevo estaba a reunir apoio en Inglaterra, a nobreza normanda reuniuse en Le Neubourg para discutir a posibilidade de declarar rei o seu irmán máis vello, Teobaldo, conde de Champaña.[103][104] Os normandos argumentaron que o conde de Champaña ao ser neto maior de Guillerme o Conquistador contaba con máis dereito a gobernar o Reino de Inglaterra e o Ducado de Normandía, preferiblemente mellor que Matilde.[104] As súas discusións foron interrompidas polas repentinas noticias de Inglaterra de que a coroación de Estevo ocorrería ao día seguinte.[102] O apoio de Teobaldo inmediatamente diminuíu, xa que os baróns non estaban preparados para apoiar a división de Inglaterra e Normandía por oporse a Estevo.[102][95][xiv]

O 22 de xullo de 1136, Matilde deu a luz o seu terceiro fillo, Guillerme, en Argentan e logo administrou territorios fóra da rexión fronteiriza durante os seguintes tres anos e estableceu os seus cabaleiros gardiáns nas facendas da zona.[107] Matilde posiblemente pediu a Ulger, bispo de Angers, obter apoio para as súas reclamacións ante o papa en Roma, pero Ulger, se hipoteticamente o fixo, non tivo éxito.[108] Godofredo V invadiu Normandía a principios de 1136 e, despois dunha tregua temporal, continuou a ocupación novamente ese mesmo ano e atacou e queimou propiedades en lugar de tratar de administrar o territorio.[109] Estevo regresou ao ducado en 1137, onde se reuniu con Lois VI e Teobaldo para acordar unha alianza informal contra Godofredo V e Matilde e contrarrestar o crecente poder anxevino na rexión.[110] Estevo reuniu un exército para recuperar os castelos de Argentan en mans de Matilde, pero as friccións entre as súas forzas mercenarias flamengas e os baróns normandos locais deron como resultado unha batalla entre as dúas metades do seu exército.[111][112] As forzas normandas logo desertaron do rei, o que obrigou a Estevo a renunciar á súa campaña.[113] Estevo acordou outra tregua con Godofredo V, prometéndolle pagar 2000 marcos ao ano a cambio da paz nas fronteiras normandas.[109]

En Inglaterra, o reinado de Estevo comezou ben, con suntuosas reunións da corte real que vía ao rei outorgar concesións de terras e favores aos seus seguidores.[114][115] Estevo recibiu o apoio do papa Inocencio II, debido en parte aos testemuños de Lois VI e Teobaldo.[116][117] Os problemas comezaron a xurdir rapidamente. O tío de Matilde, David I de Escocia, invadiu o norte de Inglaterra coa noticia da morte de Henrique I e tomou Carlisle, Newcastle e outras fortalezas importantes.[101][118] Estevo marchou rapidamente cara ao norte cun exército e atopouse con David I en Durham, onde se acordou un arranxo temporal.[119][120] O sur de Gales alzouse en rebelión e, en 1137, Estevo viuse forzado a abandonar os seus intentos de reprimir a revolta.[121][122] Estevo sufocou dúas revoltas no suroeste lideradas por Balduíno de Redvers e Roberto de Bampton; Balduíno foi liberado despois da súa captura e viaxou a Normandía, onde se converteu en fervente crítico do rei inglés.[123]

Retratada nunha miniatura do s. XII.

O medio irmán de Matilde, Roberto de Gloucester, era un dos baróns anglonormandos máis poderosos, xa que controlaba terras en Normandía así como tamén o condado de Gloucester.[124] En 1138, rebelouse contra Estevo, provocando que a situación en Inglaterra dexenerase na guerra civil.[125] Roberto renunciou á súa fidelidade ao rei inglés e declarou o seu apoio a Matilde, o que desencadeou unha gran rebelión rexional en Kent e en todo o suroeste de Inglaterra, aínda que el permaneceu en Normandía.[126] Matilde non fora particularmente activa en afirmar os seus dereitos ao trono dende 1135 e, en moitos sentidos, Roberto foi quen tomou a iniciativa ao declarar a guerra en 1138.[127][128] En Francia, Godofredo V aproveitou a situación para volver ocupar Normandía. David I de Escocia tamén invadiu o norte de Inglaterra unha vez máis avanzando ao sur cara a Yorkshire e anunciou que apoiaba as reclamacións de Matilde ao trono.[129][130][xv][131][132]

Estevo respondeu rapidamente ás revoltas e invasións e prestou máis atención a Inglaterra que a Normandía. A súa esposa Matilde foi enviada a Kent con barcos e recursos dende Boulogne, coa tarefa de volver tomar o porto clave de Dover, controlado por Roberto.[124] Un pequeno número dos cabaleiros da casa de Estevo foron enviados ao norte para axudar na loita contra os escoceses, onde as forzas de David I foron derrotadas máis tarde ese ano na batalla do Estandarte.[129] Con todo, a pesar da vitoria inglesa, David I aínda ocupaba a maior parte do norte.[129][133][134][xvi] Estevo dirixiuse persoalmente cara ao oeste nun intento por recuperar o control de Gloucestershire; primeiro avanzou cara ao norte nas Marcas Galesas e tomou Hereford e Shrewsbury antes de dirixirse ao sur cara a Bath.[124] A cidade de Bristol resultou demasiado forte para Estevo, quen se contentou con asaltar e saquear a área circundante.[124] Aparentemente, os rebeldes estaban a esperar a que Roberto interviñese con apoio, pero el permaneceu en Normandía durante todo o ano, tratando de convencer a Matilde de que invadise Inglaterra.[136] Dover finalmente rendeuse ás forzas da consorte de Estevo máis adiante ese ano.[137]

Cara a 1139, unha invasión de Inglaterra por Roberto e Matilde parecía inminente. Godofredo V e Matilde aseguraran gran parte de Normandía e, xunto con Roberto, estiveron durante os primeiros meses mobilizando forzas para unha expedición a través do canal da Mancha.[138] Matilde tamén apelou ao papado a comezos de ano; o seu representante, o bispo Ulger, presentou a súa demanda legal contra o trono inglés sobre a base dos seus dereitos hereditarios e os xuramentos dos baróns.[139] Arnulfo de Lisieux representou a Estevo ante o tribunal e argumentou que, debido a que a nai de Matilde fora realmente unha monxa, o seu reclamo do trono era ilexítimo.[140] O papa declinou reverter o seu apoio anterior a Estevo, pero, dende a perspectiva de Matilde, o caso utilmente estableceu que as reclamacións de Estevo estaban en disputa.[140]

Guerra civil

[editar | editar a fonte]

Primeiras accións

[editar | editar a fonte]
Mapa político de Gales e o sur de Inglaterra en 1140; as zonas baixo o control de Matilde en azul, de Estevo en vermello e galeses indíxenas en gris.

A invasión de Matilde finalmente comezou a fins do verán de 1139. Balduíno de Redvers partiu dende Normandía a Wareham en agosto nun intento inicial de capturar un porto para recibir o exército invasor de Matilde, pero as forzas de Estevo obrigárono a retirarse ao suroeste.[141] Ao mes seguinte, Matilde foi convidada pola súa madrasta, a raíña Adela, para desembarcar en Arundel, onde, o 30 de setembro, Roberto de Gloucester e Matilde chegaron a Inglaterra con 140 cabaleiros.[141][xvii] Matilde aloxouse no castelo de Arundel, mentres Roberto marchou cara ao noroeste en dirección a Wallingford e Bristol, esperando obter apoio para a rebelión e unirse a Miles de Gloucester, quen aproveitou a oportunidade para renunciar á súa lealdade ao rei e defender a Matilde.[143]

Estevo rapidamente desprazouse cara ao sur e cercou Arundel, atrapando a Matilde dentro do castelo.[141] Entón, Estevo acordou unha tregua proposta polo seu irmán, Henrique de Blois; non se coñecen os detalles do acordo, pero como resultado Matilde e os seus cabaleiros gardiáns foron liberados do asedio e escoltados ao suroeste de Inglaterra, onde se reuniron con Roberto de Gloucester.[144] As razóns da liberación de Matilde seguen sen esclarecerse: Estevo puido pensar que era o mellor para el liberar a Matilde e concentrarse, no seu lugar, en atacar a Roberto, xa que a este último o consideraba o seu principal opoñente neste punto do conflito.[144] Así mesmo, o castelo de Arundel considerábase case inexpugnable e Estevo puido estar preocupado de arriscarse demasiado en manter o seu exército ocupado no sur mentres Roberto vagaba libremente polo oeste.[145] Outra teoría é que Estevo liberou a Matilde como un xesto de cabalaría; Estevo tiña unha personalidade xenerosa e cortés e normalmente non se esperaba que as mulleres fosen branco da guerra anglonormanda.[146][xviii]

Despois de permanecer durante un tempo no bastión de Roberto en Bristol, Matilde estableceu a súa corte na próxima Gloucester, aínda a salvo no suroeste, pero o suficientemente lonxe para que ela permanecese independente do seu medio irmán.[148][149] Aínda que houbo algunhas desercións á súa causa, Matilde aínda controlaba un bloque compacto de territorio que se estendía dende Gloucester e Bristol cara ao sur en Wiltshire, cara ao oeste nas Marcas Galesas e ao leste a través do val do Támese ata Oxford e Wallingford, o que ameazaba Londres.[150][151] A súa influencia estendeuse a Devon e Cornualla e ao norte a través de Herefordshire, pero a súa autoridade nestas áreas permaneceu limitada.[152]

Enfrontouse a un contraataque de Estevo, quen comezou asaltando o castelo de Wallingford que controlaba o corredor do Támese; estaba en mans de Brian FitzCount e Estevo atopouno moi ben defendido.[153][154] Estevo continuou en Wiltshire atacando Trowbridge e tomou os castelos de South Cerney e Malmesbury no camiño.[153] En resposta, Miles de Gloucester marchou cara ao leste, atacou as forzas de retagarda de Estevo en Wallingford e ameazou cun avance cara a Londres.[155] Estevo viuse obrigado a abandonar a súa campaña no oeste e regresou ao leste para estabilizar a situación e protexer a súa capital.[156]

A comezos de 1140, Nigel, bispo de Ely, uniuse á facción de Matilde.[156] Coa esperanza de apoderarse de Anglia Oriental, Nigel estableceu a súa base de operacións na illa de Ely, entón arrodeada de terras pantanosas protectoras.[156] Nigel enfrontou unha resposta rápida de Estevo, quen realizou un ataque sorpresa en Ely, o que obrigou o bispo a fuxir a Gloucester.[157] Os soldados de Roberto de Gloucester retomaron parte do territorio que Estevo tomara na súa campaña de 1139.[158] Nun esforzo por negociar unha tregua, Henrique de Blois celebrou unha conferencia de paz en Bath, na que Matilde foi representada por Roberto.[159] A conferencia fracasou despois de que Henrique e o clero insistiran en que deberían establecer os termos dun acordo de paz, que os representantes de Estevo consideraron inaceptable.[158]

Batalla de Lincoln

[editar | editar a fonte]
Esquema da batalla de Lincoln: as tropas de Roberto de Gloucester en azul, as de Estevo en vermello.

A sorte de Matilde cambiou favorablemente a comezos de 1141.[160] Ranulfo de Chester, poderoso magnate do norte, pelexouse co rei no inverno pasado e Estevo puxera o seu castelo en Lincoln baixo asedio. En resposta, Roberto de Gloucester e Ranulfo avanzaron á posición de Estevo cun exército máis grande, dando como resultado o 2 de febreiro de 1141 a batalla de Lincoln.[161] O rei comandaba o centro do seu exército, con Alan da Bretaña no flanco dereito e Guillerme de Aumale no esquerdo.[162] As forzas de Roberto e Ranulfo eran superiores en cabalaría e Estevo desmontou a moitos dos seus propios cabaleiros para formar un sólido bloque de infantaría.[162][xix] Despois dun fracaso inicial, no que as tropas de Guillerme destruíron a infantaría galesa dos anxevinos, a batalla tornouse favorable para as forzas de Matilde.[164] A cabalaría de Roberto e Ranulfo rodeou o centro de Estevo, quen foi rapidamente identificado polo exército anxevino.[164] Despois de moito loitar, os soldados de Roberto finalmente venceron a Estevo e sacárono custodiado do campo de batalla.[165]

Matilde recibiu a Estevo en persoa na súa corte en Gloucester, antes de trasladalo ao castelo de Bristol, usado tradicionalmente para reter presos de alto rango.[166] Nese momento, Matilde comezou a tomar os pasos necesarios para tomar o trono inglés, o que requiriría un acordo da Igrexa e a súa coroación en Westminster.[167] Henrique, irmán de Estevo, convocou un concilio en Winchester antes da pascua na súa calidade de legado papal para considerar a opinión do clero. Matilde fixera un trato privado con Henrique no que el entregaría o apoio da Igrexa católica a cambio de que se lle concedese o control dos asuntos eclesiásticos en Inglaterra.[168] Henrique entregoulle o tesouro real, que resultou estar bastante dilapidado excepto pola coroa de Estevo, e excomungou moitos dos seus inimigos que rexeitaron cambiarse de bando.[169][170] Con todo, o arcebispo Teobaldo de Canterbury non estaba disposto a proclamar raíña a Matilde tan rápido e unha delegación de clérigos e nobres, encabezada por Teobaldo, viaxou a Bristol para ver a Estevo, quen afirmou que, dada a situación, estaba disposto a liberar os seus súbditos do seu xuramento de lealdade cara a el.[171][172]

Penique de prata de Matilde, cuñado en Oxford.

O clero reuniuse de novo en Winchester despois da pascua e declarou a Matilde señora de Inglaterra e Normandía, como paso previo á súa coroación.[173][172] Aínda que os seguidores de Matilde asistiron ao evento, poucos nobres importantes parecen participar e a delegación de Londres postergou a súa asistencia.[174] A consorte de Estevo enviou cartas para queixarse e esixir a liberación do seu esposo.[175] No entanto, Matilde avanzara a Londres para organizar a súa coroación en xuño, onde a súa situación se volveu precaria.[176] A pesar de contar co apoio de Godofredo de Mandeville, que controlaba a Torre de Londres, as forzas leais a Estevo e a raíña consorte permaneceron preto da cidade e os cidadáns estaban medorentos de dar a benvida a Matilde.[177] O 24 de xuño, pouco antes da coroación planeada, a cidade rebelouse contra Matilde e Godofredo de Mandeville; Matilde e os seus seguidores fuxiron xusto a tempo e fixeron unha retirada caótica no seu camiño a Oxford.[178][179]

Mentres tanto, Godofredo V de Anjou invadiu Normandía outra vez e, na ausencia de Galerano de Beaumont, quen aínda loitaba en Inglaterra, ocupou todo o ducado ao sur do Sena e ao leste do Risle.[180][181][110] Esta vez non recibiu axuda do irmán de Estevo, Teobaldo de Champaña, quen parece estar preocupado polos seus propios problemas con Francia: o novo rei francés, Lois VII, rexeitara a alianza rexional do seu pai, mellorou as relacións con Anjou e adoptou unha postura máis belicosa contra Teobaldo, o que daría lugar a unha guerra o ano seguinte.[182] O éxito de Godofredo V en Normandía e a debilidade de Estevo en Inglaterra comezaron a influír na lealdade de moitos baróns anglonormandos, que temían perder as súas terras en Inglaterra ante Roberto e Matilde e as súas posesións en Normandía ante Godofredo V.[183] Moitos comezaron a deixar a facción de Estevo. O seu amigo e conselleiro Galerano foi un dos que decidiu desertar a mediados de 1141 e partiu a Normandía para asegurar as súas posesións ancestrais ao aliarse cos anxevinos, o que permitiu que o campamento de Matilde establecésese en Worcestershire.[184] O irmán xemelgo de Galerano, Roberto de Leicester, igualmente retirouse da contenda ao mesmo tempo. Outros partidarios de Matilde foron restaurados nos seus antigos bastións, como o bispo Nigel de Ely, e outros recibiron novos condados no oeste de Inglaterra. O control centralizado sobre a cuñaxe de moedas interrompeuse, o que provocou que os baróns e bispos locais producisen as súas propias moedas en todo o país.[185][186]

Tumulto de Winchester e asedio de Oxford

[editar | editar a fonte]
Torre St George do castelo de Oxford, onde Estevo case captura a Matilde.

A situación de Matilde empeorou pola súa derrota no tumulto de Winchester. A súa alianza con Henrique de Blois demostrou ser efémera e pronto rifaron polo patrocinio político e a política eclesiástica; o bispo transferiu o seu apoio á causa de Estevo.[187] En resposta, en xullo, Matilde e Roberto de Gloucester rodearon a Henrique de Blois no seu castelo episcopal en Winchester e utilizaron a fortaleza real da cidade como base para as súas operacións.[188][187][189] A consorte de Estevo mantivo viva a súa causa no sueste de Inglaterra e, co apoio polo seu lugartenente Guillerme de Ypres e reforzada con novas tropas de Londres, aproveitou a oportunidade para avanzar cara a Winchester.[187][189][190][191][192] As súas forzas rodearon o exército de Matilde,[187][189] quen decidiu escapar da cidade con Brian FitzCount e Rexinaldo de Cornualla, mentres o resto do seu exército atrasou as forzas reais.[189] Na batalla posterior, as forzas de Matilde foron derrotadas e Roberto de Gloucester caeu prisioneiro durante a retirada, aínda que Matilde, exhausta, á súa fortaleza en Devizes.[193][194][195]

Con Estevo e Roberto detidos, celebráronse negociacións para chegar a un acordo de paz a longo prazo, pero a consorte de Estevo non estaba disposta a ofrecer ningún compromiso a Matilde e namentres Roberto rexeitou calquera oferta para cambiar ao bando de Estevo.[193] Doutra banda, en novembro as dúas partes simplemente intercambiaron aos dous líderes: Estevo regresou coa súa consorte e Roberto a Matilde en Oxford.[193][196] Henrique organizou outro concilio eclesiástico, no que reverteu a súa decisión anterior e reafirmou a lexitimidade de Estevo para gobernar; no Nadal de 1141 ocorreu unha nova coroación de Estevo e a súa consorte.[193] O rei inglés viaxou cara ao norte para conseguir novos seguidores e convenceu con éxito a Ranulfo de Chester para cambiar de bando unha vez máis.[197] Estevo pasou o verán atacando algúns dos novos castelos anxevinos construídos o ano anterior, como os de Cirencester, Bampton e Wareham.[198]

Durante o verán de 1142, Roberto regresou a Normandía para axudar a Godofredo V en operacións contra algúns dos seguidores de Estevo que quedaban alí, antes de regresar no outono.[199] Matilde estivo na mira das forzas de Estevo e foi rodeada en Oxford,[198] unha cidade segura, protexida por muros e o río Isis, mais Estevo liderou un ataque repentino a través do afluente, liderou a carga e nadou parte do traxecto.[200] Unha vez no outro lado, o rei inglés e os seus homes irromperon na cidade e atraparon a Matilde no castelo.[200] O castelo de Oxford era unha fortaleza poderosa e, en lugar de asaltala, Estevo decidiu estacionarse para un longo asedio.[200] Xusto antes do Nadal, Matilde saíu sixilosamente do castelo cun puñado de cabaleiros (probablemente a través dunha poterna), cruzou o río xeado a pé e escapou do exército real para refuxiarse en Wallingford; deixou á gornición do castelo coa opción de entregarse ao día seguinte.[201][xx]

Estancamento

[editar | editar a fonte]
Invasión de Normandía por Godofredo V de Anjou (1142-1143).

Despois da retirada de Winchester, Matilde reconstituíu a súa corte no castelo de Devizes, unha antiga propiedade do bispo de Salisbury que fora confiscada por Estevo.[203] Asignou cabaleiros gardiáns nos terreos circundantes co apoio de mercenarios flamengos e gobernou mediante a rede de gobernadores civís locais e outros funcionarios.[204] Moitos dos que perderan terras nas rexións ocupadas polo rei inglés viaxaron ao oeste para aproveitar o patrocinio de Matilde.[205] Apoiada polo pragmático Roberto de Gloucester, Matilde contentouse con participar nunha loita prolongada e a guerra pronto chegou a un punto morto.[206][207]

Ao principio, o equilibrio de poder parecía moverse lixeiramente a favor de Matilde.[208] Roberto de Gloucester acurralou a Estevo en 1143 no castelo de Wilton, un dos puntos de reunión para as forzas reais en Herefordshire.[209] Estevo tentou romper o asedio e escapar, o que resultou na batalla de Wilton.[210] Unha vez máis, a cabalaría anxevina demostrou ser demasiado forte e, por un momento, pareceu que Estevo sería capturado por segunda vez, antes de finalmente lograr fuxir.[211][212] Máis tarde ese ano, Godofredo de Mandeville, conde de Essex, alzouse en rebelión contra Estevo en Anglia Oriental.[213] Godofredo estableceuse na illa de Ely e comezou unha campaña militar contra Cambridge coa intención de avanzar cara ao sur, cara a Londres.[214] Ranulfo de Chester rebelouse unha vez máis no verán de 1144.[215] Mentres tanto, Godofredo V de Anjou terminou de consolidar o seu control no sur de Normandía e, en xaneiro de 1144, avanzou a Ruán, capital do ducado, para concluír a súa campaña.[197] Lois VII recoñeceuno como duque de Normandía pouco despois.[216]

A pesar destes éxitos, Matilde non puido consolidar a súa posición.[217] Miles de Gloucester, un dos seus comandantes militares máis talentosos, morrera mentres cazaba o Nadal anterior.[218] A rebelión de Godofredo de Mandeville contra Estevo no leste terminou coa súa morte en setembro de 1144 durante un ataque ao castelo de Burwell.[219] Como resultado, Estevo avanzou contra as forzas de Matilde no oeste en 1145 e volveu capturar o castelo de Faringdon en Oxfordshire.[219] Matilde autorizou a Rexinaldo, conde de Cornualla, a tentar novas negociacións de paz, pero ningunha das partes estaba disposta a comprometerse.[220]

Fin da guerra

[editar | editar a fonte]
Miniatura do s. XII do fillo maior de Matilde, Henrique II, e a súa esposa, Leonor, na corte.

As condicións do conflito en Inglaterra comezaron a cambiar gradualmente; a fins dos anos 1140, os combates importantes na guerra terminaran e deron paso a un estancamento insuperable, con breves gromos de conflitos armados. Varios da partidarios clave de Matilde morreran: en 1147 Roberto de Gloucester morreu pacificamente e Brian FitzCount retirouse gradualmente da vida pública e probablemente uniuse a un mosteiro xa que desapareceu dos rexistros antes de 1150.[221][222][223] Outros seguidores de Matilde uníronse á segunda cruzada cando se anunciou en 1145 e deixaron a rexión por varios anos.[221] Algúns dos baróns anglonormandos fixeron acordos individuais de paz entre eles para asegurar as súas terras e ganancias de guerra e moitos non estaban dispostos a buscar ningún conflito adicional.[224]

O seu fillo máis vello, Henrique, lentamente comezou a asumir un rol de liderado no conflito.[225] Quedou en Francia cando Matilde partiu por primeira vez a Inglaterra.[226] Cruzou o canal da Mancha en 1142 e regresou a Anjou en 1144.[226] Godofredo V de Anjou esperaba que Henrique se convertese no rei de Inglaterra e comezou a involucralo no goberno das súas propiedades familiares.[227] En 1147, Henrique interveu en Inglaterra cun pequeno exército de mercenarios, pero a expedición fracasou, sobre todo porque carecía de fondos necesarios para pagar aos seus homes.[221] Entón, Henrique pediu diñeiro á súa nai, pero ela rexeitouno porque non tiña fondos dispoñibles.[228] Ao final, Estevo terminou pagando aos mercenarios de Henrique, o que lle permitiu regresar a casa a salvo; as súas razóns para facelo aínda non están claras.[[229][221][xxi]

Matilde decidiu regresar a Normandía en 1148, en parte debido aos seus rozamentos coa Igrexa. Ocupara o estratéxico castelo de Devizes en 1142 e estableceu a súa corte alí, pero legalmente aínda pertencía a Xoselino de Bohon, bispo de Salisbury, e a fins de 1146 o papa Uxío III interveu para apoiar as súas reclamacións e ameazou a Matilde coa excomuñón se non o devolvía.[230] Matilde ignorou as reclamacións durante un tempo, logo foise a Normandía a principios de 1148 e deixou o castelo a Henrique, quen pospuxo o seu regreso por moitos anos.[222] Matilde restableceu a súa corte en Ruán, onde se reuniu cos seus fillos e esposo e probablemente fixo arranxos para a súa futura vida en Normandía e a próxima expedición de Henrique a Inglaterra.[231] Matilde escolleu vivir no palacio-priorado de Notre-Dáme-du-Pré, situado ao sur de Ruán, onde habitou en apousentos anexos ao priorado e nun palacio próximo construído por Henrique I.[232][14]

Dedicou cada vez máis os seus esforzos á administración de Normandía, en lugar da guerra en Inglaterra.[233][234] Godofredo V enviou o bispo de Thérouanne a Roma en 1148 para defender o dereito de Henrique ao trono inglés e aos poucos a opinión dentro da Igrexa católica de Inglaterra cambiou a favor do seu fillo.[235] Matilde e Godofredo V fixeron as paces con Lois VII, quen a cambio apoiou os dereitos de Henrique sobre Normandía.[236] Godofredo V morreu inesperadamente en 1151; Henrique reclamou as terras da familia[237] e regresou a Inglaterra unha vez máis a comezos de 1153 cun pequeno exército, co que gañou o apoio dalgúns dos principais baróns rexionais.[238] Con todo, o exército de ningún dos dous bandos desexaba loitar e a Igrexa promulgou unha tregua; a continuación, asinouse unha paz permanente, segundo a cal Henrique recoñeceu a Estevo como rei, pero a cambio converteuse en fillo adoptado e sucesor de Estevo.[239][240][241][242] Mentres tanto, Normandía enfrontouse a un disturbio considerable e á ameaza dunha revolta dos baróns, que Matilde non puido reprimir por completo.[243] Estevo morreu ao ano seguinte e Henrique ascendeu ao trono (xa Henrique II de Inglaterra);[244] na súa coroación usou a máis grande das dúas coroas imperiais que Matilde cargara consigo dende o Sacro Imperio en 1125.[245] Unha vez sucedido isto, os problemas que enfrontaba Matilde en Normandía aos poucos desapareceron.[243]

Últimos anos

[editar | editar a fonte]
Miniatura de principios do s. XIV de Henrique II e Tomás Becket discutindo.

Matilde pasou o resto da súa vida en Normandía, frecuentemente actuando como representante do seu fillo Henrique II e presidindo o goberno do ducado.[246] Dende o principio, ela e o seu fillo emitiron cartas en Inglaterra e Normandía cos seus dous nomes, que trataban sobre diversos reclamos de terras que xurdiran durante as guerras.[246] Particularmente nos primeiros anos do seu reinado, o rei inglés recorreu a ela en busca de consello sobre asuntos políticos.[247] Matilde estivo involucrada nos intentos de mediación entre Henrique II e o seu chanceler Thomas Becket cando ambos rifaron nos anos 1160.[14] Advertira orixinalmente en contra do nomeamento de Becket, pero cando o prior de Mont St Jacques lle pediu unha entrevista privada en nome de Becket para consultar a súa opinión Matilde brindou unha perspectiva moderada sobre o asunto.[14] Explicou que estaba en desacordo cos intentos de Henrique II de codificar os costumes ingleses —ao que Becket se opuña—, pero tamén condenou a mediocre administración na Igrexa en Inglaterra e o comportamento testarudo de Becket.[14]

Tamén axudou a tratar varias crises diplomáticas. A primeira destas involucraba a man de Xacobe o Apóstolo, a reliquia que trouxera dende o Sacro Imperio moitos anos antes.[248] O emperador teutón Frederico I "Barbarroxa" considerou que a reliquia era parte das insignias imperiais e solicitou a Henrique II que a devolvese.[249] Matilde e Henrique II insistiron igualmente en que permanecese na abadía de Reading, onde se converteu nunha atracción popular para os peregrinos visitantes.[249] Frederico I foi subornado cun conxunto alternativo de custosos obsequios de Inglaterra, como unha enorme e luxosa tenda de campaña, probablemente elixida por Matilde e que Frederico I usou para eventos da corte en Italia.[249] Tamén, en 1164, axudou a Lois VII de Francia a deter unha crecente disputa diplomática sobre o manexo dos fondos das cruzadas.

Na súa vellez, Matilde concentrouse en asuntos eclesiásticos e a súa fe persoal, aínda que seguiu a participar no goberno de Normandía durante o resto da súa vida.[250] Aparentemente Matilde tivo un agarimo particular polo seu fillo máis novo, Guillerme.[251] Con todo, opúxose á proposta de Henrique II en 1155 de invadir Irlanda e darlle as terras a Guillerme, posiblemente co argumento de que o proxecto non era práctico e, en cambio, Guillerme recibiu grandes concesións de terras en Inglaterra.[252][253] Matilde tivo unha vida máis tranquila na súa vellez que na súa mocidade, pero o cronista de Mont St Jacques, que a coñeceu durante este período, aínda sentía que ela parecía pertencer «ao grupo dos tiranos».[254][14]

Morreu o 10 de setembro de 1167 e a súa riqueza restante entregóuselle á Igrexa.[255][14][xxii] Foi enterrada baixo o altar maior na abadía de Le Bec-Hellouin nun oficio dirixido por Rotrou, arcebispo de Ruán.[256] O epitafio da súa tumba ten as seguintes liñas: «Grande por nacemento, moito máis por matrimonio, magnífica na súa descendencia: aquí xace Matilde, a filla, esposa, nai de Henrique»; isto converteuse nunha frase famosa entre os seus contemporáneos.[257][xxiii] Esta tumba foi danada por un incendio en 1263 e logo restaurada en 1282, antes de ser finalmente destruída por un exército inglés en 1421.[258] En 1684, a Congregación de San Mauro identificou algúns dos seus ósos restantes e volveunos inhumar en Bec-Hellouin nun sarcófago novo.[258] Os seus restos perdéronse outra vez despois da destrución do templo de Bec-Hellouin por Napoleón, pero atopáronse unha vez máis en 1846 e, esta vez, enterráronse na catedral de Ruán, onde permanecen.[258]

Administración, leis e nobreza

[editar | editar a fonte]
Retratada nunha miniatura de Historia Anglorum polos monxes de St Albans (c. s. XV).

No Sacro Imperio, a corte da moza Matilde incluía cabaleiros, capeláns e damas de honra, aínda que, a diferenza dalgunhas raíñas da época, non tiña a súa propio chanceler para administrar a súa casa, senón que usaba o chanceler imperial.[25] Cando actuaba como rexente en Italia, descubriu que os gobernantes locais estaban preparados para aceptar a unha gobernante feminina.[259] A súa administración italiana abranguía o chanceler italiano, apoiado por administradores experimentados.[259] Non se lle pediu que tomase ningunha decisión importante, senón que se ocupou de cuestións pequenas e actuou como representante simbólica do seu esposo ausente, reuníndose e axudando a negociar cos magnates e o clero.[260]

Ao seu regreso de Alemaña a Normandía e Anjou, fíxose chamar a si mesma emperatriz e filla do rei Henrique I.[261] Durante a guerra civil en Inglaterra, o seu status era incerto. As raíñas anglosaxoas de Inglaterra exerceran un poder considerablemente formal, pero esta tradición diminuíra baixo os normandos: como máximo, as súas raíñas gobernaban temporalmente como rexentes en nome dos seus maridos cando viaxaban lonxe, en lugar de por dereito propio.[262] Inicialmente, entre 1139 e 1141, Matilde referiuse a ela mesma como unha feme sole («unha muller que actúa soa»), destacando a súa autonomía e independencia do seu marido Godofredo V.[263] Tiña un gran selo imperial —redondo como o selo dun rei, mentres que as raíñas usaban un selo oval—, pero que mostraba a Matilde entronizada como emperatriz e titulada como raíña dos romanos.[264][265] No entanto, o selo non a mostraba a cabalo, xa que así se representaba un gobernante masculino.[264][265] Como nunca foi coroada en Westminster, durante o resto da guerra parece que usou o seu título de señora dos ingleses, en lugar da raíña de Inglaterra, aínda que algúns contemporáneos referíronse a ela polo título real.[266]

Matilde presentábase a si mesma como continuadora da tradición inglesa de reinado centralizado e tentou manter un goberno en Inglaterra paralelo ao de Estevo, incluíndo unha casa real e un chanceler.[267] Obtivo ingresos das propiedades reais nos condados baixo o seu control, particularmente nos seus territorios centrais onde os gobernadores civís eran leais á súa causa.[268] Nomeou a varios condes para rivalizar cos creados por Estevo.[269] Con todo, non puido operar un sistema de tribunais da realeza e os seus recursos administrativos foron extremadamente limitados, aínda que algúns dos seus empregados pasaron a ser bispos en Normandía.[270][271] Matilde emitiu dous tipos de moedas ao seu nome durante a súa estancia en Inglaterra, que se utilizaron no oeste de Inglaterra e Gales.[272] Os primeiros foron cuñados inicialmente en Oxford durante a súa estancia alí e o deseño foi adoptado polas súas casas de moeda en Bristol, Cardiff e Wareham despois da súa vitoria na batalla de Lincoln.[272] Un segundo deseño foi cuñado en Bristol e Cardiff durante os anos 1140.[272]

Ao regresar a Normandía por última vez en 1148, Matilde deixou de usar o título de señora dos ingleses, simplemente empregando o de emperatriz; nunca adoptou o título de condesa de Anjou ao que tiña dereito polo seu segundo matrimonio.[271][14] A casa de Matilde fíxose máis pequena e con frecuencia fusionábase coa corte do seu fillo Henrique II cando ambos estaban en Ruán.[271] Continuou desempeñando un rol especial no goberno da zona próxima a Argentan, onde tiña dereitos feudais das concesións feitas no momento do seu segundo matrimonio.[273]

Relacións coa Igrexa

[editar | editar a fonte]
Ruínas da abadía de Mortemer, que recibiu apoio financeiro de Matilde.

Non está claro como de forte era a piedade persoal de Matilde, aínda que os contemporáneos eloxiaron a súa preferencia de toda a vida por ser enterrada no sitio monástico de Bec en lugar dun máis grande pero máis mundano en Ruán; ademais, crían que tiña crenzas relixiosas subxacentes considerables.[274] Do mesmo xeito que outros membros da nobreza anglonormanda, outorgou uns considerables recursos monetarios á Igrexa católica.[275] Ao principio da súa vida, Matilde prefería o mosteiro beneditino de Cluny xunto con algunhas das novas ordes agostiñas, como os vitorinos e premonstratenses.[276] Como parte deste patrocinio, refundou a abadía de Notre-Dáme-du-Vœou preto de Cherburgo.[277]

Co paso do tempo, Matilde dirixiu máis a súa atención á orde cisterciense, que era moi popular en Inglaterra e Normandía durante este período e estivo dedicada á Virxe María, figura de particular importancia para Matilde.[278] Tiña fortes vínculos coa abadía cisterciense de Mortemer en Normandía e percorreu ese mosteiro solicitando asistencia cando participaba na fundación da próxima La Valassa.[279] Animou os cistercienses a construír en Mortemer outro mosteiro, con casas de hóspedes para acomodar unha ampla gama de visitantes, e posiblemente puido influír na selección das pinturas para as capelas monásticas.[280]

Valoracións historiográficas

[editar | editar a fonte]
Primeira páxina do elemento de Peterborough da Crónica anglosaxoa, escrita ao redor de 1150, un dos manuscritos que describen o rol de Matilde durante a Anarquía.

As crónicas contemporáneas en Inglaterra, Francia, Alemaña e Italia documentaron moitos aspectos da vida de Matilde, aínda que a única biografía sobre ela, aparentemente escrita por Arnulfo de Lisieux, se perdeu.[281] Os cronistas rexistraron unha variedade de perspectivas sobre Matilde.[281] En Alemaña, eloxiárona amplamente e a súa reputación como a «boa Matilde» mantívose positiva. Durante os anos da Anarquía, obras como a Gesta Stephani empregaron unha redacción moi negativa, na que encomiaban a Estevo e condenaban a Matilde.[282] Unha vez que Henrique II ascendeu ao trono, a valoración dos cronistas cara a Matilde volveuse positiva.[283] As lendas estendéronse nos anos posteriores á morte de Matilde, como a que suxería que o seu primeiro marido, Henrique V, non morrera senón que se converteu nun ermitán en segredo (o que tornou ilexítimo o segundo matrimonio de Matilde) e unha historia de que ela tivo unha aventura amorosa con Estevo, da que se procreou de Henrique II.[284]

Os estudosos da era Tudor estiveron interesados no dereito de sucesión de Matilde.[285] Segundo os estándares do século XVI Matilde claramente tiña dereito sobre a Coroa inglesa e, polo tanto, os académicos loitaban en explicar por que Matilde accedera a que o seu fillo Henrique II reinase ao final da guerra en lugar de gobernar directamente ela mesma.[286] Para o século XVIII, historiadores como David Hume tiñan unha comprensión moito mellor da natureza irregular da lei e costumes do século XII e aquela pregunta volveuse menos relevante.[287] Para o século XIX descubríanse e analizábanse as fontes de arquivo sobre a vida de Matilde, como cartas, historias de fundación e escritos.[288] Os historiadores Kate Norgate, James Ramsay e J. H. Round usáronas para producir novos e máis completos relatos de Matilde e a guerra civil; o informe de Ramsay, que empregou a Gesta Stephani, non era satisfactorio, mentres que Norgate, con base a fontes francesas, era máis neutral na redacción.[289] A biografía de 1897 do académico alemán Oskar Rössler baseouse en gran medida nas cartas alemás, non amplamente utilizadas polos historiadores anglófonos.[290]

Matilde atraeu relativamente pouca atención dos académicos ingleses modernos, quen a tratan como unha figura marxinal en comparación con outros contemporáneos, particularmente o seu rival Estevo, a diferenza do traballo levado a cabo por eruditos alemáns sobre a súa etapa no Sacro Imperio.[291][292] O conde de Onslow en 1939 e Nesta Pain en 1978 escribiron biografías populares, non sempre precisas,[291] pero a única biografía académica importante en inglés segue a ser a obra de Marjorie Chibnall de 1991.[293] As interpretacións do carácter de Matilde cambiaron co tempo, pero existe —como o describiu Chibnall— un "acordo xeral de que ela estaba orgullosa ou polo menos moi consciente do alto status dunha emperatriz".[254] Do mesmo xeito que Henrique I e Henrique II, Matilde tiña certa grandeza autocrática, que se combinaba cunha firme crenza moral na súa causa; con todo, a longo prazo estaba limitada polas convencións políticas do século XII.[294] O tratamento de Matilde por parte dos historiadores modernos foi cuestionado por académicas feministas, como Fiona Tolhurst, que pensan que algunhas suposicións tradicionais sobre o seu rol e personalidade revelan un nesgo de xénero.[295] Segundo esta interpretación, Matilde foi inxustamente criticada por mostrar cualidades que foron consideradas encomiables cando se observan nos seus contemporáneos masculinos.[295][294]

[editar | editar a fonte]

Os anos da guerra civil da vida de Matilde foron obxecto de ficción histórica.[296] Matilde, Estevo e os seus seguidores aparecen na serie de detectives históricos da novelista inglesa Ellis Peters sobre o personaxe Irmán Cadfael, ambientada entre 1137 e 1145.[297][298] Peters describiu a Matilde como «orgullosa» e «arisca», en contraste con Estevo, un «home tolerante» e un «gobernante razoable».[299] A reputación marcial de Matilde tamén pode contribuír á decisión do poeta inglés Alfred Tennyson de titular Maud ao seu poema bélico de 1855.[300]

Xenealoxía

[editar | editar a fonte]
  1. Maude é unha variante vernácula do nome Matilde e emprégase con frecuencia indistintamente en inglés.
  2. A data de nacemento de Matilde non foi rexistrada nese momento e só pode ser estimada por declaracións posteriores de cronistas sobre a súa idade. As historias anteriores suxiren que Matilde de Escocia deu a luz un neno na cidade de Winchester en xullo de 1101. Estas baeáronse nos escritos do cronista Wace; a teoría máis aceptada, baseada nos rexistros das viaxes da raíña, considera que este informe é imposible e sitúa a Matilde de Escocia en Sutton Courtenay a principios de febreiro de 1102, onde probablemente naceu Matilde.[3]
  3. Os historiadores debateron se Guillerme Adelin era o irmán menor de Matilde ou o seu xemelgo. A historiadora Marjorie Chibnall argumentou en contra da teoría de que fosen xemelgos e citou varias razóns, como a Guillerme de Malmesbury dicindo que naceron en diferentes datas e a cronoloxía das mensaxes de felicitación do papa. O pai de Matilde, Henrique I, tivo un apetito sexual considerable e gozaba dun número substancial de parellas sexuais, o que resultou nun gran número de fillos ilexítimos, polo menos nove varóns e trece mulleres, moitos dos cales seica recoñeceu e apoiou.[3]
  4. Porén, a autora Nesta Pain opina que Matilde foi educada polas monxas de abadía beneditina de Wilton.[11]
  5. O relato da despedida da comitiva de Matilde provén do cronista Orderico Vital, pero outra evidencia suxire que polo menos algúns dos seus acompañantes quedaron con ela.[14]
  6. O papel de Matilde no goberno de Alemaña non era infrecuente para o período; os emperadores e príncipes alemáns adoitaban delegar deberes administrativos e militares nas súas esposas.[34]
  7. Germán de Tournai documentou que Matilde deu a luz un neno que morreu; isto non está corroborado. Así mesmo, o cronista parece querer transmitir unha avaliación desfavorable do carácter da nai de Matilde, quen supostamente fora monxa, maldicindo así o seu matrimonio.[40]
  8. Especúlase que Matilde puidera estar involucrada na organización do segundo matrimonio do seu pai, debido ao feito de que estaba con el preto do momento en que se estaba a negociar.[53]
  9. Os relatos dos cronistas medievais deste xuramento varían segundo os detalles. Guillerme de Malmesbury declarou que os nobres presentes recoñeceron a Matilde como herdeira lexítima sobre a base da súa ascendencia real paterna e materna; Xoán de Worcester describiu a herdanza de Inglaterra como condicionada a que Matilde tivese un herdeiro varón lexítimo; a Crónica anglosaxoa suxire que se fixera xuramento sobre a herdanza de Inglaterra e Normandía; nin Orderico Vital nin Henrique de Huntingdon rexistraron o suceso en absoluto. Algúns relatos de cronistas puideron ser influenciados pola adquisición do trono por parte de Estevo en 1135 e os sucesos posteriores á Anarquía.[64]
  10. A causa detrás das deterioradas relacións non se coñecen completamente, aínda que Chibnall afirmou que «os historiadores tenderon a botar a culpa a Matilde [...] Este é un xuízo apresurado baseado en dous ou tres cronistas ingleses hostís; tal evidencia suxire que Godofredo V tiña polo menos a mesma culpa».[75]
  11. Os historiadores Jim Bradbury e Frank Barlow suxeriron que se fixo un xuramento en 1131; en cambio, Chibnall dubidou de que isto ocorrese.[84][85][83]
  12. As opinións varían entre os historiadores sobre o papel do terceiro embarazo de Matilde na súa decisión de non avanzar en 1135. Por exemplo, Helen Castor argumentou que este foi un factor determinante no pensamento de Matilde, particularmente dadas as complicacións nos seus embarazos anteriores; Chibnall rexeitou este argumento e responsabilizou os problemas políticos e militares que enfrontou Matilde ese ano.[93][92][94]
  13. Henrique de Blois persuadiu a Hugo Bigod, mordomo real do defunto rei, para xurar que Henrique I cambiara de opinión sobre a sucesión no seu leito de morte e nomeara a Estevo de Blois no seu lugar. Os historiadores modernos, como Edmund King, dubidan de que o relato de Hugo Bigod sobre as horas finais de Henrique I fose veraz.[101]
  14. Os sucesos en Normandía están mal rexistrados e a secuencia exacta destes é case incerta. Por exemplo, o historiador Robert Helmerichs describiu algunhas das inconsistencias nestes informes. Algúns historiadores, como David Crouch e Helmerichs, opinaron que Teobaldo e Estevo probablemente xa fixeran un acordo privado para tomar o trono cando Henrique I morreu.[105][106]
  15. David I estaba emparentado, a través da súa nai Margarita, con Matilde de Inglaterra e Matilde de Boulogne, consorte de Estevo.
  16. Algúns estudosos (Stringer, Kapelle, Green e Blanchard) consideran que David I empregou como pretexto o seu apoio a Matilde para acaparar terras.[135]
  17. Edmund King non coincide con que Matilde recibise unha invitación a Arundel e argumentou que ela arribou inesperadamente.[142]
  18. Para a época de Estevo, a cabalaría estableceuse como principio que había que respectar na guerra anglonormanda; non se consideraba apropiado nin normal executar prisioneiros de elite e, como observou o historiador John Gillingham, nin Estevo nin Matilde o fixeron, agás cando o opoñente xa violara as normas de conduta militar.[147]
  19. David Crouch sostivo que, de feito, a debilidade realista da infantería causou o seu fracaso en Lincoln e propuxo que a milicia civil non era tan capaz como a infantería galesa de Roberto.[163]
  20. A maioría dos cronistas suxiren que Matilde probablemente escapou do castelo de Oxford a través deunha poterna, aínda que tamén se suxeriu a idea de que descendeu as paredes cunha corda.[202][201]
  21. Unha posible explicación é a cortesía de Estevo a un membro da súa familia estendida; outra é que estaba comezando a considerar como rematar a guerra en paz e viu isto como unha forma de construír unha relación amistosa con Henrique.[229][221]
  22. O cronista Godofredo de Vigeois declarou que Matilde se convertera en monxa no momento da súa morte, mais parece que a confundiu Matilde de Anjou.
  23. O texto orixinal en latín di: Ortu magna, viro major, sed maxima partu, hic jacet Henrici filia, sponsa, parens.[257]
Referencias
  1. Estepa Díez, Carlos; Boto Varela, Gerardo (2010). "El Camino de Santiago". Reino de León, 910-1230: hombres, mujeres, poderes e ideas. Trobajo del Camino: Edilesa. p. 137. ISBN 978-8-480-12730-1. OCLC 711515625. 
  2. Chibnall 1991, pp. 8-9.
  3. 3,0 3,1 Chibnall 1991, p. 9.
  4. Carpenter 2004, pp. 125-126.
  5. Newman, Charlotte A (1988). The Anglo-Norman nobility in the reign of Henry I: the second generation (en inglés). Filadelfia: University of Pennsylvania Press. pp. 21-22. ISBN 978-0-812-28138-5. OCLC 907135968. 
  6. Hallam, Elizabeth M; Everard, Judith A (2001). Capetian France, 987–1328 (en inglés) (Segunda ed.). Harlow: Longman. pp. 62–64, 114–118. ISBN 978-0-582-40428-1. OCLC 881417272. 
  7. Hollister 2003, pp. 126-127.
  8. Hollister 2003, pp. 127-128.
  9. Thompson, Kathleen (2003). "Affairs of state: the illegitimate children of Henry I". Journal of Medieval History (en inglés) (Ámsterdam: Elsevier) 29 (2): 137. ISSN 0304-4181. OCLC 4645457385. doi:10.1016/S0304-4181(03)00015-0. 
  10. Chibnall 1991, pp. 9-10.
  11. Pain 1978, p. 7.
  12. Chibnall 1991, pp. 12-13.
  13. Chibnall 1991, pp. 13-14.
  14. 14,00 14,01 14,02 14,03 14,04 14,05 14,06 14,07 14,08 14,09 14,10 14,11 14,12 14,13 14,14 14,15 14,16 14,17 Chibnall, Marjorie (2004). "Matilda [Matilda of England] (1102–1167), Empress, Consort of Heinrich V". En Matthew, HCG; Harrison, B. Masquerier - Myles. Oxford Dictionary of National Biography (en inglés) XIII. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-198-65115-4. OCLC 174250023. doi:10.1093/ref:odnb/18338. Consultado o 22 de decembro de 2013. 
  15. Chibnall 1991, pp. 15-16.
  16. Leyser 1982, pp. 195-197.
  17. 17,0 17,1 17,2 Chibnall 1991, p. 16.
  18. Chibnall 1991, pp. 16-17.
  19. Pain 1978, p. 8.
  20. Chibnall 1991, p. 24.
  21. Chibnall 1991, p. 17.
  22. Chibnall 1991, p. 25.
  23. Pain 1978, p. 12.
  24. Chibnall 1991, p. 26.
  25. 25,0 25,1 Chibnall 1991, pp. 26, 48.
  26. Chibnall 1991, p. 27.
  27. 27,0 27,1 Chibnall 1991, p. 28.
  28. Chibnall 1991, pp. 28-29.
  29. Chibnall 1991, pp. 29-31.
  30. 30,0 30,1 30,2 30,3 Chibnall 1991, p. 32.
  31. 31,0 31,1 31,2 31,3 Chibnall 1991, pp. 32-33.
  32. 32,0 32,1 32,2 Leyser 1982, p. 199.
  33. 33,0 33,1 Chibnall 1991, p. 33.
  34. Chibnall 1991, p. 29.
  35. Chibnall 1991, pp. 33-34.
  36. 36,0 36,1 Chibnall 1991, p. 34.
  37. 37,0 37,1 Chibnall 1991, pp. 36-38.
  38. Chibnall 1991, pp. 38-40.
  39. Chibnall 1991, p. 38.
  40. 40,0 40,1 Chibnall 1991, p. 40.
  41. Chibnall 1991, p. 39.
  42. Chibnall 1991, pp. 39, 41.
  43. Chibnall 1991, p. 41.
  44. 44,0 44,1 44,2 Chibnall 1991, p. 43.
  45. 45,0 45,1 Chibnall 1991, pp. 43-44.
  46. Vincent, Nicholas (2006). The holy blood: King Henry III and the Westminster blood relic (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. p. 148. ISBN 978-0-521-02660-4. OCLC 171549473. 
  47. Bradbury 2009, p. 1.
  48. Bradbury 2009, p. 2-3.
  49. 49,0 49,1 49,2 Barlow 1999, p. 162.
  50. Tolhurst 2013, p. 28.
  51. Carpenter 2004, p. 124.
  52. Huscroft, Richard (2005). Ruling England, 1042–1217 (en inglés). Harlow: Pearson. pp. 65, 69-71. ISBN 0-582-84882-2. OCLC 868489802. 
  53. Hilton, Lisa (2010). Queens consort: England's medieval queens from Eleanor of Aquitaine to Elizabeth of York (en inglés). Nova York: Pegasus. p. 61. ISBN 978-1-480-40556-1. OCLC 844091356. 
  54. Hollister 2003, pp. 308-309.
  55. Green 2009, p. 170.
  56. Hollister 2003, p. 310.
  57. Green 2009, p. 168.
  58. Hollister 2003, pp. 312-313.
  59. Hollister 2003, pp. 311-312.
  60. Hollister 2003, p. 396.
  61. 61,0 61,1 61,2 Chibnall 1991, p. 51.
  62. Pain 1978, p. 18.
  63. 63,0 63,1 Hollister 2003, p. 309.
  64. Green 2009, pp. 193-194.
  65. Chibnall 1991, pp. 51-52.
  66. 66,0 66,1 Chibnall 1991, pp. 54-55.
  67. Chibnall 1991, p. 54.
  68. Chibnall 1991, pp. 38, 54.
  69. Hollister 2003, p. 290.
  70. 70,0 70,1 70,2 Chibnall 1991, p. 55.
  71. Chibnall 1991, pp. 55-56.
  72. 72,0 72,1 Chibnall 1991, p. 56.
  73. Chibnall 1991, pp. 56, 60.
  74. 74,0 74,1 74,2 Hollister 2003, p. 463.
  75. 75,0 75,1 75,2 Chibnall 1991, p. 57.
  76. 76,0 76,1 Hollister 2003, pp. 324-325.
  77. 77,0 77,1 Green 2009, pp. 202-203.
  78. Green 2009, pp. 58-61.
  79. 79,0 79,1 79,2 Chibnall 1991, p. 59.
  80. 80,0 80,1 Chibnall 1991, p. 60.
  81. Hollister 2003, p. 465.
  82. Green 2009, p. 213.
  83. 83,0 83,1 83,2 83,3 Chibnall 1991, p. 61.
  84. Bradbury 2009, p. 9.
  85. Barlow 1999, p. 161.
  86. King 2010, pp. 38-39.
  87. King 2010, p. 38.
  88. Crouch 2008a, p. 162.
  89. Hollister 2003, pp. 467, 473.
  90. 90,0 90,1 Chibnall 1991, p. 65.
  91. Crouch 2002, p. 246.
  92. 92,0 92,1 92,2 92,3 Chibnall 1991, pp. 66-67.
  93. 93,0 93,1 93,2 Castor, Helen (2010). She-wolves: the women who ruled England before Elizabeth (en inglés). Londres: Faber and Faber. p. 72. ISBN 978-0-571-23706-7. OCLC 752996897. 
  94. 94,0 94,1 Tolhurst 2013, pp. 43-44.
  95. 95,0 95,1 Barlow 1999, p. 163.
  96. 96,0 96,1 King 2010, p. 43.
  97. Clancy, MT (2014) [1998]. England and its rulers (en inglés) (Segunda ed.). Malden: John Wiley and Sons. pp. 84-85. ISBN 978-1-118-73623-4. OCLC 869141269. 
  98. Bartlett, Robert (2000). England under the Norman and Angevin kings, 1075-1225 (en inglés). Oxford: Clarendon Press. p. 10. ISBN 978-6-610-44592-9. OCLC 1044089580. 
  99. King 2010, pp. 45-46.
  100. Crouch 2002, p. 247.
  101. 101,0 101,1 King 2010, p. 52.
  102. 102,0 102,1 102,2 King 2010, p. 47.
  103. King 2010, pp. 46-47.
  104. 104,0 104,1 Barlow 1999, pp. 163-164.
  105. Helmerichs, Robert (2001). "'Ad tutandos partriae fines': the defense of Normandy, 1135". En Abels, Richard Philip; Bachrach, Bernard S. The Normans and their adversaries at war. Warfare in history (en inglés) XII. Woodbridge: Boydell Press. pp. 136–137. ISBN 978-0-851-15847-1. OCLC 463085059. 
  106. Crouch 2002, p. 245.
  107. Chibnall 1991, pp. 68, 71.
  108. Chibnall 1991, pp. 68-69.
  109. 109,0 109,1 Barlow 1999, p. 168.
  110. 110,0 110,1 Crouch 2008b, p. 47.
  111. Davis 1977, p. 27.
  112. Bennett 2000, p. 102.
  113. Davis 1977, p. 28.
  114. Crouch 2008a, p. 29.
  115. King 2010, pp. 54-55.
  116. Crouch 2002, pp. 248-249.
  117. Crouch 2008a, pp. 46-47.
  118. Oram 2004, pp. 121-123.
  119. King 2010, p. 53.
  120. Oram 2004, pp. 122-125.
  121. Carpenter 2004, pp. 164-165.
  122. Crouch, David (1994). "The march and the Welsh kings". En King, Edmund. The anarchy of King Stephen's reign (en inglés). Oxford: Clarendon Press. pp. 258, 260, 262. ISBN 0-198-20364-0. OCLC 1027140595. 
  123. Bradbury 2009, pp. 27-32.
  124. 124,0 124,1 124,2 124,3 Barlow 1999, p. 169.
  125. Carpenter 2004, p. 169.
  126. Stringer 1993, p. 18.
  127. Chibnall 1991, pp. 70-71.
  128. Bradbury 2009, p. 25.
  129. 129,0 129,1 129,2 Carpenter 2004, p. 166.
  130. Stringer 1993, pp. 28-37.
  131. Green, Judith (1989). "Anglo-Scottish relations, 1066–1174". En Jones, Michael; Vale, Malcolm. England and her neighbours (en inglés). Londres: Hambledon. pp. 53-72. ISBN 978-0-826-43374-9. OCLC 458579386. 
  132. Kapelle, William E (1979). Norman conquest of the North (en inglés). Chapel Hill: University of North Carolina Press. p. 141. OCLC 1043663365. 
  133. Stringer, Keith J (1997). "State-building in twelfth-century Britain: David I, King of Scots, and Northern England". En Appleby, John C; Dalton, Paul. Government, religion, and society in Northern England, 1000–1700. Stroud: Sutton. pp. 40–62. ISBN 978-0-750-91057-6. OCLC 185793620. 
  134. Blanchard, Ian (2002) [1996]. "Lothian and beyond: the economy of the 'English Empire' of David I". En Britnell, Richard; Hatcher, John. Progress and problems in medieval England (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. pp. 23–46. ISBN 978-0-521-52273-1. OCLC 470253731. 
  135. Oram 2004, pp. 121-144, 167-189.
  136. Bradbury 2009, p. 67.
  137. Crouch 2002, p. 256.
  138. Chibnall 1991, p. 74.
  139. Chibnall 1991, p. 75.
  140. 140,0 140,1 Chibnall 1991, pp. 75-76.
  141. 141,0 141,1 141,2 Davis 1977, p. 39.
  142. King 2010, p. 116.
  143. Davis 1977, p. 40.
  144. 144,0 144,1 Bradbury 2009, p. 78.
  145. Bradbury 2009, p. 79.
  146. Gillingham 1994, p. 31.
  147. Gillingham 1994, pp. 49-50.
  148. Chibnall 1991, pp. 83-84.
  149. White 2000, p. 36.
  150. Bradbury 2009, p. 81.
  151. White 2000, pp. 36-37.
  152. White 2000, p. 37.
  153. 153,0 153,1 Bradbury 2009, pp. 82-83.
  154. Davis 1977, p. 47.
  155. Davis 1977, p. 42.
  156. 156,0 156,1 156,2 Davis 1977, p. 43.
  157. Bradbury 2009, p. 88.
  158. 158,0 158,1 Bradbury 2009, p. 90.
  159. Chibnall 1991, p. 92.
  160. Bradbury 2009, p. 110.
  161. Davis 1977, p. 52.
  162. 162,0 162,1 Bradbury 2009, p. 105.
  163. Crouch 2002, p. 260.
  164. 164,0 164,1 Bradbury 2009, p. 108.
  165. Bradbury 2009, pp. 108-109.
  166. King 2010, p. 154.
  167. King 2010, p. 155.
  168. King 2010, p. 156.
  169. King 2010, p. 175.
  170. Davis 1977, p. 57.
  171. King 2010, pp. 156, 158.
  172. 172,0 172,1 Carpenter 2004, p. 171.
  173. King 2010, p. 158.
  174. Chibnall 1991, pp. 98-99.
  175. Chibnall 1991, p. 98.
  176. Chibnall 1991, p. 102.
  177. Chibnall 1991, p. 103.
  178. King 2010, p. 163.
  179. Chibnall 1991, pp. 104-105.
  180. Carpenter 2004, p. 173.
  181. Davis 1977, p. 68.
  182. Crouch 2008b, p. 52.
  183. Davis 1977, p. 67.
  184. Davis 1977, pp. 67-68.
  185. Oram 2004, p. 179.
  186. Blackburn, Mark (1994). "Coinage and currency". En King, Edmund. The anarchy of King Stephen's reign (en inglés). Oxford: Clarendon Press. p. 199. ISBN 0-198-20364-0. OCLC 1027140595. 
  187. 187,0 187,1 187,2 187,3 Barlow 1999, p. 176.
  188. Bradbury 2009, p. 121.
  189. 189,0 189,1 189,2 189,3 Chibnall 1991, p. 113.
  190. Bennett 2000, p. 106.
  191. Crouch 2002, p. 261.
  192. Isaac, Steven (2010). "William of Ypres". Mercenaries - Zürich, Siege of. Oxford encyclopedia of medieval warfare and military technology (en inglés) III. Oxford: Oxford University Press. pp. 451–452. ISBN 0-195-33403-5. OCLC 928934136. 
  193. 193,0 193,1 193,2 193,3 Barlow 1999, p. 177.
  194. Chibnall 1991, p. 114.
  195. Oram 2004, pp. 170-172.
  196. Chibnall 1991, p. 115.
  197. 197,0 197,1 Barlow 1999, p. 178.
  198. 198,0 198,1 Bradbury 2009, p. 136.
  199. Chibnall 1991, pp. 116-117.
  200. 200,0 200,1 200,2 Bradbury 2009, p. 137.
  201. 201,0 201,1 Bradbury 2009, p. 138.
  202. Chibnall 1991, p. 117.
  203. Chibnall 1991, p. 118.
  204. Chibnall 1991, pp. 120, 122.
  205. Chibnall 1991, pp. 123-125.
  206. Davis 1977, p. 78.
  207. Chibnall 1991, pp. 120, 146.
  208. Chibnall 1991, p. 120.
  209. Bradbury 2009, p. 139.
  210. Davis 1977, p. 72.
  211. Bradbury 2009, p. 140.
  212. Davis 1977, p. 73.
  213. Bradbury 2009, p. 141.
  214. Bradbury 2009, p. 144.
  215. Barlow 1999, p. 179.
  216. Amt, Emilie (1993). The accession of Henry II in England: royal government restored, 1149–1159 (en inglés). Woodbridge: Boydell Press. p. 7. ISBN 978-0-851-15348-3. OCLC 28424007. 
  217. Bradbury 2009, p. 158.
  218. Bradbury 2009, p. 147.
  219. 219,0 219,1 Bradbury 2009, p. 146.
  220. Chibnall 1991, p. 121.
  221. 221,0 221,1 221,2 221,3 221,4 Barlow 1999, p. 180.
  222. 222,0 222,1 Chibnall 1991, pp. 148-149.
  223. Sanders, IJ (1963). English baronies: a study of their origin and descent, 1086-1327 (en inglés). Oxford: Clarendon Press. p. 93. OCLC 2437348. 
  224. Davis 1977, pp. 111-112.
  225. Chibnall 1991, pp. 144-146.
  226. 226,0 226,1 Chibnall 1991, p. 144.
  227. Chibnall 1991, p. 145.
  228. Chibnall 1991, p. 146.
  229. 229,0 229,1 King 2010, p. 243.
  230. Chibnall 1991, p. 148.
  231. Chibnall 1991, pp. 151, 153.
  232. Chibnall 1991, p. 151.
  233. Chibnall 1991, pp. 150-152.
  234. Bradbury 2009, p. 157.
  235. Chibnall 1991, p. 147.
  236. Chibnall 1991, pp. 154-155.
  237. Bradbury 2009, p. 155.
  238. Bradbury 2009, pp. 178-179.
  239. Bradbury 2009, pp. 183, 189-190.
  240. Crouch 2002, p. 276.
  241. King 2010, pp. 270, 280-283.
  242. Barlow 1999, pp. 187-188.
  243. 243,0 243,1 Chibnall 1991, p. 157.
  244. King 2010, p. 300.
  245. Chibnall 1991, p. 189.
  246. 246,0 246,1 Chibnall 1991, pp. 158-159.
  247. Chibnall 1991, pp. 162-163.
  248. Chibnall 1991, pp. 164-165.
  249. 249,0 249,1 249,2 Chibnall 1991, p. 165.
  250. Chibnall 1991, p. 166.
  251. Chibnall, Marjorie (1999). "The Empress Matilda and her sons". En Parsons, John Carmi; Wheeler, Bonnie. Medieval mothering. New Middle Ages (en inglés) III. Londres: Garland. p. 288. ISBN 978-0-815-33665-5. OCLC 954627853. 
  252. Warren, Wilfred Lewis (1991) [1978]. Henry II (en inglés). Berkeley: University of California Press. p. 195. ISBN 978-0-520-03494-5. OCLC 468752942. 
  253. Weir, Alison (2001). Eleanor of Aquitaine: a life (en inglés). Nova York: Ballantine. p. 145. ISBN 978-0-345-43487-6. OCLC 1040618445. 
  254. 254,0 254,1 Chibnall 1991, p. 204.
  255. Chibnall 1991, p. 190.
  256. Chibnall 1991, pp. 190-191.
  257. 257,0 257,1 Chibnall 1991, p. 191.
  258. 258,0 258,1 258,2 Chibnall 1991, p. 192.
  259. 259,0 259,1 Chibnall 1991, p. 48.
  260. Chibnall 1991, pp. 48-50.
  261. Tolhurst 2013, pp. 37-38.
  262. Tolhurst 2013, pp. 23-24.
  263. Tolhurst 2013, p. 38.
  264. 264,0 264,1 Tolhurst 2013, pp. 38, 41-42.
  265. 265,0 265,1 Beem 2009, p. 8.
  266. Chibnall 1991, pp. 103-104.
  267. White 2000, pp. 40, 43.
  268. White 2000, pp. 41-42.
  269. White 2000, p. 44.
  270. White 2000, pp. 40-41.
  271. 271,0 271,1 271,2 Chibnall 1991, p. 175.
  272. 272,0 272,1 272,2 White 2000, p. 39.
  273. Chibnall 1991, p. 161.
  274. Chibnall 1991, pp. 177-178.
  275. Chibnall 1991, p. 177.
  276. Chibnall 1991, pp. 178-180.
  277. Chibnall 1991, pp. 179-180.
  278. Chibnall 1991, pp. 180-181.
  279. Chibnall 1991, pp. 183-185.
  280. Chibnall 1991, p. 188.
  281. 281,0 281,1 Chibnall 1991, p. 3.
  282. Chibnall 1991, p. 197.
  283. Chibnall 1991, p. 195.
  284. Chibnall 1991, pp. 198-199.
  285. Chibnall 1991, p. 200.
  286. Chibnall 1991, pp. 200-201.
  287. Chibnall 1991, p. 201.
  288. Chibnall 1991, pp. 3, 201-202.
  289. Chibnall 1991, pp. 202-203.
  290. Chibnall 1991, pp. 2, 203.
  291. 291,0 291,1 Chibnall 1991, pp. 2-3.
  292. Tolhurst 2013, p. 19.
  293. Beem 2009, p. 14.
  294. 294,0 294,1 Chibnall 1991, pp. 204-205.
  295. 295,0 295,1 Tolhurst 2013, p. 21.
  296. Ortenberg, Veronica (2006). In search of the Holy Grail: the quest for the Middle Ages (en inglés). Londres: Hambledon Continuum. p. 188. ISBN 978-1-85285-383-9. OCLC 938155839. 
  297. Rielly 2000, p. 62.
  298. Songer, Marcia J (1998). "Stephen or Maud: Brother Cadfael's discernment". En Kaler, Anne K. Cordially yours, Brother Cadfael (en inglés). Bowling Green: Bowling Green State University Popular Press. pp. 105–107. ISBN 978-0-879-72774-1. OCLC 245706019. 
  299. Rielly 2000, pp. 68-69.
  300. Lovelace, Timothy J (2003). The artistry and tradition of Tennyson's battle poetry. Studies in major literary authors (en inglés) 28. Londres: Routledge. p. 119. ISBN 978-0-203-49079-2. OCLC 56340317. 
  301. Chibnall 1991, p. ix.
  302. 302,0 302,1 302,2 Weir, Alison (1995). Britain's royal families: the complete genealogy (en inglés) (Segunda ed.). Londres: Random House. pp. 50–54. ISBN 0-712-67448-9. OCLC 906719255. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Matilde de Inglaterra
Nacemento: Febreiro 1102 Falecemento: 10 de setembro de 1167


Títulos Reais
Precedido por
Estevo I


Señora dos Ingleses Sucedido  por
Estevo I