Match Point
Match Point | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Match Point |
Director | Woody Allen |
Produtor | Letty Aronson Gareth Wiley Lucy Darwin |
Guión | Woody Allen |
Intérpretes | Brian Cox Matthew Goode Scarlett Johansson Emily Mortimer Jonathan Rhys Meyers Penelope Wilton |
Música | Georges Bizet Gaetano Donizetti Carlos Gomes Andrew Lloyd Webber Gioacchino Rossini Giuseppe Verdi |
Fotografía | Remi Adefarasin |
Montaxe | Alisa Lepselter |
Estudio | BBC Films Thema Production Jada Productions |
Distribuidora | DreamWorks Pictures (USA) Icon Productions (Reino Unido) |
Estrea | Cannes: 12 de maio de 2005 6 de xaneiro de 2006 |
Duración | 124 minutos[1] |
Orixe | Reino Unido Luxemburgo |
Xénero | Suspense |
Orzamento | $15 000 000 |
Recadación | $85 300 000[2] |
Na rede | |
http://www.matchpoint.dreamworks.com | |
Match Point é un filme británico-luxembugués de 2005 escrito e dirixido por Woody Allen. Está protagonizado por Jonathan Rhys Meyers, Scarlett Johansson, Emily Mortimer, Matthew Goode, Brian Cox e Penelope Wilton. No filme, a personaxe de Rhys Meyers casa cunha moza de familia rica, mais a súa nova posición social está ameazada pola súa relación coa cuñada, interpretada por Johansson. O filme trata temas como a moralidade, a cobiza, a luxuria, os cartos e a sorte na vida, o cal leva a comparalo con outro filme de Allen, Crimes and Misdemeanors (1989). Foi producido e rodado en Londres despois de que Allen atopase dificultades e apoio financeiro para rodalo en Nova York. O acordo obrigouno a empregar un elenco na súa maioría británico, e a re-escribir o guión para adaptalo a Londres.
A crítica dos Estados Unidos louvou o filme e a súa ambientación británica, e considerouna como unha volta á esencia de Allen. Pola contra, a crítica británica considerou Match Point dun xeito menos favorable, atopando problemas nas localizacións e na linguaxe dos diálogos. Allen foi nomeado ó Oscar ó mellor guión orixinal.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jonathan Rhys Meyers como Chris Wilton
- Scarlett Johansson como Nola Rice
- Emily Mortimer como Chloe Hewett Wilton
- Matthew Goode como Tom Hewett
- Brian Cox como Alec Hewett
- Penelope Wilton como Eleanor Hewett
- Ewen Bremner como Inspector Dowd
- James Nesbitt como Detective Mike Banner
- Rupert Penry-Jones como Henry
- Margaret Tyzack como Mrs. Eastby
- Alexander Armstrong como Mr. Townsend
- Geoffrey Streatfeild como Alan Sinclair
- Miranda Raison como Heather
- Rose Keegan como Carol
- Colin Salmon como Ian
- Toby Kebbell como Policía
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Board of Film Classification, ed. (6 de setembro de 2005). "Match Point (12A)". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2013.
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "Match Point (2005)". Consultado o 11 de novembro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Harvey, Adam (2007). The Soundtracks of Woody Allen: A Complete Guide to the Songs and Music in Every Film, 1969–2005. McFarland. pp. 87–90. ISBN 9780786429684.
- Sorrento, Matthew. "Woody Allen's Match(ed) Point: the Crime of Class." The New American Crime Film. McFarland, 2012. pp. 130–143.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Match Point na IMDb (en inglés).