Mary Kenner
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Mary Beatrice Davidson 17 de maio de 1912 Monroe, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 13 de xaneiro de 2006 (93 anos) |
Residencia | McLean (pt) |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | Dunbar High School (en) (–1931) Universidade Howard (pt) |
Actividade | |
Ocupación | inventora, florista (pt) |
Descrito pola fonte | Forgotten Women: The Scientists (en) , (p.180-183) |
Mary Beatrice Davidson Kenner, nada en Charlotte (Carolina Norte) o 17 de maio de 1912 e finada o 13 de xaneiro de 2006, foi unha inventora estadounidense moi coñecida polo seu desenvolvemento do cinto para compresas,[1] aínda que a discriminación racial fixo que o seu invento tardara trinta anos en empregarse.[2] Kenner recibiu cinco patentes, entre as que se inclúen un accesorio para andadores e un soporte para o papel de baño.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kenner proviña dunha familia de inventores.[4] O seu pai,[5] Sidney Nathaniel Davidson (xuño de 1890 - novembro de 1958),[6] patentou unha prensa de roupa que cabía nas maletas, aínda que finalmente non gañou diñeiro co invento.[7] O seu pai tamén patentou un limpiacristales para trens e inventou unha padiola con rodas para ambulancias. O seu avó inventou un sinal luminoso para os trens, aínda que este invento foille roubado por un home branco.[8]A súa irmá, Mildred Davidson Austin Smith (1916-1993), inventou, patentou e vendeu xogos de mesa.
Kenner graduouse no instituto en 1931. Asistiu á Universidade de Howard, aínda que non puido terminar debido a dificultades financeiras. Kenner non recibiu ningún título universitario nin formación profesional. Naquela época, as mulleres mantíñanse á marxe dos establecementos científicos ou as institucións académicas.[9]
Kenner e a súa familia trasladáronse a Washington D. C. cando era moza e aquí é onde quedou para manterse ao día das súas oportunidades de patentar as súas ideas na Oficina de Patentes e Marcas dos Estados Unidos.[10]
Invencións
[editar | editar a fonte]En 1912, inventou un cinto sanitario axustable . En 1954 completou a solicitude de patente do seu invento. En 1956, a solicitude foi aprobada. O invento describiuse como un eliminador de "as rozaduras e irritacións que normalmente causan os dispositivos da súa clase". Con todo, a empresa que primeiro se interesou polo seu invento, a Sonn- Nap- Pack Company, rexeitouno ao descubrir que era afroamericana.[11] Kenner nunca chegou a gañar diñeiro co cinto sanitario, porque a súa patente expirou e pasou a ser de dominio público, o que permitiu a súa libre fabricación. Posteriormente inventou unha modificación do cinto sanitario que incluía un "peto resistente á humidade".[12]
Nunha entrevista, Mary Kenner dixo, "Un día puxéronse en contacto comigo dunha compañía e comunicáronme o seu interese en comercializar a miña idea.Eu estaba exultante... Vin casas, coches, e todo aproximadamente para vivir ao meu xeito." Un representante dirixiuse a Washington para falar con Kenner e ela continúa explicando que a rexeitaban dicindo, "Por desgraza cando viron que era negra perderon o interese. O representante volveu a Nova York e informoume de que a compañía xa non estaba interesada."[9][7]
Entre 1956 e 1987 recibiu un total de cinco patentes polas súas creacións de artigos domésticos e persoais. Compartiu a patente do soporte de papel hixiénico coa súa irmá, Mildred Davidson.[13] Tamén patentou un lavador de costas que podía montarse na parede da ducha ou a bañeira, tamén coñecido como lavador de costas.[13] Este invento foi patentado en 1987 co número de patente 4696068. Tamén patentou o accesorio de transporte para un andador en 1959, despois de que Mildred desenvolvese esclerose múltiple.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Mary Kenner traballaba como arranxadora floral profesional e tiña catro tendas de flores repartidas pola zona de Washington, DC. Manexou o negocio durante 23 anos despois de abandonar a universidade por dificultades económicas. Durante a segunda guerra mundial, Mary atopou un emprego no goberno federal, traballando para a Oficina do Censo e a Oficina de Contabilidade Xeral. Acompañaba a mulleres máis novas aos bailes das bases militares en Washington, D. C. Unha noite, mentres facía de acompañante, Kenner coñeceu e namorouse dun soldado, co que casou en 1945. Divorciáronse en 1950. En 1951, Kenner casou co famoso boxeador de pesos pesados James " Jabbo" Kenner. Xuntos vivían en McLean, Virginia, preto do complexo dos Kennedy. Foron pais adoptivos de cinco nenos.[2]
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "5 CURIOSIDADES SOBRE MARY KENNER, LA REVOLUCIONARIA DE LA HIGIENE FEMENINA".
- ↑ 2,0 2,1 Hambrick, Arlene (1993). "Biographies of black female scientists and inventors: an interdisciplinary middle school curriculum guide: "What shall I tell my children who are black?"". ScholarWorks@UMass Amherst: 132–144 – vía Google Scholar.
- ↑ Sluby, Patricia C. "BLACK WOMEN AND INVENTIONS." Women's History Network News, no. 37, 1993, pp. 4.
- ↑ Sluby, Patricia C. "BLACK WOMEN AND INVENTIONS." Women's History Network News, no. 37, 1993, pp. 4.
- ↑ Sluby, Patricia C. "BLACK WOMEN AND INVENTIONS." Women's History Network News, no. 37, 1993, pp. 4.
- ↑ "Mary Beatrice Davidson Kenner". Pioneering Women Herstory. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 30 abril2015.
- ↑ 7,0 7,1 Tsjeng Zing (2020)
- ↑ Hambrick, Arlene (1993). "Biographies of black female scientists and inventors: an interdisciplinary middle school curriculum guide: "What shall I tell my children who are black?"". ScholarWorks@UMass Amherst: 132–144 – vía Google Scholar.
- ↑ 9,0 9,1 "Mary Beatrice Davidson Kenner: The Forgotten Inventor Who Changed Women’s Health Forever". Consultado o 2021-03-09.
- ↑ "Women’s History Month Profiles: Mary Beatrice Davidson Kenner, Inventor" (en inglés). 2021-02-03. Consultado o 2021-03-09.
- ↑ "The Forgotten Black Woman Inventor Who Revolutionized Menstrual Pads". www.vice.com (en inglés). Consultado o 2021-05-14.
- ↑ Buck, K. (2017, Mar 02). Black female inventors and scientists. Los Angeles Sentinel
- ↑ 13,0 13,1 "Mary B. Kenner Inventions, Patents and Patent Applications - Justia Patents Search". patents.justia.com. Consultado o 2019-03-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blashfield, Jean F. (1996) Women inventors. Minneapolis: Capstone Press. Vol. 4, pp. 11–16
- Jeffrey, Laura S. (1 de setembro de 2013) Amazing American Inventors of the 20th Century. Enslow Publishers, pp 29–35
- Sluby, Patricia C. (2004) The Inventive Spirit of African Americans: Patented Ingenuity. Westport, Conn: Praeger, pp 147–150
- Tsjeng, Zing (2020). Mujeres olvidadas : las científicas. Madrid, Ed. Oberon. ISBN 978-84-415-4214-3,