Marta Mata
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Marta Ángela Mata i Garriga, nada en Barcelona o 22 de xuño de 1926 e finada o 27 de xuño de 2006 foi unha política e pedagoga catalá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación e comezos
[editar | editar a fonte]Formada no Padroado escolar do Concello de Barcelona, os seus estudos de bacharel víronse interrompidos durante a Guerra civil española. Trasladouse a mediados da década de 1940 a Saifores, onde comezou o seu labor como ensinante ao tempo que estudaba Filosofía e Letras e licenciábase en Pedagoxía no 1957.
Filla de mestra, tratou nas décadas posteriores de iniciar un movemento de renovación pedagóxica coa creación de varios centros de ensino que recollían o pulo de renovación que impulsou a formación española durante a Segunda República.[Cómpre referencia] A imposibilidade de crear libremente centros de formación para o profesorado durante o franquismo, lévaa a impulsar a Escola de Mestres Rosa Sensat, de carácter clandestino, que se estende nas denominadas Escolas de Verán cunha importante implantación fóra e dentro de Cataluña,[Cómpre referencia] ao tempo que traballa como profesora na Universidade de Barcelona.
Política
[editar | editar a fonte]A morte do ditador Francisco Franco abriu a porta a unha maior implicación política de Marta Mata, que se afilia no 1976 a Convergència Socialista de Catalunya, dirixida por Joan Reventós, formación que pasou eses mesmos anos a ser o Partit Socialista de Catalunya-Congrés e, dous anos máis tarde, o Partit dels Socialistes de Catalunya.
Nas eleccións xerais de 1977 foi elixida deputada pola circunscrición electoral de Barcelona na coalición socialista. Foi reelixida nas eleccións de 1979. Renunciou ao escano no Congreso dos Deputados para concorrer ás primeiras eleccións da transición democrática ao Parlamento de Cataluña no 1980, renovando escano ata 1988. De 1983 a 1984 foi elixida pola cámara catalá senadora, e de 1993 a 1996 volveuno a ser, pero como electa por Barcelona.
Educación e pedagoxía
[editar | editar a fonte]De 1986 a 2002 foi nomeada membro do Consello Escolar do Estado, ao tempo que desempeñou a súa tarefa como concelleira de educación do Concello de Barcelona de 1987 a 1995 e Vicepresidenta da deputación provincial.
A mediados da década de 1990 creou a Fundació Àngels Garriga de Mata, destinada á formación do profesorado e ao estudo e estímulo da interacción entre a escola e a sociedade.
Autora de varias obras pedagóxica, foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade Autónoma de Barcelona e foi galardoada coa Cruz de Afonso X o Sabio polo goberno de España e a Creu de Sant Jordi da Generalitat de Cataluña.
No 2008 botouse o buque remolcador da Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima BS-33 Marta Mata, no seu honor.
Algúns postulados e ideas pedagóxicas
[editar | editar a fonte]- Os alumnos deben aprender a pensar e decidir por si mesmos.
- A defensa da igualdade entre as persoas implica unha escola pública, para todos, mixta e laica.
- O oficio de mestre esixe un equilibrio entre reflexión práctica, centrada na escola, e a formación profesional, e cultural, sólida e ao máis alto nivel.
- Nunha sociedade democrática a escola debe artellarse asemade de xeito democrático, cunha xestión e un proceso con base na participación dos alumnos no proceso de aprendizaxe, e de mestres, pais e sociedade en xeral na definición e xestión da escola.
- A formación dos ensinantes ten unha compoñente básica no diálogo e o intercambio de experiencias con outros ensinantes.
- Clases e libros son só compoñentes estruturais e materiais do ensino, non o conxunto de posibilidades a aproveitar.
- Un mestre non ensina o que di, senón o que é.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- (en catalán) Páxina de homenaxe a Marta Mata
- (en catalán) Escritores Cataláns:Marta Mata
- (en catalán) A pedagoga Marta Mata morre en Barcelona ós 80 anos[Ligazón morta]
- (en castelán) Ficha de Marta Mata no Congreso dos Deputados Arquivado 29 de marzo de 2018 en Wayback Machine.
- (en castelán) Información sobre a morte de Marta Mata por parte do Ministerio de EducaciónArquivado 10 de xullo de 2006 en Wayback Machine.
- (en castelán) Biografía, na Biblioteca Nacional de España.
- Artigos con ligazóns externas rotas desde outubro de 2024
- Pedagogos de España
- Senadores por designación do Parlamento de Cataluña
- Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte)
- Políticos do PSC
- Nados en Barcelona
- Nados en 1926
- Finados en 2006
- Premio Creu de Sant Jordi
- Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura)