Saltar ao contido

Mariza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMariza

(2015) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Marisa dos Reis Nunes Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de decembro de 1973 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Maputo, Mozambique Editar o valor en Wikidata
Embaixadora de boa vontade de UNICEF
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMariza Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, música, compositora de cancións Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoFado Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoWarner Music Group Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webmariza.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1550573 Facebook: marizaoficial Twitter: marizaoficial Instagram: marizaoficial MySpace: fadomariza BNE: XX4871363 Last fm: Mariza Musicbrainz: 8cbb4d57-f44d-433a-90bf-a0892af886e1 Songkick: 3253 Discogs: 164815 Allmusic: mn0000232101 Genius: Mariza Editar o valor en Wikidata
Zelt-Musik-Festival 2015, Freiburg (Alemaña).

Marisa dos Reis Nunes, nada en Mozambique o 16 de decembro de 1973, é unha fadista portuguesa, máis coñecida como Mariza.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mudouse para Portugal aos tres anos. Na ‘‘Mouraría”, onde creceu, trabou coñecemento co fado. Mentres foi adolescente e ata asumir o fado cantou diversos xéneros musicais como, gospel, soul e jazz. En 1999 chega ao gran público da man da TVI, que transmitiu en directo as homenaxes a Amália Rodrigues nos coliseos de Lisboa e do Porto.

Mariza, co seu segundo álbum, xa é considerada unha das mellores voces do que algúns chaman de "novo movemento do fado". As súas interpretacións apaixonadas e a súa voz que lembra ás grandes divas do xénero, como a eterna Amalia Rodrigues, fixeron que Mariza gañase recoñecemento internacional en pouco tempo, o que xa lle rendeu premios respectables como o de Mellor Artista de World Music da BBC londiniense, en 2003.

O seu álbum de estrea, Fado em Mim (2001), foi éxito instantáneo en Portugal, vendendo máis de 30 mil copias, e motivou o lanzamento, pola súa gravadora, noutros mercados internacionais aproveitando o bo momento que a música portuguesa ten en territorio europeo e noutros países, como o México e o Xapón.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Fado em Mim (2001)
  • Fado Curvo (2003)
  • Mariza Live in London (DVD, 2004)
  • Transparente (2005)
  • Con apenas dous discos, Mariza vendeu cerca de medio millón de copias en todo o mundo, das cales 200.000 en Portugal.
  • Fado em Mim está editado en 32 países.
  • Triplo álbum de platino, por Fado em Mim, pois vendeu máis de 120.000 copias.
  • Mellor CD de Música Tradicional, Étnica, Folk e Worldmusic 2001, atribuído pola crítica Alemá - Deutscheschalplatten Kritik - co CD Fado em Mim
  • Mellor actuación do Festival d’Été do Quebec (Premier Award-most outstanding performance.)
  • 24 de marzo de 2003 Mellor Artista da Europa de World Music atribuído pola BBC Radio 3 no Teatro Ocean, en Hackney, Londres.
  • 23 de xaneiro de 2004 Medalla de Mérito Turístico (grao ouro) da Secretaría de Estado do Turismo. Premio asociado á contribución dada para a promoción da imaxe de Portugal no estranxeiro.
  • Volve a recibir en 2003 da crítica Alemá, o Premio mellor CD de Música Tradicional, Étnica, Folk e Worldmusic 2003- Deutscheschalplatten Kritik - mais co CD Fado Curvo
  • maio de 2003 A BBC considera "Fado Curvo" o CD da semana.
  • Premio Personalidade do Ano 2003, atribuído pola Asociación de Prensa Estranxeira en Portugal, pola divulgación de Portugal e da cultura portuguesa.
  • 25 de xaneiro de 2004 recibe o premio European Border Breakers Award
  • Premio Personalidade Márketing 2003 na área de Cultura e Espectáculos, pola Asociación Portuguesa de Profesionais de Márketing
  • O Xornal 24Horas considéraa a revelación do Ano de 2003
  • Dobre álbum de platino, Fado Curvo.
  • Premio Personalidade do Ano 2004, na area da música, atribuído polos lectores da revista Lux.
  • Nomeamento para un Grammy Latino en 2007, polo CD Concerto em Lisboa.

Participacións

[editar | editar a fonte]
  • Interpretou o Himno de Portugal na cerimonia de apertura das conmemoracións do 25 de abril de 2004.
  • Cantando "A thousand years" en dueto con Sting, fixo parte do álbum oficial dos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, Unity
  • Foi a primeira artista portuguesa en participar no programa Later with Jools Holland da BBC
  • Entra na colectánea World 2002, seleccionada por votación do público.
  • Cantou o Himno Nacional no inicio do xogo da selección de Portugal coa selección da Corea cando do Mundial de fútbol realizado nese país.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]