Mario Hezonja
Real Madrid – No. 11 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 14 de xullo de 1991 (33 anos) Dubrovnik, Croacia |
Nacionalidade | Croacia |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 99 kg (218 lb) |
Posición | Escolta / Ala |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2015 / Rolda: 1 / Elección: 5 Por Orlando Magic |
Carreira | desde 2012 |
Historial de equipos | |
Barcelona (2012–2015) ACB →Barcelona B (2012–2013) LEB Orlando Magic (2015–2018) New York Knicks (2018–2019) Portland Trail Blazers (2019–2020) Panathinaikos B.C. (2021) UNICS Kazan (2021–2022) Real Madrid (2022–presente) | |
Premios e galardóns | |
1x Campión ACB (2014) |
Mario Hezonja, nado en Dubrovnik o 25 de febreiro de 1995, é un xogador profesional de baloncesto croata que xoga no Real Madrid da Liga ACB. Mide 2,02 metros e pode xogar de escolta e de ala.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hezonja comezou a xogar ó baloncesto ós 13 anos no KK Dubrovnik, onde estivo dous anos. Tras rematar a escola primaria, asinou un contrato co KK Zagreb. En xullo de 2012, Hezonja asinou un contrato de tres anos co FC Barcelona da Liga ACB.[1] Durante a tempada 2012-13 xogou para o filial do equipo azulgrana na LEB Ouro. Ó remate do ano 2012, foi nomeado ó premio ó mellor xogador europeo de menos de 22 anos, pero finalmente o gañador foi Jonas Valančiūnas. O 25 de xuño de 2015, foi elixido na 5ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Orlando Magic.[2]
O 6 de xullo de 2018, Hezonja asinou cos New York Knicks.[3]
O 3 de xullo de 2019, Hezonja asinou cos Portland Trail Blazers.[4]
O 20 de novembro de 2020, Hezonja foi traspasado ós Memphis Grizzlies nun traspaso entre tres equipos.[5] O 11 de decembro de 2020, foi cortado polos Grizzlies.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vera, Sergio. "Hezonja, la gran perla que aterriza en Barcelona". Sport.es. Consultado o 11 de xullo de 2012.
- ↑ Denton, John (25 de xuño de 2015). "The Orlando Magic Select Mario Hezonja". NBA.com. Consultado o 26 de xuño de 2015.
- ↑ "New York Knicks sign Mario Hezonja". NBA.com. 6 de xullo de 2018. Consultado o 6 de xullo de 2018.
- ↑ Trail Blazers sign forward Mario Hezonja
- ↑ "Grizzlies acquire draft rights to Desmond Bane and Mario Hezonja in three-team trade with Celtics and Trail Blazers". nba.com. Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ "Memphis Grizzlies sign Ahmad Caver Grizzlies Waive Mario Hezonja". NBA.com. 11 de decembro de 2020. Consultado o 11 de decembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 27 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine. (en inglés)
- Perfil en Euroleague.net (en inglés)
- Nados en 1995
- Nados en Dubrovnik
- Escoltas de baloncesto
- Alas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto olímpicos de Croacia
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Eleccións no Draft da NBA dos Orlando Magic
- Xogadores do KK Zagreb
- Xogadores do FC Barcelona Bàsquet
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Portland Trail Blazers
- Xogadores do Panathinaikos BC
- Xogadores do UNICS Kazan
- Xogadores do Real Madrid Baloncesto
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016