Marguerite Duras
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Marguerite Donnadieu, nada en Gia Dinh (Saigón, Indochina Francesa) o 4 de abril de 1914 e finada en París o 3 de marzo de 1996, foi unha escritora e directora de cinema francesa, máis coñecida como Marguerite Duras.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na antiga Indochina Francesa (actual Vietnam) e trasladouse a Francia, terra de seus pais, para estudar Dereito, pero acabou converténdose nunha escritora, e en 1943 mudou o seu nome para Marguerite Duras, tomando o nome dunha vila na rexión de Lot-et-Garonne, departamento onde se situaba a casa de seu pai.
Autora de numerosas novelas, pezas de teatro, filmes e narracións curtas, sería a súa novela O amante (1984) a que lle outorgaría a popularidade da que hoxe goza. Con esa novela gañou o Premio Goncourt, o galardón de narrativa máis prestixiado da literatura francesa, que favoreceu a tradución da obra a máis de corenta linguas. Hoxe leva vendidos máis de 2 000 000 de exemplares. Asemade, a novela foi adaptada ao cine por Jean-Jacques Annaud en 1992, converténdose tamén nun éxito de público. Posteriormente, continúa publicando textos literarios até que en 1991 aparece L'Amant de la Chine du Nord, que non sería a súa derradeira publicación, pero si a última obra relevante desde as perspectivas da crítica e do público. Esta novela considérase unha sorte de continuación e peche da narración que se comezara en L'Amant. Isto é, unha viaxe ficcional sobre a súa propia existencia, as súas relacións familiares e coas colonias francesas en Vietnam.
Outras obras importantes son Moderato Cantabile (tamén adaptado ao cine) e o filme India Song. Ao mesmo tempo, foi autora do guión do filme francés Hiroshima mon amour (1959), dirixido por Alain Resnais. O traballo literario de Duras relaciónase co movemento Nouveau roman -que contou cunha proposta semellante na literatura galega, a Nova Narrativa Galega- e co existencialismo. Pola súa banda, a produción cinematográfica da autora vincúlase á Nouvelle Vague. Como vemos, a crítica liga tanto o traballo literario coma o fílmico con dous movementos nouveau, isto é: propostas innovadoras que poñen en cuestión as formas tradicionais da arte e experimentan con novas posibilidades.
Morreu aos 81 anos de cancro. Está enterrada no Cemiterio de Montparnasse, en París.
Obras
[editar | editar a fonte]- Les Impudents, Plon, 1943.
- La Vie tranquille, Gallimard, 1944.
- Un barrage contre le Pacifique, Gallimard, 1950.
- Le Marin de Gilbaltar, Gallimard, 1950.
- Des petits chevaux de Tarquinia, Gallimard, 1953.
- Des journées entières dans les arbres, Le Boa, Madame Dodin, Les Chantiers, Gallimard, 1954.
- O xardín[1] (Le Square), Gallimard, 1955.
- Moderato Cantabile, Les Éditions de Minuit, 1958.
- Les Viaducs de la Seine et Oise, Gallimard, 1959.
- Hiroshima mon amour, Gallimard, 1960.
- L'après-midi de M. Andesmas, Gallimard, 1960.
- Le Ravissement de Lol V. Stein, Gallimard, 1964.
- Teatre I : les Eaux et Forêts-le Square-La Musica, Gallimard, 1965.
- Le Vice-consul, Gallimard, 1966.
- L'Amante Anglaise, Gallimard, 1967.
- Teatre II : Suzanna Andler-Des journées entières dans les arbres-Yes, peut-être-Le Shaga-Un homme est venu me voir, Gallimard, 1968.
- Détruire, dit-elle, Les Éditions de Minuit, 1969.
- Abahn Sabana David, Gallimard, 1970.
- L'Amour, Gallimard, 1971.
- « Ah! Ernesto », Hatlin Quist, 1971.
- India Song, Gallimard, 1973.
- Nathalie Granger, seguit de La Femme du Gange, Gallimard, 1973.
- Le Camion, seguit de Entretien avec Michelle Porte, Les Éditions de Minuit, 1977.
- L'Eden Cinéma, Mercure de France, 1977.
- Le Navire Night, seguit de Césarée, les Mains négatives, Aurélia Steiner, Mercure de France, 1979.
- Vera Baxter ou les Plages de l'Atlantique, Albatros, 1980.
- L'Homme assis dans le couloir, Les Éditions de Minuit, 1980.
- L'Eté 80, Les Éditions de Minuit, 1980.
- Les Yeux verts, en les Cahiers du cinéma, n°312-313, junh 1980 e nòva edicion, 1987.
- Agatha, Les Éditions de Minuit, 1981.
- Outside, Albin Michel, 1981.
- L'Homme atlantique, Les Éditions de Minuit, 1982.
- Savannah Bay, Les Éditions de Minuit, 1982, 2nd edición 1983.
- La Maladie de la mort, Les Éditions de Minuit, 1982.
- Teatro III : -La Bête dans la jungle, despois Henry James, adaptación de James Lord e M. Duras,-Les Papiers d'Aspern, despois H. James, adaptación de M. Duras e Robert Antelme, La Danse de mort, despois August Strindberg, adaptación de M. Duras, Gallimard, 1984.
- O amante (L'amant), Les Éditions de Minuit, 1984[2].
- La Douleur, POL, 1985.
- La Musica deuxième, Gallimard, 1985.
- Les Yeux bleus Cheveux noirs, Les Éditions de Minuit, 1986.
- La Pute de la côte normande, Les Éditions de Minuit, 1986.
- La Vie matérielle, POL, 1987.
- Emily L., Les Éditions de Minuit, 1987.
- La Pluie d'été, POL, 1990.
- L'Amant de la Chine du Nord, Gallimard, 1991.
- Yann Andrea Steiner, Gallimard, 1992.
- Ecrire, Gallimard, 1993.
- La Douleur, Gallimard, 1993.
- C'est Tout, POL, 1995.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Traducido ó galego en 1989 por Valentín Arias e publicado na colección Grandes do noso tempo de Xerais.
- ↑ Traducida por Oriana Méndez e publicada por Kalandraka en 2020. Ficha Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine. da obra na páxina web da editorial.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marguerite Duras |