Saltar ao contido

Mar de Alborán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMar de Alborán
Imaxe
Tipomar marxinal Editar o valor en Wikidata
EpónimoIlla de Alborán Editar o valor en Wikidata
Parte deMediterráneo occidental Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaArco de Gibraltar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 36°N 3°O / 36, -3
Características
Profundidade1.500 m Editar o valor en Wikidata
AtravesaAlxeria, España, Reino Unido e Marrocos Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451538

O mar de Alborán é a parte máis occidental do mar Mediterráneo. Limita ao norte coa costa peninsular española, ao sur coas costas africanas de Marrocos, España (Ceuta, Melilla, Chafarinas, Alhucemas e Vélez da Gomera) e Alxeria, e ao oeste co estreito de Xibraltar, que conecta o Mediterráneo co Atlántico. As súas augas cobren desde o estreito de Xibraltar ata o cabo de Gata e a cidade de Orán.

Debe o seu nome á illa de Alborán, situada a medio camiño entre as costas de España e Marrocos e que pertence ao concello español de Almería.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Estreito de Xibraltar e mar de Alborán.

Duns 180 km de ancho en dirección N-S e uns 350 km de lonxitude en dirección E-O, está situado no centro da rexión xeolóxica do arco de Xibraltar. A profundidade media do mar de Alborán é duns 1000 m, aínda que a profundidade máxima supera os 2200 m no zona oriental.

Hai varias pequenas illas entre as que destaca a Illa de Alborán, situada na zona central. A maioría destas illas están baixo soberanía española, aínda que se atopen preto da costa marroquí.

Xeoloxía volcánica

[editar | editar a fonte]

A maior parte dos montes submarinos son de orixe volcánica, agás os que están fronte das costas africanas. Todos os montes volcánicos están compostos de basalto e grandes coadas de lavas que datan do Mioceno. O volcán submarino máis coñecido do mar, é o banco de Chella (Seco de los Olivos). Trátase dun estratovolcán submarino, situado fronte as costas de Almería. Data do Mioceno, e ten un aspecto cónico cunha gran caldeira, erosionado por mor das presións mariñas.

Correntes

[editar | editar a fonte]

As correntes superficiais do mar de Alborán flúen cara ao leste, achegando auga atlántica ao Mediterráneo. As correntes submarinas flúen cara ao oeste, levando as augas mediterráneas, máis quentes e salgadas, cara ao Atlántico. A iso hai que engadir o efecto superficial dos ventos, que ao nivel da superficie mariña, son dominantes do leste (coñecido como "Levante") a oeste.

Todo o conxunto de correntes, dá lugar a unha gran riqueza faunística, moi específica da zona, que desde a antigüidade, atraeu o ser humano a esta área, polo que queda en conexión o medio físico e xeográfico co humano.

Disto dedúcese unha gran cantidade de fundacións de localidades, que perviviron ao longo dos tempos.

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]
Golfiño nariz de botella.

O mar de Alborán é unha zona de transición entre os dous mares, sendo unha mestura de ambos ecosistemas. É o hábitat da maior poboación de golfiños nariz de botella do Mediterráneo occidental, o fogar da última poboación de marsopas comúns do Mediterráneo, e o máis importante campo de alimentos de tartarugas mariñas de Europa. O mar de Alborán aloxa tamén importantes pesqueiras de sardiña e peixe espada.

Un arco montañoso, coñecido como o arco de Xibraltar, rodea o mar de Alborán polo sur, oeste e norte. Está formado pola cordilleira Bética do sur de España e as montañas do Rif de Marrocos. Este arco, coñecido en ecoloxía como complexo bético-rifeño é un dos puntos máis importantes en biodiversidade do Mediterráneo; do mesmo xeito que o mar de Alborán, o complexo bético rifeño é unha transición entre as ecoloxías do Mediterráneo e do Atlántico. A influencia moderadora do Atlántico permitiu que moitas especies das montañas béticas e rifeñas sobrevivan ás flutuacións climáticas dos últimos millóns de anos que provocaron a súa extinción fóra da conca Mediterránea.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]