María Solar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de decembro de 1970 (53 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade IE - xornalismo Universidade de Santiago de Compostela - bioloxía Universidade Politécnica de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional, xornalismo e programa de televisión |
Ocupación | escritora, presentadora, xornalista, presentadora de televisión |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Sitio web | mariasolar.com |
María Solar Núñez, nada en Santiago de Compostela o 25 de decembro de 1970, é unha xornalista e escritora galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa formación abarca as ciencias e as letras. É licenciada en Xornalismo (Universidade SEK de Segovia) e en Bioloxía (Universidade de Santiago de Compostela), diplomada en Maxisterio (USC), ten tamén o título de Especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental (Universidade Politécnica de Madrid).[2]
Durante os seus estudos formouse e traballou como actriz de dobraxe, actividade que volveu exercer anos despois. E tamén na etapa universitaria comezou a traballar en Radio Compostela. Ese foi o seu primeiro contacto co mundo da comunicación que xa nunca abandonou. Como xornalista o seu traballo céntrase principalmente na radio e televisión autonómicas de Galicia. Na súa traxectoria na TVG presentou todo tipo de programas como o cultural Zigzag diario, Ciencianosa, En pé de festa, Arrampla con todo, A Revista Fin de Semana, etc. Na Radio Galega, entre outros programas foi directora e presentadora durante oito anos da revista As tardes da Galega e do programa de literatura Chamando á Terra. Ten colaborado con frecuencia en prensa e revistas. Tamén presenta o programa Zigzag Fin de Semana en TVG e coordina os programas de cultura da CRTVG.[3]
Como escritora escribiu para todas as idades comezando polo infantil e xuvenil onde obtivo distintos premios e recoñecementos nacionais e internacionais, entre eles o Premio Lazarillo de Creación Literaria 2014 coa obra escrita orixinalmente en galego O meu pesadelo favorito e entrou dúas veces na lista White Ravens cos libros Mi pesadilla favorita en 2015 e Teño uns pés perfectos en 2016. En febreiro de 2017 publicou a novela Os nenos da varíola, baseada na Expedición Balmis.[4] Os seus libros foron publicados en varios idiomas como galego, castelán, catalán, portugués, polaco, filipino, chinés ou italiano.[5]
Gañadora de varios premios, entre eles o Xerais de novela en 2022 por A culpa.[6]
Obras
[editar | editar a fonte]Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Boa sorte (2008). A Coruña: Baía. Ilustracións de Xosé Tomás. 64 páxs. ISBN 978-84-96893-30-6.
- O tempo do revés (2008). A Coruña: Baía. Ilustracións de Xosé Tomás. 56 páxs. ISBN 978-84-96893-28-3.
- O fillo do Pintamonas (2009). Vigo: Tambre. 124 páxs. Ilustradora Teresa Novoa Martínez. ISBN 9788492404629.
- Vou ter un irmán!!! (2011). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Xosé Tomás. 28 páxs. ISBN 978-84-9865-371-7.
- As meigas de Lupa (2012). Vigo: Xerais. 120 páxs. ISBN 978-84-9914-375-0 (11ª). ePub: ISBN 978-84-9914-545-7.
- En castelán, Las brujas de la reina Lupa, Anaya, 2016.[10]
- A verdadeira historia da mosca da tele (2012). Vigo: Galaxia. 108 páxs. ISBN 978-84-9865-458-5.
- O meu pesadelo favorito (2015). Vigo: Galaxia. 184 páxs. ISBN 978-84-9865-588-9.
- Teño uns pés perfectos, editado tamén en castelán como Tengo unos pies perfectos (2015). Pontevedra: Kalandraka.[15]
- En catalán en 2017 como Tinc uns peus perfectes. Kalandraka.[16] En portugués en 2018 Tenho uns pés perfeitos, Kalandraka.[17] En filipino no 2019 'Wala kayo sa paá ko!, Adarna.[18]
- Os nenos da varíola (2017). Vigo: Galaxia. 208 páxs. ISBN 978-84-9151-026-0.
- Quokka Moka (2019) Vigo: Xerais. Ilustracións de Víctor Rivas. 152 páxs. ISBN 978-84-9121-483-0. ePub: ISBN 978-84-9121-494-6.
- En 2019: castelán en Anaya Quokka Moka e en catalán en Animallibres La Quokka Moka
- Adeline (2024). Vigo: Xerais, Fóra de Xogo. 288 páxs. ISBN 978-84-1110-452-4. ePub: ISBN 978-84-1110-480-7. Unha homenaxe a Carmilla, a primeira e fascinante vampira que se presentou ao mundo hai máis de século e medio.[21]
Narrativa
[editar | editar a fonte]- As horas roubadas (2016). Vigo: Xerais. 222 páxs. ISBN 978-84-9121-016-0. ePub: ISBN 978-84-9121-041-2.
- A culpa (2022). Vigo: Xerais. 336 páxs. ISBN 978-84-1110-177-6.[24] ePub: ISBN 978-84-1110-178-3.
Ensaio e divulgación
[editar | editar a fonte]- Ecoloxía na aula (1997). Santiago de Compostela: Lea. 72 páxs. ISBN 9788489947092.
- O libro do noso mar (1999). Santiago de Compostela: Lea. 120 páxs. ISBN 9788489947603.
- ¿Quieres ser periodista? (2017). Siruela. Con Luis Fraga. (castelán)
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- O libro dos Reis Magos. Xunta de Galicia-Galaxia, 2012.
- Choven palabras no futuro. Gálix-Xunta de Galicia, 2015.
- Nuevos cuentos de la esfinge. Siruela, 2015.
- Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda. Alvarellos editora, 2017.
- Contaxio. UNICEF. Autores: Fran Alonso, Ledicia Costas, María Solar. 2021.
- Que tempos! Edicións Embora, 2022.
- UNICEF: 75 años defendiendo los derechos de la infancia, 2022
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- Segundo premio de xornalismo científico Galicia Innovación no 2009.
- Premio Frei Martín Sarmiento na 1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria, no 2013, por Vou ter un irmán!!!.
- Premio Frei Martín Sarmiento na 3ª categoría: 5º e 6º de Primaria en 2014, por A verdadeira historia da mosca da tele.
- Premio Lazarillo de Creación Literaria no 2014, por O meu pesadelo favorito.
- Inclusión na lista The White Ravens de Internationale Jugendbibliotheken de Múnic en 2015 de Mi pesadilla favorita, Siruela.
- Premio Fervenzas literarias ao mellor libro infantil de 2015, por O meu pesadelo favorito.
- Premio mellor libro de Literatura Infantil e Xuvenil na I Gala do Libro Galego en 2016, por O meu pesadelo favorito.
- Inclusión na lista The White Ravens de Internationale Jugendbibliotheken de Múnic en 2016 por Teño uns pés perfectos, Kalandraka.
- Premio Frei Martín Sarmiento ao mellor libro para adultos en 2017, por As horas roubadas.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de literatura xuvenil de 2017, por Os nenos da varíola.
- Premio ó mellor libro xuvenil da III Gala do Libro Galego, por Os nenos da varíola. 2018.
- Finalista a mellor libro xuvenil Premi Protagonista Jove do CLIJCAT por L´expedició del doctor Balmis. 2018.
- Finalista I Premi Menjallibres de Vila nova i la Geltrú por L´expedició del doctor Balmis. 2018.
- Premio Ínsua dos poetas de Creación Literaria, 2019.
- Premio Xerais de novela, 2022, por A culpa.[25]
Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2012 | Mellor comunicadora | Zigzag diario | Nomeada |
2016 | Mellor comunicadora | A Revista Fin de Semana | Nomeada |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "María Solar Núñez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-11-04.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-11-04.
- ↑ "Editorial Galaxia María Solar". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2022. Consultado o 2022-11-04.
- ↑ "María Solar publica "Los niños de la viruela", basada en la expedición Balmis"
- ↑ "María Solar Cultura de Galicia". www.cultura.gal. Consultado o 2022-11-04.
- ↑ Salgado, Daniel (2022-07-16). "La periodista María Solar gana el Premio Xerais de novela por una obra de intriga y empoderamiento". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-11-04.
- ↑ "¡Voy a tener un hermano!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "Tindré un germanet!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "Tindré un germanet!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "Las brujas de la reina Lupa". datos.bne.es.
- ↑ "A verdadeira historia da mosca da tele". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "La història autèntica de la mosca de la tele". datos.bne.es. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "Mi pesadilla favorita". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "El meu malson favorit". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "Tengo unos pies perfectos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "Tinc uns peus perfectes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "Tenho uns pés perfeitos". www.kalandraka.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ ""Teño uns pés perfectos" traducido ao filipino". mariasolar.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2019. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "Los niños de la viruela". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "L´expedició del doctor Balmis". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "Adeline - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-01-20.
- ↑ "Las horas robadas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "Skradzione Godziny". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-11-04.
- ↑ Diario, Nós (2022-07-15). "María Solar, Rocío Leira e Anxo Iglesias, elixidos premios Xerais". Nós Diario. Consultado o 2022-07-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Solar |