Manuel Aznar Zubigaray
Manuel Aznar Zubigaray, nado en Etxalar (Navarra) en 1894 e finado en Madrid en 1975, foi un xornalista, político e diplomático español. Foi o avó de José María Aznar.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1912 comezou a colaborar no xornal integrista Tradición Navarra. En 1913 estableceuse en Bilbao e traballou na redacción do xornal nacionalista, Euzkadi e na revista cultural Hermes. Durante a primeira guerra mundial escribiu crónicas bélicas co alcume de Gudalgai. En 1914 estreou o drama El jardín del mayorazgo. En 1916 afiliouse ao Partido Nacionalista Vasco. Foi correspondente en Marrocos, onde fixo amizade con Francisco Franco Bahamonde. En 1918 accedeu á dirección do xornal madrileño El Sol. En 1922 marchou a Cuba, onde dirixiu El País e Diario de la Marina. Co comezo da Segunda República volveu a Madrid e dirixiu de novo El Sol, afiliouse ao Partido Republicano Conservador e dirixiu a súa campaña electoral de 1933.
Tras a sublevación de Franco marchou a París e logo a Burgos e traballou como propagandista e cronista militar. En 1940 publicou Historia militar de la Guerra de España (1936-1939) e uns anos despois Historia de la Cruzada (1943–1944).
Dirixiu Diario Vasco, a axencia de noticias EFE (1958) e La Vanguardia (1960-1964). Fundou a revista Semana e foi procurador en Cortes.
Embaixador diante a ONU entre 1964 e 1967, foi tamén embaixador en Marrocos, Arxentina e a República Dominicana e ministro plenipotenciario nos Estados Unidos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- ANASAGASTI, Iñaki ; ERKOREKA, Josu. Dos familias vascas: Areilza-Aznar. Madrid: FOCA, 2003. ISBN 84-95440-52-0.