Saltar ao contido

Mantiq al-Tair

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mantiq al-Tair
A conferencia dos paxaros pintado por Habib Allah. A bubela no centro-dereita instrúe o resto das aves no camiño de iluminación sufí.
Título orixinalمنطق‌الطیر
Autor/aAttar
Lingualingua persa
Xénero(s)poema
Data de pub.1177
editar datos en Wikidata ]

Mantiq al-Tair ( منطق‌الطیر en persa, A conferencia dos paxaros ou Coloquio dos paxaros en galego) é un libro escrito ó redor dos séculos XII/XIII polo poeta persa Farid Uddín Attar.

Argumento

[editar | editar a fonte]

É unha epopea mística que relata coma trinta paxaros, baixo a guía espiritual da bubela, reúnense e deciden ir en busca do rei-paxaro ou Simurg. O Simurg é a analoxía da divindade, orixe e destino de todo paxaro viaxeiro. Está considerada unha das obras máis salientables dentro da tradición relixiosa e cultural do sufismo. Servindo coma unha guía de iniciación para calquera persoa seguidora desta corrente mística musulmá coa fin de achegarse a Alá ou á divindade. Ademais do relato da viaxe, o libro inclúe diversos contos, lendas semihistóricas, citas do Corán ou relatos extraídos da tradición cultural persa que serven para ilustrar as dificultades da viaxe iniciática e de como superalas.

Colección no Museo Metropolitano de Arte , Nova York. Folio dun manuscrito de data c.1600 ilustrado.

Traducións

[editar | editar a fonte]

A primeira tradución a unha lingua europea data do século XVI, na obra de Garcin de Tassy titulada Language des oiseaux (en francés). Posteriormente, no século XIX Edward FitzGerald traduciu o poema ó inglés. Jorge Luis Borges inspirouse na versión inglesa para escribir o seu relato El enigma de Edward FitzGerald, no volume Otras Inquisiciones (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • “El coloquio de los pájaros” Editorial SUFI, Colección Generalife, Farid Uddín Attar. Tradución o castelán: Manuel Aguiar a partir da tradución francesa. (en castelán)
  • "Otras Inquisiciones", Jorge Luis Borges, Alianza Editorial (en castelán)