Mallólica
A mallólica ou maiólica (do italiano Maiolica, anteriormente majorica, do latín Majorica = Mallorca) é unha cerámica cun acabado vidroso especial. A terracota é a base do traballo cerámico e aplícase un esmalte metálico composto por sílice, cinzas sódicas, chumbo e estaño.
Historia
[editar | editar a fonte]En base aos escritos de Dante Alighieri e Leonardo Da Vinci, [1] a palabra maiolica significa Mallorca, [2] illa que durante o a Idade Media foi o centro de exportación máis importante do Mediterráneo para este tipo de cerámica mourisca. É o termo italiano xeral usado para definir arxila cocida vidrada con estaño, decorada con óxidos metálicos pintados sobre verniz sen cobre.[3] A cerámica mallólica ou maiólica foi un achado casual durante os intentos de crear unha porcelana similar á que se fabricou en China con caolín.
Coñécese unha técnica semellante no antigo Exipto e Siria desde a antigüidade. Máis tarde, os oleiros reinventárona coa intención de imitar a porcelana chinesa, tan apreciada. Pola súa banda, os árabes aprendérona destas civilizacións durante o século X, e no século XIII xa a estenderan por toda a Península Ibérica e Sicilia, de onde pasou a Italia. Na cidade de Faenza, preto de Rávena, evolucionou dun xeito especial e obtívose unha cerámica mallólica de gran perfección, até o punto de que o nome da cidade converteuse en sinónimo de louza de calidade superior (en distintos idiomas, faiança, faença, fayenza, faience, fayence). Esta cidade ten un Museo Internacional de Cerámica.
As primeiras mallólicas estaban feitas de terracota amarelada, cubertas cun esmalte composto por unha capa de pintura esmaltada mesturada con po de cuarzo. A cerámica mallólica producida polos pobos islámicos estaba decorada con pigmentos compostos de cobre ou manganeso, dependendo de se querían darlle unha cor marrón ou verde respectivamente.
Engadindo certa confusión sobre o nome, durante o século XVII os ingleses comezaron a escribir maiólica/mallólica con J, como majolica e hoxe o termo é empregado con dous significados, o da cerámica hispano-itálica de orixe mourisca, e a un tipo de cerámica vitoriana de mediados e finais do século XIX tamén coñecida como maiólica/mallólica/majolica feita por un proceso máis sinxelo polo que se aplicaban esmaltes de chumbo de cor directamente a un molde de arxila, normalmente moldeada en relevo, dando lugar a unhas pezas de cores brillantes, resistentes e económicas, tanto útiles como decorativas, normalmente de estilo naturalista. Este tipo de mallólica foi presentada ao público na Grande Exposición de Londres de 1851, posteriormente amplamente copiado e producido en serie por Minton & Co., e a maiores tamén desenvolveu e exhibiu na mesma Exposición de 1851 outro produto esmaltado en estaño a imitación da mallólica italiana que tamén chamaron majolica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Leonardo Da Vinci (1970). The notebooks of Leonardo da Vinci. 2. Courier Dover Publications. p. 260–. ISBN 978-0-486-22573-9.
- ↑ Font:E.A. Barber, (1915), Hispano Moresque Pottery, The Hispanic Society of America, New York, pp.25-.26
- ↑ Cooper (1999) p. 220
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mallólica |