Saltar ao contido

Múltiplo (gramática)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación visual das diferentes táboas de multiplicación do 2 ó 50.

Un múltiplo é un tipo de numeral. Un múltiplo expresa multiplicación pola serie natural dos números a partir de dous: dobre, triplo etc. Por tanto, dobre equivale a multiplicado por dous, triplo a multiplicado por tres etc.

Lista de múltiplos

[editar | editar a fonte]

Os múltiplos con forma propia son:

  • dobre; duplo/a
  • triplo/a
  • cuádruplo/a
  • quíntuplo/a
  • séxtuplo/a
  • séptuplo/a
  • óctuplo/a
  • nónuplo/a
  • décuplo/a
  • céntuplo/a

Os restantes fórmanse mediante o cardinal correspondente seguido da palabra veces.

Función sintáctica

[editar | editar a fonte]

Como categoría gramatical, un múltiplo pode ter función pronominal (cando suple a un nome) ou adxectiva (cando o acompaña), por exemplo:

  • Pronomes:
    • Saquei o dobre de libros da biblioteca para esta fin de semana.
    • A lebre pesa o dobre ca o coello.
    • A presa tén o quíntuplo de auga que en verán.
  • Adxectivos:
    • Cómpre reforzar este amaño cunha soldadura dobre.
    • Este novo dispositivo de almacenamento tén tripla capacidade.

Verbos derivados

[editar | editar a fonte]

Os numerais múltiplos dan orixe aos seus respectivos verbos, por exemplo:

  • dobredobrar
  • duploduplicar
  • triplotriplicar
  • cuádruplocuadriplicar
  • quíntuploquintuplicar
  • séxtuplosextuplicar
  • séptuploseptuplicar
  • décuplodecuplicar
  • céntuplocentuplicar

Outras formas derivadas

[editar | editar a fonte]

Algúns numerias múltiplos orixinan outras formas léxicas:

  • De dobre: dobra, dobradura, dobramento, dobraxe, dobregar, dobremente, dobrez, dobrón.
  • De duplo: dúplex, duplicación, duplicado, duplicador, dúplice, duplicidade, duplicidentados.
  • De triplo: triplete, triplicación, triplicador.

Os múltiplos en matemáticas

[editar | editar a fonte]

Fálase de múltiplo cando se está a tratar con cantidades que multiplican a outra.

Un múltiplo dun número é outro número que o contén un número enteiro de veces. Doutro xeito, un múltiplo de n é un número tal que, dividido por n, da como resultado un número enteiro (xa que o resto da división euclidiana é cero). Os primeiros múltiplos do un ó dez adoitan agruparse nas chamadas táboas de multiplicar.

  • Exemplo: 18 é múltiplo de 9.
a=18
b=9
a=2·b

En efecto, 18 contén 9 dúas veces de xeito exacto.

Propiedades dos múltiplos

[editar | editar a fonte]
  • Se a é un múltiplo de b, entón b é un divisor de a.
  • Todo número enteiro é múltiplo de 1 e de si mesmo.
  • Cero (0) é múltiplo de calquera número.
  • Se a e b son múltiplos de n, entón a+b, a-b, ka e kb sóno para calquera número k natural.

Submúltiplos

[editar | editar a fonte]

Un número enteiro a é submúltiplo doutro número b só se b é múltiplo de a.

Propiedades dos submúltiplos

[editar | editar a fonte]
  • O número un é submúltiplo de calquera número.
  • Todo número é submúltiplo de si mesmo.
  • Todo número é submúltiplo do número cero.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]